Xoguemos a tecer tecido asociativo

tecido_asociativoCruz Vermella Xuventude formulou esta iniciativa para a mocidade a través dunha xornada onde se pretendía favorecer a vida asociativa e a participación da mocidade na toma de decisións, fomentando a equidade de xénero.

 

As actividades do proxecto xiraron en torno a dúas accións: realización da xornada Xoguemos a tecer tecido asociativo e a elaboración dunha guía informativa.

 O obxectivo principal da xornada Xoguemos a tecer tecido asociativo, que tivo lugar o 19 de outubro no albergue peregrino Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, era promover unha mocidade activa e solidaria, fomentando o sentimento de pertenza e o espírito solidario, á vez que se visibiliza o papel das mozas como axentes de desenvolvemento na cidadanía galega. 

A través de actividades lúdico-formativas profundouse na importancia do traballo en grupo –o asociacionismo–, os mecanismos de participación cidadá e o proceso de empoderamento da mocidade galega. 

Por outra banda, elaborouse unha guía informativa sobre o asociacionismo e o papel da xuventude. O obxectivo principal desta guía é ampliar o impacto do grao de coñecemento sobre o asociacionismo e a participación cidadá.


Máis información sobre Xoguemos a tecer tecido asociativo:
Facebook


Máis información sobre Cruz Vermella Xuventude 
Web: http://www.cruzvermella.org/quen-somos/xuventude/ 
Twitter de Cruz Vermella Xuventude: https://twitter.com/CruzVermellaXuv 
Facebook de Cruz Vermella Española en Galicia: https://www.facebook.com/cruzvermella.org