Nesta edición de 2021, seleccionáronse como finalistas as 4 receitas presentadas, o que supón a participación de 6 persoas mozas (3 mulleres e 3 homes).
O sábado 6 de novembro, as persoas finalistas elaborarán as súas obras dende as 10,30 horas na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos en Santiago de Compostela.
Os e as finalistas disporán dun tempo máximo de elaboración de dúas horas para confeccionar a súa proposta, que consistirá na elaboración dun prato salgado ou doce na que a base do mesmo será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
Unha vez rematadas as obras darase a coñecer, por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as obras gañadoras desta especialidade.
Obras finalistas
Trisquel (Santiago), co prato “Tartaleta de castañas con cremoso de queixo San Simón e coulis de pera e mostaza”
Sapoconchos (Lugo), co prato “Esencia da fraga”
Lettergrettel (Ourense), co prato “Entroidallo”
Ovella que berra, bocado que perde (Lugo), co prato “Nube de albaca e xeado de tomate de Carmen, sobre sopa fría de queixo do Cebreiro”
... e os premios son:
1º premio:
Francesca de Nigris, coa receita “Tartaleta de castañas con cremoso de queixo San Simón e coulis de pera e mostaza”
2º premio:
Andrea Maseda Prado e Miguel Morán Gueimonde, coa receita “Nube de albaca e xeado de tomate de Carmen, sobre sopa fría de queixo do Cebreiro”
3º premio compartido:
Michael Cebral López e Pablo Torreira Pardo, coa receita “Esencia da fraga”
Ainhoa Martínez Álvarez, coa receita “Entroidallo”