Rural Play and Dance

rural_playRural Play and Dance é unha actividade, incluída dentro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, que parte de cinco mozos e mozas da Baña e de Negreira que constitúen o Grupo Informal A Mocidade Non Stop

O proxecto Rural Play and Dance consistiu na realización de tres obradoiros relacionados co mundo da cultura urbana como son o graffiti, o breakdance e o skateboard nunha comarca puramente rural, coa que se pretende ampliar a oferta cultural para a mocidade. 
  • Obradoiro de graffiti: Arte nas paredes

Co obradoiro de graffiti pretendíase achegar á comunidade o mundo da arte urbana a través da técnica do spray, atendendo á reivindicación de novos espazos creativos e á intervención plástica no noso contorno.

  • Obradoiro de skateboard: Móvete co skate

O skateboard é unha das disciplinas da cultura urbana máis practicadas pola xuventude na rúa, a través do uso do skate (monopatín) en diferentes zonas urbanas. As vantaxes que reporta son moitas: mellora do equilibrio, diversión, traballo de todo o corpo e posibilidade de practicalo en calquera lugar.

  • Obradoiro de breakdance: Dance na rúa

A través do breakdance ofrécese unha alternativa de ocio e hábito de exercicio saudable dado que contribúe ao fortalecemento corporal, mellora a condición física, o equilibrio e a coordinación motriz. Tamén se adquire sensibilidade musical mediante a percepción e o recoñecemento de estruturas rítmicas. Os obradoiros leváronse a cabo o domingo 8 de setembro de 2013 na praza do Concello da Baña. 

As actividades estiveron  dirixidas principalmente á mocidade de entre 12 e 35 anos con ganas de descubrir unha nova forma de lecer. Finalmente, na actividade existiu unha grande adaptación xa que o grupo de idade que finalmente participou no evento foi do máis diverso. Toda persoa que o desexara, tivo a oportunidade de pasar unha xornada agradable inmersa nunha cultura urbana diferente á que están afeitas. 

Por outra banda, gozouse dunha exhibición de turntablism e de breakdance. Amais, o público asistente (máis de 50 persoas participaron de forma activa nos obradoiros) e figura activa dos obradoiros participou no sorteo dun monopatín e dunha camiseta de cultura urbana. 

 

Máis información sobre Rural Play and Dance:

A cultura urbana aterra na Baña a ritmo de break. El Correo Gallego 

Concello da Baña: Rural Play and Dance

Galería de fotos de Rural Play and Dance no Facebook de Vella Escola