Rutas e Cogomelos de Betanzos é un grupo informal de mozos e mozas do municipio betanceiro unidos por unha afección común ao mundo dos cogomelos e ás actividades no medio natural. Froito desta afección naceu o proxecto Xornadas micolóxicas, O patrimonio ecolóxico, oportunidade para o emprendemento, que se desenvolveu ao longo do mes de outubro e contou coas actividades seguintes:
O obxectivo principal destas xornadas era transmitirlles aos mozos e mozas participantes os valores de coñecemento do noso patrimonio micolóxico e do espírito emprendedor que impregnaron de forma transversal todas as actividades, dunha forma lúdica e en contacto coa natureza. Na iniciativa participaron 43 persoas.
Máis información sobre as Xornadas micolóxicas, O patrimonio ecolóxico, oportunidade para o emprendemento:
III Xornadas Micolóxicas de Betanzos, en Facebook
Betanzos acollerá en outubro as Xornadas Micolóxicas con charlas e curso
Éxito das III Xornadas Micolóxicas de Betanzos
A Casa da Xuventude acollerá un curso de micoloxía en outubro
Máis información sobre o Grupo Informal Rutas e Cogomelos de Betanzos en Facebook
Cruz Vermella Xuventude formulou esta iniciativa para a mocidade a través dunha xornada onde se pretendía favorecer a vida asociativa e a participación da mocidade na toma de decisións, fomentando a equidade de xénero.
As actividades do proxecto xiraron en torno a dúas accións: realización da xornada Xoguemos a tecer tecido asociativo e a elaboración dunha guía informativa.
O obxectivo principal da xornada Xoguemos a tecer tecido asociativo, que tivo lugar o 19 de outubro no albergue peregrino Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, era promover unha mocidade activa e solidaria, fomentando o sentimento de pertenza e o espírito solidario, á vez que se visibiliza o papel das mozas como axentes de desenvolvemento na cidadanía galega.
A través de actividades lúdico-formativas profundouse na importancia do traballo en grupo –o asociacionismo–, os mecanismos de participación cidadá e o proceso de empoderamento da mocidade galega.
Por outra banda, elaborouse unha guía informativa sobre o asociacionismo e o papel da xuventude. O obxectivo principal desta guía é ampliar o impacto do grao de coñecemento sobre o asociacionismo e a participación cidadá.
Máis información sobre Xoguemos a tecer tecido asociativo:
Facebook
Máis información sobre Cruz Vermella Xuventude
Web: http://www.cruzvermella.org/quen-somos/xuventude/
Twitter de Cruz Vermella Xuventude: https://twitter.com/CruzVermellaXuv
Facebook de Cruz Vermella Española en Galicia: https://www.facebook.com/cruzvermella.org
O Club Emprende M.A.S. é unha asociación sen ánimo de lucro prestadora de servizos á xuventude, formada por mozas e mozos universitarios, que ten como misión construír unha comunidade de persoas novas que promoven unha cultura de emprendemento baseada en valores, orientada á excelencia e á sostibilidade, a través dunha rede de apoio que atende as súas inquedanzas con profesionalidade, calidade humana, e comprometida co desenvolvemento da persoa.
O proxecto VITAMÍNA-T, organizado pola Asociación Club Emprende M.A.S. grazas ao programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, consistiu na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotar os mozos e mozas da motivación e das habilidades precisas de cara ao seu futuro.
VITAMÍNA-T, dirixido a mozos e mozas de 18 a 35 anos, desenvolveuse en catro fases que tiveron lugar ao longo do mes de outubro na Universidade de Santiago de Compostela e no Edificio Cersia Empresa do Concello de Santiago de Compostela
Máis información sobre o proxecto VITAMÍNA-T:
VITAMÍNA-T en Vimeo. Resumo das sesións realizadas dentro desta iniciativa
O proxecto VITAMÍNA-T fomentará o espírito emprendedor entre os mozos universitarios
O proxecto VITAMÍNA-T preséntase a próxima semana en varios centros composteláns
Charlas e un workshop para fomentar o espírito emprendedor na USC. El Correo Gallego
Máis información sobre a Asociación Club Emprende M.A.S.: www.clubemprendemas.es
O proxecto Topografías Vivas naceu da necesidade dun grupo de artistas plásticos e escénicos da Coruña de achegar a arte ao seu contorno máis próximo, o barrio dos Mallos na Coruña. Á vez, a iniciativa buscaba incentivar a experiencia artística real na comunidade de veciños e veciñas deste distrito.
Todas as actividades de Topografías Vivas, nas que participaron 50 persoas, tiveron lugar entre o 7 e o 13 de outubro.
Máis información sobre Topografías Vivas:
O Grupo Informal Ocio para a Xuventude desenvolveu durante o mes de outubro a iniciativa Socialízate, que tiñan por obxectivo dinamizar a participación da mocidade ourensá en actividades lúdico-formativas.
As actividades que se levaron a cabo dentro do proxecto Socialízate a foron as seguintes:
Máis información sobre Socialízate:
Socialízate, en Facebook
Rural Play and Dance é unha actividade, incluída dentro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, que parte de cinco mozos e mozas da Baña e de Negreira que constitúen o Grupo Informal A Mocidade Non Stop.
Co obradoiro de graffiti pretendíase achegar á comunidade o mundo da arte urbana a través da técnica do spray, atendendo á reivindicación de novos espazos creativos e á intervención plástica no noso contorno.
O skateboard é unha das disciplinas da cultura urbana máis practicadas pola xuventude na rúa, a través do uso do skate (monopatín) en diferentes zonas urbanas. As vantaxes que reporta son moitas: mellora do equilibrio, diversión, traballo de todo o corpo e posibilidade de practicalo en calquera lugar.
A través do breakdance ofrécese unha alternativa de ocio e hábito de exercicio saudable dado que contribúe ao fortalecemento corporal, mellora a condición física, o equilibrio e a coordinación motriz. Tamén se adquire sensibilidade musical mediante a percepción e o recoñecemento de estruturas rítmicas. Os obradoiros leváronse a cabo o domingo 8 de setembro de 2013 na praza do Concello da Baña.
As actividades estiveron dirixidas principalmente á mocidade de entre 12 e 35 anos con ganas de descubrir unha nova forma de lecer. Finalmente, na actividade existiu unha grande adaptación xa que o grupo de idade que finalmente participou no evento foi do máis diverso. Toda persoa que o desexara, tivo a oportunidade de pasar unha xornada agradable inmersa nunha cultura urbana diferente á que están afeitas.
Por outra banda, gozouse dunha exhibición de turntablism e de breakdance. Amais, o público asistente (máis de 50 persoas participaron de forma activa nos obradoiros) e figura activa dos obradoiros participou no sorteo dun monopatín e dunha camiseta de cultura urbana.
Máis información sobre Rural Play and Dance:
A cultura urbana aterra na Baña a ritmo de break. El Correo Gallego
Concello da Baña: Rural Play and Dance
Galería de fotos de Rural Play and Dance no Facebook de Vella Escola
Vella Escola é unha asociación especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa cultura urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx, slackline, capoeira…
A misión de Vella Escola é promover e difundir en Galicia as manifestacións culturais e artísticas que nacen no medio urbano (disciplinas de cultura urbana), a través da xestión e oferta de actividades innovadoras de calidade, que mellor respondan ás necesidades e demandas da xuventude actual.
O principal obxectivo da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola é ofrecerlle ao colectivo xuvenil a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes proxectos que favorezan o seu desenvolvemento integral mediante a formación e a expresión artística, o ocio activo e a integración social a través da cultura urbana.
Rúas Xoves. Creactívate e participa na cultura urbana! é un programa composto por xornadas de portas abertas realizadas na rúa, nas que se ofertan diferentes obradoiros e exhibicións de actividades de cultura urbana dirixidas á xuventude (de 12 a 35 anos) e orientadas a conseguir a máxima participación e implicación (participación activa) deste colectivo nas actividades programadas.
Os obxectivos xerais desta iniciativa foron os seguintes:
As actividades de Rúas Xoves desenvolvéronse durante os meses de xuño e outubro deste ano 2013 nos seguintes lugares e datas:
Máis información sobre Rúas Xoves. Creactívate e participa na cultura urbana!:
Xornada de Cultura Urbana nas Festas de Noia 2013, Flickr
O Concello de Santiago presenta Rúas Xoves, cultura urbana en estado puro
Rúas Xoves, Santiago de Compostela con Vella Escola
Xornada de cultura urbana na praza Roxa este xoves. El Correo Gallego
Xornada de cultura urbana na praza Roxa
Máis información sobre a Asociación Cultural e Deportiva Vella escola:
Web: http://www.vellaescola.com/
Twitter: https://twitter.com/Vella_Escola
Facebook: https://www.facebook.com/vellaescola.cultura.urbana
O grupo NEVOX, formado por cinco mozos e mozas de Lousame, organizou e puxo en marcha a iniciativa Quérote, mímate, cóidate.
O proxecto consta de tres grandes bloques temáticos: o primeiro bloque explotou a actividade artística a través dunha obra de teatro; o segundo bloque tratou o benestar a través de diferentes talleres e, por último, o terceiro bloque conduciu as e os participantes a tratar a igualdade entre persoas a través do deporte.
A obra de teatro E ti... que farías? reflexionaba sobre o consumo de drogas e de alcohol por parte da mocidade, así como a práctica de sexo seguro. O grupo representou a obra en diversas verbenas tanto do Concello de Lousame como doutros concellos limítrofes.
O bloque máis central do programa foi o pertencente ao benestar. Para tratar este temática realizáronse talleres de masaxes, de imaxe persoal, de tatuaxes e de automaquillaxe. Amais, nestes talleres realizáronse sorteos para sesións de masaxes, peiteados, maquillaxes e ata unha tatuaxe.
O terceiro bloque consistiu na realización dunha xincana deportiva e mais unha charla que tiñan como obxectivo reflexionar sobre a igualdade entre todas as persoas. Para o desenvolvemento destas actividades contouse co apoio da asociación MISELA e co Colexio Cernadas de Castro de Lousame.
Os lugares e as data de realización das actividades foron as seguintes:
E ti... que farías? Porto do Son, 11 de setembro , Ponte de San Francisco, Noia, 14 de setembro , Casa da Cultura de Lousame, 28 de setembro , San Roquiño, Lousame, 29 de setembro
Taller de masaxes: Casa da Cultura de Lousame, 6 de setembro, Taller de imaxe persoal: Casa da Cultura de Lousame, 7 de setembro , Taller de tatuaxes: Casa da Cultura de Lousame, 13 de setembro , Taller de automaquillaxe: Casa da Cultura de Lousame, 21 de setembro , Taller recordatorio: Casa da Cultura de Lousame, 27 de setembro
Xincana deportiva: Colexio Cernadas De Castro, Lousame, 1 de outubro
Máis información sobre Quérete, mímate, cóidate:
Lousame amplía a súa oferta de ocio para os mozos con talleres de fotografía e imaxe persoal
Actividades de ocio e obradoiros de fotografía para mozos de Lousame
Xuventude apoia catro proxectos de Iniciativa Xove en Noia e Barbanza cun orzamento de 16 000 €
Elve é un grupo informal que foi creado para promover actividades tanto educativas como lúdico-recreativas e fomentar con elas o movemento da xuventude na comarca do Ribeiro.
O Proxecto Elve consistiu na realización das actividades seguintes:
A actividade consistiu en realizar decoracións de carácter variado para axudar no desenvolvemento da festa máis coñecida do Ribeiro, a Festa da Istoria de Ribadavia, considerada de interese turístico nacional. O obxectivo da dita actividade era achegarlles aos e ás participantes a Festa da Istoria xerando de tal xeito o interese pola época medieval.
Nesta actividade realizáronse actividades manuais como: pulseiras, chaveiros e figuras de animais con globos.
O obxectivo desta actividade era desenvolver a capacidade para crear e ser creativo, así como mellorar destrezas motrices.
A actividade consistiu nunha andaina pola comarca do Ribeiro e mais nunha visita guiada pola vila de Ribadavia, que incluía unha visita ao museo etnolóxico e ao Castelo dos Sarmientos. A andaina continuou ata os lugares próximos como San Cristovo ou A Quinza. Ao mediodía fíxose unha pausa para xantar nun merendeiro situado no pequeno lugar de San Cristoval, onde os e as participantes desfrutaron dunha ampla variedade de alimentos.
O obxectivo que pretendía con esta actividade era coñecer o contorno e acadar unha maior concienciación co medio ambiente xa que, ademais de camiñar e observar a bonita paisaxe, o grupo axudou no coidado do medio recollendo a maior parte de lixo que ía atopando polo camiño.
A actividade consistiu na aprendizaxe das diferentes técnicas de realizar unha masaxe relaxante corporal e facial.
Os obxectivos desta actividade eran usar as mans como un instrumento de relaxación co propio corpo e aprender a relaxarse física e mentalmente.
O Proxecto Elve ofreceulles ás persoas participantes a posibilidade de acceder a unha serie de actividades lúdicas, gratuítas e novidosas pouco frecuentes nunha comarca rural como é a do Ribeiro.
Máis información sobre o Proxecto Elve:
Novas actividades internacionais e locais da OMIX de Ribadavia na tempada de outono e inverno
Obradoiro de traballos manuais. Facebook da OMIX de Ribadavia
Máis información sobre o Grupo Informal Elve:
Blog: http://elvexuventude.blogspot.com.es/
O Grupo Informal Mocidade Cabaqueira, formado por cinco mozos e mozas do Concello do Rosal, organizou a finais de setembro unha visita ambiental e cultural á Serra do Courel, unha actividade incluída dentro do programa Iniciativa Xove 2013.
Os días 27, 28 e 29 de setembro, un grupo de 54 mozos e mozas compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, desprazouse ata o Courel para realizar diversas actividades.
Durante a súa estancia combinaron actividades na natureza, como excursións para coñecer o espazo natural e outros centros de interese da Serra do Courel, con actividades musicais, nomeadamente, organizaron dous concertos gratuítos aos que puideron asistiron os veciños e veciñas de Folgoso do Courel.
Os concertos tiveron lugar os días seguintes:
— 28 de setembro, ás 11.00 h, en Seoane, no CPI Poeta Uxío Novoneyra, no marco da celebración da Festa dos Maiores
— 29 de setembro, ás 12.00 h, en Folgoso do Courel, na praza do Concello
O obxectivo principal da iniciativa Participa e goza da cultura e da natureza era proporcionarlles aos membros máis novos da banda de música Agrupación Musical do Rosal a posibilidade de coñecer un espazo senlleiro do país, para ampliar os seus horizontes persoais e conciencialos sobre a necesidade de manter o noso patrimonio cultural e histórico.
Por outra parte, pretendíase achegar a música de banda a un punto afastado na xeografía galega que, polas características dimensionais dos seus núcleos de poboación, teñen poucas posibilidades de poder gozar coa música dunha banda das dimensións e da calidade da Banda do Rosal.
Máis información sobre Participa e goza da cultura e da natureza:
Vídeo Agrupación Musical do Rosal. Actuación no Concello de Folgoso do Courel, en YouTube
A banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerá dous concertos no Caurel