| Leonardo Da Vinci |
|
|
|
O programa Leonardo da Vinci fai referencia á formación profesional que non sexa do nivel superior.
A este respecto o programa persigue obxectivos operativos para desenvolver e reforzar:
Leonardo da Vinci pode conceder apoio ás seguintes accións
Mais información e bases das bolsas Leonardo Da Vinci (MOGAL) A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado promove bolsas para facer prácticas en empresas estranxeiras. Que se ofrece: - 10 semanas de prácticas nunha empresa de Italia, Holanda, Francia ou Irlanda. - 2 semanas de preparación cultural e lingüística do idioma do país de destino. - Certificación correspondente profesional e académica. - Aloxamento no país de destino. - Parte da manutención. - Viaxe custo real ata un máximo de 200€. - Cobertura de seguro mínima.
Para quen: - Mozas e mozos galegos residentes en Galicia entre 18 e 30 anos - No mercado laboral, con titulación FP ou con título universitario obtido recentemente. - Nunca disfrutase dunha bolsa Leonardo da Vinci. - Que coñeza un mínimo do idioma do país de destino. ( Inglés, francés, italiano)
Sectores priorizados: - Moble e Madeira - Deseño - Turismo - Mecánica - Restauración - Imaxe e son - Informática - Electricidade - Servizos socioculturais e á comunidade Onde: IRLANDA FRANCIA ITALIA HOLANDA REPUBLICA CHECA Para cando: (estas datas son aproximadas, poden sufrir modificacións) Estarán distribuídos en catro convocatorias:
- 10 de xaneiro-25 marzo 2011 - 4 abril- 24 xuño 2011 - 5 setembro-25 novembro 2011 - 9 xaneiro 2012-24marzo 2012
Proceso de inscrición: (Pode solicitarse máis dun país poñendo orde de preferencia) - Existen unhas datas para cada convocatoria - Enviar Curriculum Vitae recente (modelo no documento anexo de cada convocatoria) - Cubrir solicitude de participación no proceso de selección (anexo de cada convocatoria) - Asistir á xornada de selección o día e hora que se comunique a cada solicitante Proceso de selección: - Todas as persoas solicitantes serán convocadas mediante correo electrónico a unha xornada selectiva na que terán que facer unha proba de idioma e/ou idiomas para os países nos que se solicita unha bolsa (será obrigatorio facer a proba de idioma de todos os países que se soliciten). - Entrevista persoal de coñecemento de preferencias e itinerario laboral/profesional de cada solicitante. Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no teléfono 881 999 567 4ª Convocatoria bolsas Leonardo da Vinci proxecto MoGal |
















