Rúas Xoves. Creactívate e participa na cultura urbana!

ruas_xovesVella Escola é unha asociación especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa cultura urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx, slackline, capoeira… 

A misión de Vella Escola é promover e difundir en Galicia as manifestacións culturais e artísticas que nacen no medio urbano (disciplinas de cultura urbana), a través da xestión e oferta de actividades innovadoras de calidade, que mellor respondan ás necesidades e demandas da xuventude actual. 

O principal obxectivo da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola é ofrecerlle ao colectivo xuvenil a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes proxectos que favorezan o seu desenvolvemento integral mediante a formación e a expresión artística, o ocio activo e a integración social a través da cultura urbana.

Rúas Xoves. Creactívate e participa na cultura urbana! é un programa composto por xornadas de portas abertas realizadas na rúa, nas que se ofertan diferentes obradoiros e exhibicións de actividades de cultura urbana dirixidas á xuventude (de 12 a 35 anos) e orientadas a conseguir a máxima participación e implicación (participación activa) deste colectivo nas actividades programadas.

Os obxectivos xerais desta iniciativa foron os seguintes:

  • Motivar a participación activa da xuventude en diferentes actividades culturais e artísticas a través da oferta de programas innovadores que respondan ás súas inquedanzas para a ocupación do seu tempo de lecer. 
  • Potenciar a creatividade dos mozos e mozas e contribuír á súa formación artística e creativa de forma educativa e integral.
  • Motivar condutas saudables de ocupación do tempo de ocio e fomentar valores cooperativos de aceptación, tolerancia, respecto e solidariedade. 

As actividades de Rúas Xoves desenvolvéronse durante os meses de xuño e outubro deste ano 2013 nos seguintes lugares e datas:

  • Noia, 26.08.2013: Xornada de Cultura Urbana Portas Abertas
  • Muros, 29.06.2013: Xornada de Cultura Urbana Portas Abertas
  • Lugo, 01.06.2013: Obradoiros de campionato de Breakdance
  • Santiago de Compostela, 08.06.2013 e 10.10.2013: Xornada de Cultura Urbana Portas Abertas

 

Máis información sobre Rúas Xoves. Creactívate e participa na cultura urbana!:
Xornada de Cultura Urbana nas Festas de Noia 2013, Flickr 

O Concello de Santiago presenta Rúas Xoves, cultura urbana en estado puro 

Rúas Xoves, Santiago de Compostela con Vella Escola 

Xornada de cultura urbana na praza Roxa este xoves. El Correo Gallego 

Xornada de cultura urbana na praza Roxa 

 

Máis información sobre a Asociación Cultural e Deportiva Vella escola: 

Web: http://www.vellaescola.com/ 

Twitter: https://twitter.com/Vella_Escola  

Facebook: https://www.facebook.com/vellaescola.cultura.urbana