Amigos da Terra é unha organización que sempre destacou por formular unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo, á vez que axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción.
Amigos da Terra é unha asociación ecoloxista que ten como misión fomentar o cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria. A asociación pretende un mundo o¬nde todos os seres vivos e pobos vivan con dignidade e harmonía coa natureza.
Neste ano 2013, Amigos da Terra Galicia Xuventude levou a cabo o proxecto Movéndonos para o cambio, unha iniciativa incluída dentro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
Movéndonos para o cambio consistiu na realización de sete actividades:
- Obradoiros relacionados co consumo responsable: Forno solar- Compostaxe- Cultivo ecolóxico - Rede sementes- Alimentación sustentable
- Accións de rúa, informativas e de sensibilización sobre consumo responsable
- Organización de roteiros ambientais para o coñecemento e a conservación do territorio
- Achegamento a grupos e asociacións xuvenís para crear sinerxías
- Charlas na Universidade de Vigo (nos campus de Vigo e de Ourense) e nas escolas oficiais de idiomas para promover o Servizo de Voluntariado Europeo como unha opción para a mocidade
- Comunicacións por redes sociais e divulgación audiovisual do proxecto
- Participación no evento Get moving, encontro con mozas e mozos europeos de Young Friends of the Earth, xuventude de Amigos da Terra Europa
As prioridades da iniciativa Movéndonos para o cambio foron as seguintes:
- Crear canles de capacitación e actividades lúdicas que fomenten a participación da mocidade no tecido socio político e ambiental
- Mellorar o acceso da mocidade ás redes e foros de comunicación específicos para aumentar a participación e sensibilización da cidadanía máis nova, e promover consecuentemente o asociacionismo, a implicación e o seu liderado
Como obxectivos desta iniciativa podemos destacar os seguintes:
- Potenciar a dinamización social e as relacións da cidadanía a través de actividades de ocio e tempo de lecer e de educación ambiental
- Promover a cohesión social da cidade e da cidadanía, a través de espazos e foros abertos de experiencias para a comunicación social
- Incidir na información, promoción de condutas, valores cívicos e éticos en xeral, así como a promoción dunha sociedade ambientalmente sustentable e socialmente xusta
- Difundir e informar sobre as actividades que se desenvolven no proxecto para a promoción da participación, mediante redes sociais, blogues do servizo de voluntariado europeo de Amigos da Terra, páxinas web da asociación a nivel galego e sección xuventude en Europa
- Crear un recurso audiovisual, un vídeo, no que se recollan as actividades realizadas no proxecto e difundilo polo canal YouTube e as páxinas webs de Amigos da Terra e outras entidades xuvenís que participen
As actividades de Movéndonos para o cambio tiveron lugar en Ourense, en Vigo (cidade e comarca) e en San Mamede. Todas as actividades foron deseñadas dende a mocidade para a mocidade (para mozos e mozas de 18 a 35 anos).
O percorrido polas accións desenvolvidas aparece resumido no vídeo Proxecto Movéndonos para o cambio, en YouTube:
Máis información sobre Movéndonos para o cambio:
Amigos da Terra pon en marcha o proxecto Movéndonos para o cambio durante setembro e outubro
Obradoiro de construción dun forno solar artesán
Obradoiro de compostaxe e vermicompostaxe doméstica
Un forno solar para reivindicar o uso das enerxías renovables
Amigos da Terra participa este sábado no VIII Encontro da Rede Galega de Sementes en Redondela
Obradoiro de cultivo ecolóxico en Ourense
Obradoiro sobre alimentación sustentable
Charlas sobre o Servizo de Voluntariado Europeo en Ourense e Vigo
Get moving too! Unha xuntanza para compartir e construír alternativas cidadás
Actividades Pobreza Cero 2013
Roteiro en Puzo do Lago coa colaboración de Acción Ambiental
Roteiro ambiental polo Paseo do Barbantiño
Roteiro ambiental por Montealegre
Máis información sobre Amigos da Terra:
Web: http://amigosdaterra.net
Facebook: https://www.facebook.com/Amigos.da.Terra