Mozas e mozos xordos galegos no mundo tecnolóxico

mozos_xordosA finalidade da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) é xerar as condicións que, tomando como base a identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades.

En relación coa xuventude, segundo os estatutos da FAXPG, os seus fins son desenvolver programas que favorezan a atención e a evolución óptima das persoas xordas ao longo do seu ciclo vital (infancia, xuventude e persoas maiores).
O grupo de mozas e mozos da FAXPG propuxéronse realizar unha actividade que tiña como finalidade a transferencia entre nós de coñecementos no ámbito das novas tecnoloxías. A actividade consistiu, tal e como establecía o proxecto inicial, na realización de obradoiros, dinamizados por un mozo xordo con coñecementos específicos no tema, no que se mesturasen mozos e mozas con e sen coñecementos sobre as novas tecnoloxías, de forma que todas as persoas colaboren na aprendizaxe.

Os obradoiros que se levaron a cabo foron os seguintes:
- Deseño photoshop
- Montaxe e Posproducción de IDendeaf
- Seguridade e Mantemento do mundo Tecnolóxico, a xestión para a vida habitual dixital, DNI-electrónico
- Creación dunha páxina web
Por último, intercambiáronse experiencias entre todos os asistentes.

O obxectivo xeral da iniciativa é difundir coñecementos sobre novas tecnoloxías entre as mozas e os mozos xordos. 
Neste sentido, a dinámica da actividade permitiu acadar completamente o obxectivo en canto que supuxo un lugar común de intercambio de coñecementos sobre os temas de cada un dos obradoiros, o que permitiu acadar, completar ou ofrecer coñecementos segundo o grao de coñecementos sobre o tema de cada unha das persoas participantes. 


A transferencia de coñecementos levouse a cabo respecto dos temas que se detallan nos seguintes obxectivos específicos.
• Fomentar as habilidades técnicas instalación-confirguración, mantemento e seguridade do equipamento informático persoal
• Fomentar o coñecemento do uso de redes sociais e de aplicacións para a xestión dixitais no ámbito da vida diaria 
• Fomentar o coñecemento básico sobre a elaboración de montaxes e curtametraxes
Os resultados obtidos en relación cos obxectivos específicos foi o seguinte, tendo en conta a satisfacción das persoas participantes:
• 95% de mozos/as  bastante ou totalmente satisfeitos/as coa formación de deseño gráfico
• 84% de mozos/as bastante ou totalmente satisfeitos/as coa formación sobre montaxe e postprodución
• 88% de mozos/as bastante ou totalmente satisfeitos/as coa formación sobre instalación, mantemento e seguridade de equipos e xestión dixital

Nos obradoiros, que tiveron lugar o 19 e 21 de outubro en Santiago de Compostela, participaron 24 mozas e mozos xordos.

 

Máis información sobre Mozas e mozos xordos galegos no mundo tecnolóxico:

Éxito no primeiro encontro de mozos/as xordos/as no mundo tecnolóxico 

Un proxecto de Iniciativa Xove achégalles as posibilidades das novas tecnoloxías aos mozos e mozas con discapacidade auditiva

Vídeo resumo dos obradoiros Moz@s sord@s galeg@s no mundo tecnolóxico 

As novas tecnoloxías facilitan a integración das persoas xordas. Reportaxe da TVG 

 

Máis información sobre a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia: 
Web: http://www.faxpg.es/ 
Facebook: https://www.facebook.com/faxpg