Lingua de namorar PDF Imprimir
Martes, 28 Xaneiro 2014 11:07

Lingua_de_namorar

 

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O xurado do concurso Lingua de namorar 2016 reuniuse o martes 15 de marzo para elixir as mensaxes gañadoras desta edición, que son as seguintes:
 
Mensaxes gañadoras da categoría A

1º premio: Nese intre, Sabela Domínguez Souto (Verín, Ourense)

Cando estaba a piques de botarme a perder, gañeite.

2º premio: A perda de tempo, Sara Caride Blanco (Cambados, Pontevedra)

Preciso que asentes o meu futuro no teu peito. E estánsenos adiantando as caricias que non nos demos. Estánsenos construíndo os amenceres de insomnio. Estánsenos mudando as incertezas. Estásenos perdendo o tempo que non pasamos xuntos.

3º premio: Por fin!, Xeila Rey Cambados (Vilanova de Arousa, Pontevedra)

Se ten que chegar ese día chegará, eu mentres sigo agardando, agardando por ese momento, ese instante, ese abrazo, ese sorriso, e ese "por fin" saíndo da miña boca.

Mensaxes gañadoras da categoría B

1º premio: De laranxas e grelos, Alba Dono Costoya (Ordes, A Coruña)

O mundo cheo de laranxas e eu por aquí a buscar o meu medio grelo, que beba da terra, o alente un orballo e me queira en galego.

2º premio: Percepción, Clara Presedo Rama (A Coruña)

Reparei no seu cabelo, ríndose da gravidade. Examinei a súa mirada, maina e reconfortante. Fiquei observando os seus beizos, cortados polo frío, vermellos coma o sangue. Seguín polas súas mans encarnadas, onde as veas protagonizaban historias e, para o meu pesar, parpadexei. Cando as miñas pestanas se abriron, aquel asento do tren olloume baleiro.

3º premio: Sen batería, Juan Manuel Sánchez Pardo (A Coruña)

Pum-pum, pum-Pum noto que o meu peito se estremece
Cando agardo para verte de novo, calquera problema esquécese
Pum-Pum, Pum-pum
O meu corazón
Treme, e treme cal batería
Que por certo teño ao 3% a do móbil, e dedícoa nestas liñas, hoxe é o día, nun intre collo e chamo penso confesarche que hai tempo que te am___
BATERÍA ESGOTADA

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

 

 


basesvota-mensaxes


categoriaAcategoriaB

 

 

Ir atrás    Ir arriba