Novas e actividades (1290)

A Asociación Mujeres Opañel publica o resultado do formulario "Participa: Experiencias propias sobre a masculinidade" incluído no programa "O Quebracabezas das Masculinidades: Actuacións de sensibilización e prevención da violencia de xénero en adolescentes e mozos/as".

Este formulario difundiuse entre os meses de febreiro e marzo, e contou con 106 participantes.

Experiencias propias sobre a masculinidade

A Delegación do Goberno en Galicia lanzou na rede social TikTok unha campaña de sensibilización contra a violencia machista quen pon o foco na mocidade.

Fíxose un chamamento á xuventude de Galicia a participar na actividade: “Necesitamos a vosa axuda e contamos convosco para construír unha sociedade máis igualitaria”, reivindicou José Miñones, coincidindo coa publicación no perfil de Ireniusx en TikTok dun vídeo no que mostra a ilustración que creou a partir dos trazos que debuxaron Ada e Leo, unha alumna e un alumno do IES Fernando Wirtz da Coruña, durante o acto de presentación da iniciativa.

Unha vez publicado o vídeo, os usuarios de TikTok foron convidados a subir os seus propios vídeos contra a violencia de xénero coa etiqueta #25NGalicia e as mencións @ireniusx e @delgobgalicia, nos días próximos ao 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A Delegación do Goberno en Galicia animou ás mozas e mozos de 13 anos en diante a expresarse libremente a través TikTok, de forma individual ou en grupo, “xa sexa con palabras, cantando, bailando ou como prefiran, para dicir: non á violencia de xénero”.

https://www.tiktok.com/tag/25ngalicia?refer=embed

O albergue lucense tamén recibiu o Selo Compromiso co que esta entidade certifica a calidade das súas instalacións e o seu compromiso tanto social como medioambiental

Un proxecto para facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida presentado polo albergue LUG2 da Xunta resultou gañador das liñas de axuda da Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) de accesibilidade. Este recoñecemento coñeceuse no marco da celebración en Sevilla do XV Encontro de directores de albergues REAJ, entidade da que forma parte Galicia, que estivo representada pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

Cristina Pichel destacou que esta distinción é unha mostra máis da calidade das instalacións xuvenís coas que conta Galicia e do compromiso do Executivo autonómico por facer da súa rede de albergues espazos sostibles, inclusivos e tolerantes. O LUG2 recibirá 4000 euros para poder executar a súa proposta, titulada ‘Aquí comemos todos’ e que foi seleccionada tras obter a maior puntuación logo dunha votación técnica e popular.

Ademais, o albergue lucense recibiu o Selo Compromiso REAJ, un distintivo que certifica a calidade das súas instalacións, xa que premia os altos estándares de calidade e o seu compromiso tanto social como medioambiental. Este selo baséase no cumprimento de 105 ítems que se comproban cunha serie de auditorías que debe superar o establecemento e garante que tanto as instalacións do albergue como os servizos que nelas se levan a cabo contan cun alto grao de calidade. O centro LUG2 recibiu o distintivo xunto cos albergues San Fermín de Madrid e Villafranca del Penedés de Barcelona.

Sophias

Nov 18, 2022

O Consello da Cultural Galega presentou un novo proxecto cultural e tecnolóxico que aposta de cheo polos novos formatos do audiovisual e que reivindica a importancia das filósofas (moitas delas invisibilizadas ou ocultas polas figuras masculinas que estaban ao seu carón) e a vixencia do seu pensamento.
Trátase da serie web Shopias, protagonizada por grandes pensadoras como Simone Weil, Simone de Beauvoir, Hannah Arendt, Judith Butler ou a galega María Xosé Agra, entre outras.

Sophias toma o seu nome do concepto grego de sofía, que significa sabedoría, para darlle resposta á demanda dun grupo de profesoras e profesores de Filosofía de dispor de contidos audiovisuais para introducir o pensamento das mulleres no ámbito escolar. O proxecto escolma autoras destacadas da historia do pensamento e céntrase nos temas de debate que abriron para “contalos nun formato breve e nunha linguaxe audiovisual contemporánea”.

A serie web está protagonizada por Marta (interpretada por Marta Pérez) e María (María Roja), dúas compañeiras de traballo que, nos seus encontros, atopan sempre un motivo para filosofar coas ideas das mulleres que forman parte da historia do pensamento.

O primeiro capítulo, titulado “Póker de sabias, aborda as filósofas da época antiga e medieval, como Aspasia de Mileto, Safo de Lesbos, Hipatia ou Hildegarda de Bingen.
O segundo, Iluminadas, afonda nas voces de Mary Wollstonecraft e Olympe de Gouges, invisibilizadas en favor de Rousseau ou Kant, referentes do Século das Luces.
O terceiro capítulo é A filósofa do sacho e céntrase na pensadora e activista Simone Weil, que, malia o seu falecemento cando tiña só 34 anos, deixou unha obra extensa e profunda marcada pola revisión do marxismo e a mística.
Simone de Beauvoir protagoniza o cuarto capítulo, Movendo os marcos, no que se propón unha reflexión sobre como vería a pensadora máis coñecida da historia os avances presentes en igualdade.
O quinto capítulo, Hannah, introduce o pensamento de Hannah Arendt, filósofa do século XX que reflexionou sobre a deriva social cara os totalitarismos.
O capítulo sete repasan as ideas de Judith Butler respecto á identidade sexual e os tipos de violencia, temas que centran algúns dos seus traballos, pasando polo Entroido galego.
O proxecto tamén destina un capítulo, Cancelo Agra, a falar de María Xosé Agra, a muller máis importante da filosofía galega tanto polas achegas do seu pensamento, centrado na idea de xustiza e igualdade, como polo seu labor na documentación, investigación e divulgación dos movementos feministas e de diversidade de xénero en Galicia.

http://consellodacultura.gal/especiais/sophias/ 

GalicianTunes

Nov 18, 2022

GalicianTunes é a marca da promoción internacional da música galega, ideada como plataforma conxunta das institucións, empresas e asociacións profesionais do sector musical en Galicia.

Baixo este selo, a nosa música viaxa e está presente nas principais feiras e mercados musicais, en festivais internacionais e en xiras e concertos dos nosos artistas fóra de Galicia. Con esta mesma finalidade, edítanse periodicamente recompilacións musicais de carácter promocional, que reúnen para o público unha escolma das últimas novidades discográficas galegas.

Quen pode participar?
GalicianTunes.com é unha web promocional aberta a todos os artistas e grupos galegos de carácter profesional, calquera que sexa o seu estilo, así como a festivais e empresas que configuran a nosa industria musical.

Na plataforma son os propios artistas e grupos, empresas ou festivais os que xestionan os seus perfís.

Cales son os requirimentos?
Grupos e artistas: que sexan galegos ou residentes en Galicia. Excepcionalmente, tamén aqueles que aínda que non reúnan algunha das dúas condicións anteriores, se destaquen publicamente por unha especial contribición á promoción da cultura e da música galegas.
Insustria musical: empresas domiciliadas ou con establecemento operativo na nosa Comunidade que desenvolvan a súa actividade profesional dentro do sector da música.
Festivais: todos aqueles que teñan a súa sede principal en Galicia.

http://www.galiciantunes.com/GalicianTunes 

O día 21 de novembro de 2022, celebrarase un debate híbrido Cesi@noon á hora do xantar traído pola Confederación Europea de Sindicatos Independentes (CESI), Mocidade e o Foro Europeo da Mocidade, que se realizará de 12:30 a 14:30 horas. O debate celebrarase en liña e presencial en Bruxelas (CESI, Avenue deas Arts 19AD). Podes rexistrarte para este evento na páxina de rexistro do CESI.
A crise da COVID-19 tivo un impacto devastador nos mozos e mozas, feito que o Parlamento Europeo recoñeceu na resolución aprobada en febreiro. Con todo, a cuestión segue sendo insuficientemente recoñecida e tratada a nivel político. Os mozos e mozas mostran sinais cada vez maiores de angustia mental despois da pandemia. Investigacións recentes da Organización Mundial da Saúde indican que o suicidio é a cuarta causa principal de morte entre a mocidade de 15 a 19 anos. En Europa, o Foro Europeo da Mocidade constatou que, tras a pandemia, case dous de cada tres mozos/as poden verse afectados/as por problemas de saúde mental e benestar e puxo en relevo os fortes vínculos entre a saúde mental e a contorna socioeconómica da mocidade.
No contexto do actual Ano Europeo da Mocidade 2022, CESI Youth e o Foro Europeo da Mocidade teñen por obxecto sensibilizar e sinalar os complexos e persistentes retos de saúde mental que seguen afrontando demasiados mozos/as en Europa.

Como mellorar a deterioración da situación económica e laboral dos mozos? Como proporcionar ás persoas necesitadas un acceso alcanzable e adecuado á atención médica? Como garantir que a UE, os Estados membros, as escolas, as universidades, as asociacións de pais, as organizacións xuvenís e os sindicatos aborden mellor a necesidade de promover o benestar mental entre os mozos?
CESI Youth e o Foro Europeo da Mocidade convídanche a participar na súa conversación híbrida á hora do xantar coa participación de:
- Fátima Awil, Oficial de Políticas e Coñecementos de Mental Health Europe
- Manon Deshayes, Foro Europeo da Mocidade
- Matthaus Fandrejewski, Representante da Mocidade do CESI
- Giuseppina Tucci, Secretaria Xeral de OBESSU
- Biliana Sirakova, coordinadora da mocidade da UE, Comisión Europea
- Maria Walsh, ponente sobre a saúde mental no mundo dixital do traballo, deputada do Parlamento Europeo
- NN, Eurofound (pendente de confirmación)

Aquí atoparás a ligazón para inscribirche no evento: https://us02web.zoom.us/meeting/register/tZ0qdOGhqTspH9JkfuFj2UwIL1HCingcZYlv

 

En conmemoración do  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convídalle  a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un  problema estrutural,  que nos involucra a toda a sociedade.

En conmemoración do  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convídalle  a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un  problema estrutural,  que nos involucra a toda a sociedade.

Gustaríache traballar nas institucións da Unión Europea? EU Careers UDC organiza unha charla impartida por Borja Martín Simón, auditor no Tribunal de Contas Europeo, na que contará a súa experiencia traballando en Luxemburgo e explicará cal é o labor do Tribunal de Contas.

Día: 24 de novembro
Horario: 17: 00 h.
Prezo: De balde
Onde: Facultade de Dereito - UDC. Campus de Elviña, s/n, A Coruña
Teléfono: 881011507 | 1607 | 1625 | 1590 | 1511
Correo electrónico: administracion.derecho@udc.gal

Máis información en: https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/conferencia-como-traballar-na-union-europea/suceso/1453818242399

CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, organiza no Paraninfo da UDC o “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios”, co que busca xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe a través da presentación de experiencias e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa.

Datas: Desde o 24 de novembro de 2022 ata o 26 de novembro de 2022

Inscrición: A asistencia ao congreso é gratuita. Prazo de inscrición aberto ata o 18 de novembro de 2022, a través da web https://cuacfm.org/congreso-2022

Lugar: Paraninfo da UDC: Edificio do Reitorado. Rúa Maestranza, 9 (15001 - A Coruña)

PROGRAMA:

Xoves 24 de novembro

18:00 h: Conferencia inaugural "A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía". Dr. José Emilio Pérez Martínez
19:00 h: Presentación e proxección do documental "Nada que ver". CUAC FM e Iago Prada

Venres 25 de novembro

17:00 h: Conferencia: "RADIOLIBREMENTE. Un proxecto de educomunicación no cárcere de Monterroso. Dra. María Barba e Dra. Patricia Digón
17:45 h: Panel "Empoderamento mediático dende o Terceiro Sector"
19:00 h: Conferencia "Os medios comunitarios como instrumentos de dinamización comunitaria: o caso irlandés". Sally Galiana.

Sábado 26 de novembro

10:00 - 12:00 h: Presentación de comunicacións
12:30 h: Conferencia "Educación mediática e infancia: aprendizaxes do proxecto TELEDUCA". Dra Carme Mayugo I Majó.
13.30 h: Panel "Experiencias innovadoras en radio educativa".
17:00 h: Conferencia "O capitalismo da vixilancia. Como nos protexemos e como loitamos contra iso?" Sofía Prósper e Santiago Saavedra
18:00 h: Panel "Experiencias de formación e aprendizaxe nas radios comunitarias"

 

Máis información

https://cuacfm.org/congreso-2022

CUAC FM: R/ Lisboa, 8 (15008 - A Coruña)

correo-e: comunicacion@cuacfm.org

https://cuacfm.org