XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”

16 Feb 2017

O Concello de FENE convoca a XXI edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2017

Categorías:
categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.

Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.

Prazo:
O prazo para presentar debuxos estaá aberto ata o día 30 de maio de 2017.

Identificación:
Os traballos enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso do humor gráfico-Curuxa 2017”, amais da categoría na que concursa:

Rexistro Xeral do Concello de Fene
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n
15500 Fene
A Coruña

As obras presentaranse baixo o sistema de plica, polo que serán enviadas xunto cun sobre independente, pechado, e en cuxo exterior conste:
– Nome do certame: CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO-CURUXA DO HUMOR 2017
– A categoría na que concursa: CURUXA ou CURUXA NOVA
– Título da obra
– Lema ou seudónimo da persoa que sexa a súa autora

Exposición dos traballos:
A presentación de traballos a concurso implica a autorización expresa ao Museo do Humor do Concello de Fene a utilizar estas imaxes a efectos simplemente expositivos, no propio Museo e/ou noutras instalacións do termo municipal así como na páxina web municipal.

Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma

Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf