Topografías Vivas

topografiasO proxecto Topografías Vivas naceu da necesidade dun grupo de artistas plásticos e escénicos da Coruña de achegar a arte ao seu contorno máis próximo, o barrio dos Mallos na Coruña. Á vez, a iniciativa buscaba incentivar a experiencia artística real na comunidade de veciños e veciñas deste distrito.

Topografías Vivas consistiu na realización de diversas actividades artística no barrio ao longo dunha semana, en colaboración co espazo creativo Extramuros, onde tiveron lugar os cinco obradoiros artísticos, de tres horas de duración cada un deles, e as exposicións (de dous días de duración) dos traballos realizados polas persoas participantes.
As actividades que se levaron a cabo dentro da iniciativa Topografías Vivas foron as seguintes:
  • Expresións gráficas: experimentar cunha gran variedade de materiais gráficos sobre un soporte de gran formato común- Teatro e Movemento: espertar a creatividade e a desinhibición co teatro
  • Mobiliario de cartón: achegamento á técnica de deseño e construción en cartón- Barrio cromático: a expresividade plástica a través da arte abstracta
  • Arte interactiva: transformar a creatividade nunha linguaxe propia que fala de nós a través da pintura
  • Exposición: mostra colectiva das obras realizadas polo alumnado participante nos obradoiros artísticos
  • Exposición: mostra colectiva das obras realizadas polo alumnado participante nos obradoiros artísticos Un dos obxectivos principais de Topografía Vivas era descentralizar a produción artística.
Como obxectivos secundarios podemos destacar os seguintes:
  • Ampliar a circulación da cultura ao barrio
  • Traballar a arte como vehículo para activar as persoas 
  • Achegar a comunicación artística visual ao barrio
  • Romper a fronteira entre artista e espectador
  • Ofrecer alternativas artísticas en espazos non formais
  • Socializar a técnica artística
  • Valorar o barrio dos Mallos: Dinamizar o tecido social e cultural do barrio, fomentar o sentimento de pertenza á comunidade e establecer vínculos de transformación grupal e comunitario

Todas as actividades de Topografías Vivas, nas que participaron 50 persoas, tiveron lugar entre o 7 e o 13 de outubro. 


Máis información sobre Topografías Vivas:

Topografías Vivas en Facebook 

Vídeo Topografías Vivas converte o barrio dos Mallos da Coruña nunha gran galería de arte, en YouTube 

Un proxecto de Iniciativa Xove converterá esta semana o barrio dos Mallos da Coruña nunha gran galería de arte