Novas e actividades (1290)

Os Premios Nacionais de Mocidade 2023, creados polo INJUVE coa finalidade de estimular e recoñecer a traxectoria e o esforzo de mozos e mozas que poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade, foron resoltos nas súas diferentes categorías.

Compromiso Social: Esther Pina Ortín.
Cultura: Mario García Obrero.
Medio Ambiente: Lucía Casal Vázquez.
Deporte: Carlos Sanz del Castillo.
Ciencia e Tecnoloxía: Inés Mármol Peguero.
Dereitos Humanos: Núria Vilà Coma.

Así mismo concedese mención honorífica a:

Ionut Antonio Acín Hernández.
María Isabel Puerto Fernández.
Antoni Segui Villalonga.
Guillermo Gracia Núñez.
Miquel Sendra Ortola.

https://www.injuve.es/conocenos/noticia/premios-nacionales-de-juventud-2023 

"O circo do silencio" é un escape room de temática lingüística dirixido á mocidade. Trátase dunha sala de fuxida ambientada nunha carpa circense. Está pensada para equipos de catro xogadores que deberán resolver unha serie de enigmas para completaren a misión final.


A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lle permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretarán un grupo de detectives contratados para investigaren este roubo. Así, terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.


Esta actividade pasará por 10 concellos durante este verán. A primeira xornada será o 20 de xullo na Praza do Concello de Xinzo de Limia, onde se poderá participar cada 45 minutos entre as 11,00 e as 21,00 horas. O mesmo funcionamento seguirá nos restantes 9 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística polos que pasará: Ponteareas (Praza Maior) o 21 de xullo, Foz (Paseo Marítimo) o 25 de xullo, A Estrada (Alameda) o 26 de xullo, Oleiros (Praza Ester Pita en Santa Cruz) o 28 de xullo, Arzúa (Praza de Galiza) o 30 de xullo, O Grove (Praza do Corgo) o 31 de xullo, Ordes (Alameda) o 3 de agosto, Caldas de Reis (Carballeira Caldas de Reis) o 4 de agosto e Verín (Alameda) o 15 de agosto.

Máis información no Portal da Lingua Galega.

A Comisión Europea está a realizar a consulta de avaliación intermedia sobre a Estratexia Europea de Xuventude 2019-2027.

Neste enlace podes acceder a ela, tanto se es unha persoa moza como se es un traballador/a do eido xuvenil. Estará dispoñible ata o 2 de agosto.

O Instituto da Mocidade de España, Injuve, coa colaboración da Rede de Servizos de Información Xuvenil (RedSIJ), presenta este catálogo en liña de accións, proxectos e programas destinados ás persoas mozas no ámbito local e rexional.

Esta publicación en liña, é o resultado da convocatoria de Experiencias Locais de Mocidade que o Injuve, puxo en marcha este ano para recoñecer o labor das administracións locais e entidades do sector público no seu traballo con mozos.

As experiencias que se recollen aquí foron realizadas nos últimos anos ou se están levando a cabo polos distintos servizos de mocidade do noso país.
O noso obxectivo é facilitar o coñecemento de boas prácticas, compartir as metodoloxías empregadas nelas, e poñer en valor aspectos de innovación, co ánimo de que poidan ser reproducidas noutros ámbitos territoriais.

Catálogo de experiencias locais RedSIJ de traballo coa mocidade

A Xunta de Galicia convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa.

Requisitos:
1. Ter rematado os estudos de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2022/23 nun centro docente de Galicia no réxime ordinario.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.

O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
Cada premio estará dotado con 1.000 €

O prazo de solicitudes comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.
As solicitudes poden tramitarse a través do formulario ED311E dispoñible en https://sede.xunta.es

Máis información no DOG do 3 de xullo de 2023 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
premios@edu.xunta.gal

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu onte á xornada inaugural da cuarta edición da escola de verán da sección de xuventude da Unión Sindical Obreira (USO), que ata o vindeiro xoves se desenvolve nas instalacións do hotel náutico de Razo (Carballo).
Os participantes neste encontro traballarán temas como as redes sociais ou a igualdade de xénero e a prevención da violencia, entre outros.

Máis información na páxina web do sindicato.

O Centro Reina Sofía de Fad Juventud realizou o estudo “Videojuegos y jóvenes: lugares, experiencias y tensiones”, analiza a importancia dos videoxogos na socialización xuvenil a través dunha enquisa realizada a máis de 1.500 mozos no tramo de idades entre 15 - 29 anos e entrevistas a expertos e expertas.

Segundo o estudo 8 de cada 10 mozos, nese tramo de idades, en España xogan ao videoxogos, de aí a importancia de abordar o seu estudo e a súa relevancia social como un fenómeno cultural e de lecer primordial para entender a socialización nesta etapa, considerando tamén que se incorporan de forma moi temperá nas súas vidas, antes dos 10 anos.

Máis información: https://www.centroreinasofia.org/publicacion/videojuegos-y-jovenes-lugares-experiencias-y-tensiones/

Ximnasio Léxico

Xun 16, 2023

A Real Academia Galega crea Ximnasio Léxico, unha aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega. Está dispoñible para dispositivos móbiles de Android e iOs.

As persoas xogadoras poden elixir entre adestrar, o que permite escoller o tipo de xogo que interese máis en cada momento, ou ben competir.

A opción do adestramento facilítalles aos usuarios e usuarias afacerse á mecánica dos xogos antes de dar o salto á competición, estruturada en tres niveis: inicial, medio e superior.

O circuíto proposto consta de seis xogos. Tres deles, os chamados aparellos, Bule, Rube e Une, constitúen o corazón da aplicación e constrúense a partir das voces recollidas no dicionario en liña da Real Academia Galega. O primeiro, Bule, ofrece a definición dunha palabra e tantos recadros como letras ten para ir completándoa co teclado, Rube consiste en adiviñar a palabra agochada, da que só se ofrece o número de letras, e Une funciona emparellando a palabra da columna esquerda co seu sinónimo, disposto á dereita entre outros vocábulos.

Os outros tres, as Vitaminas, emerxen cando a persoa xogadora acada un determinado número de puntos en cada nivel. Na primeira débese atopar, agochada entre outras letras, a palabra que completa o título dunha obra das letras galegas. A segunda esixe completar uns versos ou un dito popular coa voz que falta e a terceira propón acertar, entre un grupo de lemas, cal é o vocábulo que non pertence a un determinado grupo semántico.

https://portaldaspalabras.gal/apertura-do-ximnasio-lexico/ 

A Deputación de Ourense anuncia a programación e prazas das súas Escolas de Gaita, de Danza e de Artes e Oficios para o curso 2023/2024.

A Escola Provincial de Gaitas de Ourense:
A actividade docente iniciarase o 1 de outubro e rematará o 30 de xuño.
Impartirase hora e media semanal por materia, á parte do mesmo tempo de ensaio semanal e actuacións coas distintas agrupacións da Escola.
Cada disciplina contará con profesor/a específico/a.
A actividade docente realizarase na Escola Provincial de Gaitas situada no Campus Universitario de Ourense.
O prazo de matrícula será do 4 de setembro ao 31 de outubro, ambas as datas incluídas.

CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza:
1. Obradoiro de baile tradicional.
2. Obradoiro de canto tradicional e pandeireta.
3. Obradoiro de gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional.
4. Obradoiro de tecido artesán en teares tradicionais.
5. Obradoiro de xogos populares.
Matrícula desde o día 15 de setembro ata o día 31 de outubro.

Escola Provincial de Artes e Oficios:
- Debuxo e iniciación á pintura
- Perfeccionamento en pintura
- Talla e escultura en madeira
- Modelado-escultura en barro
- Olería
O calendario do curso será dende o día 2 de outubro de 2023 ao día 30 de xuño de 2024.
O prazo de matrícula será do 1 ao 30 de setembro de 2023, ambos incluídos


https://realbandadegaitas.com/escola 
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php 
https://www.centroculturaldeourense.com/servizos/escola-de-artes-oficios 

Proxector é unha iniciativa web para achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos, incopora un novo especial sobre sustentabilidade e novos xeitos de producir. Un planeta sen plástico é o título da nova entrega de Proxector.
Nela, reúnense unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as consecuencias que os residuos plásticos teñen para o ecosistema e se propoñen algunhas solucións para revertelas..

Os informes da ONU alertan de que cada ano se producen no mundo máis de 400 millóns de toneladas de plástico dun só uso, dos cales entre 19 e 23 millóns rematan en lagos, ríos e mares e arredor de 11 millóns nos océanos. Porén, estas cifras “poderían triplicarse de aquí a 2040”, subliña a nova entrega de Proxector, que pon tamén o foco nos microplásticos. “Estímase que as persoas inxerimos máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas”,

http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10434