Mentes creativas

mentes_creativasO Grupo Informal Tecnoxove Ribadumia organizou o 15 de setembro unha xornada de actividades ao aire libre onde se mesturou a tradición coa tecnoloxía, sempre en contacto coa natureza, abrindo portas a unha maior accesibilidade a persoas con algún tipo de discapacidade. 

As actividades que se desenvolveron dentro da iniciativa Mentes creativas foron as seguintes:

  • Instalación de códigos QR e pictogramas específicos para persoas con autismo nos que se explican as características do lugar onde están situados. Tanto os códigos QR como os pictogramas instaláronse nos lugares máis importantes do Concello de Ribadumia: na ruta da Pedra da Auga, na ruta do Río Umia, no xacemento do Monte do Castro...
  • O día da xornada, o grupo de persoas participantes realizou unha ruta de sendeirismo onde puideron consultar o traballo realizado e visitaron un muíño de auga, á vez que desfrutaban da natureza. A continuación, gozouse dun xantar campestre na carballeira de Ribadumia.   O obxectivo fundamental desta iniciativa é facer máis accesible as actividades de ocio para mozos e mozas con algunha discapacidade. 
  • Plataforma de xogos de intelixencia e xogos tradicionais Xa pola tarde, desenvolveuse a segunda actividade da xornada que consistía en poñer a disposición dos e das participantes unha serie de actividades de tempo que lles permitan desenvolver certas habilidades tanto mentais como físicas. A plataforma de xogos chamada Beebrite permite xogar en tabletas a diferentes xogos de intelixencia que obrigan a pensar e a adestrar o cerebro, o que permite mellorar as cinco áreas do cerebro: o cálculo, a memoria, a velocidade, a linguaxe e a concentración.  A parte desta actividade tecnolóxica, puxéronse a disposición dos e das participantes xogos tradicionais como a chave, a petanca, os zancos etc. A xornada foi amenizada pola banda de música de Ribadumia. 

O obxectivo principal da iniciativa era promover un proxecto dirixido a mozos e mozas baseada na utilización e o achegamento ás novas tecnoloxías, fomentando un uso responsable e produtivo, no cal aprendan a utilizar e a explorar novas posibilidades e recursos que estas lles ofrecen para sacarlle o máximo rendemento en todos os ámbitos da vida. 

Máis información sobre Mentes creativas: 

Ribadumia acolle Mentes creativas, un proxecto para emprendedores promovido por xoves da comarca 

A ruta dos Muíños vólvese máis accesible grazas á colocación de códigos QR e pictogramas

A ruta dos Muíños de Barrantes facilita o paseo con novos pictogramas

Instalan pictogramas e códigos QR na ruta dos Muíños

Emprendedores da comarca presentan en Ribadumia o seu último proxecto

Un grupo de Iniciativa Xove instala códigos QR informativos adaptados a persoas con discapacidade na ruta dos Muíños