A Xunta publica a oferta de actividades nos 12 Espazos Xoves dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para este verán.
Trátase dunha serie de obradoiros de carácter lúdico e formativo cos que se lle dan posibilidades á mocidade galega para o seu ocio estival ao tempo que se facilita a concicliación das familias.
QUE? Esta programación inclúe obradoiros presenciais, vinculados a diferentes ámbitos: escape room, skate, ilustración, maquillaxe artística, teatro, robótica, escritura creativa, danza, audiovisual, radio, cómic, obradoiros de natureza e obradoiros artísticos manipulativos. Desenvolveranse nos 12 Espazos Xoves da Xunta: Curtis, Carballo, Noia, Betanzos, Pontedeume, Ourense, Tui, Lalín, Vilagarcía, Viveiro, Vilalba e Chantada.
CANDO? As actividades desenvolveranse entre o 24 de xullo e o 12 de agosto. Nos Espazos Xoves da provincia de Lugo, en horario de 17:00 a 19:00 h. No resto de centros: de 11:00 a 13:00 h.
PARA QUEN? Mocidade a partir dos 12 anos e preferentemente ata os 16 anos.
INSCRICIÓN: A través das canles habituais de contacto con cada Espazo Xove (presencial, teléfono ou correo electrónico).
Toda a programación:
- Descrición xeral do programa
Esta programación está financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.