Listado Iniciativa Xove 2012

Listado Iniciativa Xove 2012 (17)

choivadebagoasComo punto de partida do noso proxecto queremos presentar unha realidade que se repite ano tras ano e por diferentes causas e intereses: os incendios forestais Pretendemos achegarnos dende o ámbito artístico ao que se denomina unha acción sobre a natureza, reflexada en pequenos puntos do entorno urbano, como no caso dos parques nas cidades; os cales son zonas verdes e naturais no medio do ruído e a ornamentación. A partir deste significado que se nos achega, concorremos en crear una acción sobre o medio natural potenciándoo e aportando un significado, volvendo o metafórico e metafísico ao linguaxe físico e xestual.

“Choiva de Bágoas” recolle unhas xornadas sensibilizadas co medio ambiente e centradas en facer una crítica construtiva que sirva para que os/as alumnos/as de diversos Centros recapaciten sobre a problemática dos incendios.

Actividade realizada foi:

1.Presentación da proposta e desenrolo dunha actividade introdutoria. Exposición explicativa por parte dun axente forestal. Reparto de cadernos para que os rapaces tomen notas e ilustren os seus pensamentos e reparto de bágoas de resina nas que os mozos poñerán de manifesto os seus sentimentos e inquietudes acerca do tema. Actividade

2. Acción in situ en diferentes parques de Ourense. As bágoas serán penduradas das árbores. Estas dúas actividades lévanse a cabo en tres Centros da provincia de Ourense. Finalmente toda a documentación gráfica é recollida nunha exposición no Espazo Xove (Ourense)

Máis información:

Un grupo de estudantes de enxeñería e arquitectura da Universidade da Coruña promoveron un concurso de deseño para a construción de marquesiñas de autobús no marco do programa Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar. O obxectivo do certame foi o deseño dun tipo de marquesiña accesible, cunha imaxe actual e de vangarda que utilice materiais de construción respetuosos co medio ambiente.

O gañador do certame foi o proxecto ‘Materiais Nobres, Espazos Permeables”, de Diego Quintas. O segundo premio foi para o deseño ‘Dualidade Estructural’ de Óscar Rodríguez e o terceiro foi para o proxecto ‘Cubículo Urbano de María Montenegro. O xurado estivo composto por profesores das facultades de Arquitectura e Enxeñería.

Más información sobre el proyecto: http://www.concursoperspectivaurbana.blogspot.com.es

Coruña é unha cidade que respira arte e cultura de punta a punta. Quíxose unir a artistas emerxentes para promover a arte e que toda a cidade poida vivilo, compartilo e aprender xuntos.

ORZAN REVIVE, é unha posta en marcha dunha serie de actividades, partindo de que é un dos barrios con maior potencial artístico da cidade, queremos que o Orzan cambie as súas rúas grises e semiabandoadas por outras con cor e radiantes.

CONCERTOS: na praza de Pontevedra a partir das 17 horas do día 29 de setembro onde actuarán Burbon Queen, Coyote Express, Segunda Mano, Insolvents, Trazos, Denuncia de vecino, Cabo Norte Skuad, Ruta 77, Ruen Moinelo, Jacobo Paz, .., entre outros.

TALLERES.Realizaranse talleres e exposicións artísticas na Praza Cormelana, na Praza do Africano e Praza da Vista, de 12 a 20 horas do día 20 de setembro.

MERCADIÑO: de 12 a 20 h con postos de bixutería, repostería, roupa e artesanía.

Máis información

Páxina web: http://www.orzanrevive.es/

facebook: https://www.facebook.com/OrzanRevive