Vitamina-T

vitaminateO  Club Emprende M.A.S. é unha asociación sen ánimo de lucro prestadora de servizos á xuventude, formada por mozas e mozos universitarios, que ten como misión construír unha comunidade de persoas novas que promoven unha cultura de emprendemento baseada en valores, orientada á excelencia e á sostibilidade, a través dunha rede de apoio que atende as súas inquedanzas con profesionalidade, calidade humana, e comprometida co desenvolvemento da persoa.

O proxecto VITAMÍNA-T, organizado pola Asociación Club Emprende M.A.S. grazas ao programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, consistiu na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotar os mozos e mozas da motivación e das habilidades precisas de cara ao seu futuro. 

VITAMÍNA-T, dirixido a mozos e mozas de 18 a 35 anos, desenvolveuse en catro fases que tiveron lugar ao longo do mes de outubro na Universidade de Santiago de Compostela e no Edificio Cersia Empresa do Concello de Santiago de Compostela

  • Fase 1: Toma de contacto Consistiu nunha serie de charlas informativas realizadas en diversas facultades da Universidade de Santiago de Compostela (Dereito, Farmacia, ETSE e Xornalismo) e nunha macrocharla motivacional e dinámica na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Nesta macrocharla contamos coa presenza de Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat, socios de Suma Importancia, que impartiron a conferencia “Dejadme Soñar”; Santiago Martínez, profesional da Oratoria, que nos relatou o seu caso de éxito; e Álex Pardo, monologuista que amenizou o peche da xornada.
  • Fase 2: Design Competition Consistiu na superación dun reto emprendedor dunha empresa real empregando a creatividade e a imaxinación. Os mozos e mozas puideron darse a coñecer profesionalmente achegando o mellor deles mesmos/as. A maiores, tamén debateron sobre temas de emprendemento e de éxito profesional.
  • Fase 3: Design Thinking Para os mozos e mozas que superaron o Design Competition comezou esta fase, na que a profesional Dolores Diz fixo a dinámica “Pensamento de Deseño”. O dito workshop é unha metodoloxía aplicable a calquera ámbito que requira un enfoque creativo baseado nos principios de empatía, imaxinación, experimentación, prototipado colaborativo, pensamento integrador e aprendizaxe interactiva.Ao finalizar esta dinámica gozamos da presenza de Santiago Martínez, quen empregou as técnicas da comunicación e do debate para fomentar actitudes e propostas creativas baseadas en argumentacións sólidas. Deste xeito, potenciáronse as habilidades comunicativas.
  • Fase 4: Posta en común Consistiu na posta en común do aprendido durante as diversas fases anteriores, na exposición dun vídeo resumo e na realización dun networking. Buscabamos poñer a xuventude en contacto con emprendedores, empresarios e representantes de institucións co fin de que puidesen xerar sinerxías con eles. Entre os que chegaron a esta fase sorteouse un tablet libre Blusens Touch 90.

 

Máis información sobre o proxecto VITAMÍNA-T: 

 Blogue Programa VITAMÍNA-T

VITAMÍNA-T en Vimeo. Resumo das sesións realizadas dentro desta iniciativa

O proxecto VITAMÍNA-T fomentará o espírito emprendedor entre os mozos universitarios 

O proxecto VITAMÍNA-T preséntase a próxima semana en varios centros composteláns 

Charlas e un workshop para fomentar o espírito emprendedor na USC. El Correo Gallego

 

Máis información sobre a Asociación Club Emprende M.A.S.:  www.clubemprendemas.es