Listado Iniciativa Xove 2012

Listado Iniciativa Xove 2012 (17)

17A asociación Sustinea en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, clausuraron o 29 de setembro no Monumento Natural de Pena Corneira, a primeira edición dos ‘Monográficos de mostraxe: Achegándonos á fauna salvaxe’, unha actividade incluída dentro do programa ‘Iniciativa Xove’ da Xunta de Galicia.

Nestas xornadas, que se repartiron en catro fins de semana no mes de xullo e setembro, Sustinea e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración con outras entidades adicadas ao estudo e conservación da natureza, diron a coñecer de xeito práctico o comportamento dos animais no seu propio medio natural, e ao mesmo tempo, os/as participantes puideron observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso os animais salvaxes, aportando toda a información precisa para coñecer máis sobre a súa bioloxía e a súa conservación.

Todas as xornadas celebráronse no ‘Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira’ xestionado por Sustinea en colaboración do Concello de Leiro, situado en pleno Monumento Natural da Serra de Pena Corneira, onde ademais, aproveitouse a oportunidade para facer un inventario das especies que alí habitan.

Deste xeito, cada fin de semana estivo adicado a un grupo animal en concreto:

  • Fin de semana do 28-29 de xullo: Métodos non Invasivos para a detección da fauna silvestre.
  • Fin de semana do 8-9 de setembro: Detección e identificación de morcegos mediante sondaxes acústicos e estacións de captura.
  • Fin de semana do 22-23 de setembro: Técnicas de mostraxe de mamíferos e micromamíferos.
  • Fin de semana do 29-30 de setembro: Estudo de anfibios e réptis de Galicia. Bioloxía e Conservación.
Así mesmo, e para completar as xornadas de cada sábado, realizáronse saídas nocturnas, nas que a través das novas tecnoloxías os/as participantes puideron observar mamíferos, anfibios e morcegos, así como coñecer o seu comportamento nocturno a través de sinais indirectas, como por exemplo os cantos.

Dende a Asociación Galega de Desenvolvemento Social, AGADES, plantexamos desenvolver o proxecto CONEXIÓN XOVE, como un proxecto que trata
ba de promover a participación activa entre a xuventude e o empoderamento xuvenil.

CONEXIÓN XOVE constituiu un proxecto que buscaba promover entre a mocidade unha conciencia de necesidade de participación activa no entorno que os rodea, máis se cabe neste contexto de crise actual.

A implicación das mozas e dos mozos na execución de proxectos dirixidos a elas e eles, constituiu unha ferramenta pedagóxica extraordinaria para favorecer a súa participación activa.

Mediante accións previas de traballo e intercambio de experiencias entre distintas asociacións xuvenís, o traballo de difusión en institutos de Educación Secundaria así como a culminación do proxecto coa elaboración dunha publicación recompilatoria da experiencia, dinamizouse ao colectivo xuvenil, de cara á súa participación activa na sociedade civil, desenvolvemento a través de organizacións, fomento do voluntariado.

Nesta liña de acción, os obxectivos específicos que se desenvolveron co proxecto CONEXIÓN XOVE, foron:

  • Promover a cidadanía activa da xuventude a fin de aumentar os baixos niveis de participación e implicación xuvenil que se rexistran a nivel autonómico, estatal e europeo.
  • Reflexionar e dotar de recursos aos profesionais das asociacións xuvenís para empoderar o colectivo xuvenil.
  • Fomentar o contacto entre asociacións e potenciar o asociacionismo e o voluntariado entre a mocidade.
  • Desenvolver un diálogo fluído que inclúa tamén a mozos e mozas que non sexan membros de organizacións, a través de accións de difusión en institutos de Educación Secundaria
  • Intercambiar experiencias no ámbito da información e o traballo cos mozos e mozas, coñecendo exemplos de actividades e prácticas.
  • Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades xuvenís.

foto_roteiro_lousameO grupo Foto-Col.es desenvolveu durante os últimos meses o Proxecto Foto-Roteiro en Lousame. Esta iniciativa ofreceulle á mocidade de Lousame e concellos limítrofes a posibilidade de participar en actividades nas que a natureza e o arte fotográfico foron protagonistas.

Foto-Roteiros en Lousame comezou a súa andanza no mes de agosto levando a cabo unha importante e ampla campaña publicitaria para darlle a coñecer á mocidade da comarca a nosa proposta.

A actividade que inaugurou o proxecto foi un Obradoiro fotográfico. Durante catro sesións todos os mozos e mozas que estiveron interesados, participaron nun Obradoiro gratuíto no cal da man do profesional Victor Pichero, puideron aprender os usos básicos da cámara fotográfica, técnicas de toma de fotografías e tamén consultar dúbidas personalizadas sobre as súas cámaras. Esta foi unha actividade con un alto índice de participación, cerca de oitenta mozos e mozas participaron activamente no Obradoiro.

A segunda actividade levada a cabo, tivo lugar o Roteiro Fotográfico Brandia- San Xusto. A finalidade deste Roteiro foi que a mocidade participante coñecese a riqueza paisaxística e monumental de Lousame, empregando as súas cámaras para poder captar as mellores imaxes da zona. Para elo, organizouse un Roteiro pola ruta de Sendeirismo Brandia –San Xusto, onde puideron visitar os restos da Industría Papeleira de Lousame, os Muíños de Brandia, as Fervenzas de San Xusto e Mosteiro de Toxosoutos , entre outros. As persoas participante retrataron ó longo do Roteiro todos aqueles aspectos que forón do seu interese; Moitas das persoas participantes nesta actividade xa estiverán na anterior polo que puideron poñer en práctica o aprendido no Obradoiro Fotográfico.

Rastreo Fotográfico Minas de San Finx: esta actividade foi dirixida á mocidade máis nova, mozos e mozas de 12 a 17 anos, que participaron nun xogo de Rastreo Fotográfico afincado no complexo Mineiro da Minas de San Finx de Lousame. Os/as mozos e mozas divertíronse buscando polo entorno mineiro e polo museo as diferentes fotografías a modo de pistas,e retratando coas súas cámaras as imaxes de cada pista. Foi unha xornada moi amena e onde a mocidade disfrutou da fotografía xogando en equipo. Ademais ofreceuse a posibilidade de que as persoas acompañantes puidesen visitar o museo cunha guía turística. Finalmente o equipo que primeiro conseguiu retratar todas as fotos das pistas, foi agasallado cun premio que incluía o revelado dunha fotografía propio de cada integrante a tamaño póster .

Concurso Fotográfico: organizouse un concurso fotográfico vinculado a actividade Roteiro Fotográfico Brandia- San Xusto. As persoas que participaran neste roteiro, podían seleccionar dúas fotografías das sacadas ó longo da ruta e presentalas ó concurso. Este estaba estruturado en dúas modalidades: unha primeira onde un xurado profesional escolleu as tres mellores fotos de todas as presentadas, asignándolles o 1º,2º e 3º premio, e tamén escolleron 5 fotos máis que pasaron a segunda parte do concurso; nesta segunda fase as fotos foron colgadas no facebook de Fotoroteiro en Lousame, onde os/as internautas foron os que escolleron o 4º e 5º premio. Foi unha actividade con moita participación tanto na modalidade do Concurso como de colaboración por parte da comunidade virtual das redes sociais. Os gañadores foron obsequiados con Packs vacacionais de estancias rurais e balneario.

Exposición Fotográfica Itinerante: todas as fotografías que se presentaron ó Concurso Fotográfico, fotos gañadoras e tamén todas as restantes, así como aquelas máis orixinais e bonitas do Rastreo das Minas de San Finx, elaboramos unha exposición Fotográfica na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Lousame; unha Exposición composta por 45 fotografías que mostran fermosas paisaxes de Lousame en dous espazos diferenciados, un contexto natural e outro industrial, e que da man do arte fotográfico da mocidade permiten amosar a toda a comunidade de Lousame e arredores a riqueza cultural e natural do noso Concello. Ademais esta exposición, que se inaugurou na Casa da Cultura de Lousame, foise movendo por aqueles locais sociais do Concello que o solicitaron , coa finalidade de que todos os veciños e veciñas poidan admirar as fotografías .

de_oficios_e_laboresCoa publicación etnográfica “De oficios e Labores”, o Grupo Informal de Estudos Etnográficos FIADAS, presentou un proxecto de lecer educativo e cultural mesturado coas novas tecnoloxías, xa que se trata dunha publicación que terá un espazo web, por medio dun blogue.

O máis característico de este proxecto, foi que ademais de ter un contido ligado aos oficios e labores de Galicia, se combina e asocian estas artes ás músicas propias e ligadas a cada traballo, labor ou oficio. Isto fai que en este estudo e en esta publicación se queira referenciar con partituras musicais, e letras dos cantares de cada lugar en relación con cada oficio que se relata, e incorporar con audios (no espazo web), e un formato dixital con esta parte musical que acompañará a publicación en papel.

A elaboración da revista levouse a cabo , con Obradorios para a mocidade onde se escollen os contidos, as imaxes e fotografías, se redactan os textos, se realiza o deseño web e gravacións das músicas e cantares.

Máis información: http://grupoetnograficofiadas.blogspot.com.es/

green_tourO grupo informal "Ribadumia Xove" co obxectivo de promover un proxecto de ocio e lecer educativo para a xuventude en contacto co patrimonio natural, artístico e cultural do concello de Ribadumia e dos seus arredores a través de actividades deportivas e educativas, desenvolveu o seu proxecto de iniciativa xove durante os días 15 e 16 de Setembro.

Durante a fin de semana de actividades participaron entorno os 100 xóvenes, chegados de diferentes puntos da provincia de Pontevedra. Os xóvenes disfrutaron das seguintes actividades:

Ruta de sendeirisismo pola Ruta da Pedra e da auga e polas marxes do Río Umia, unha senda acondicionada que transcorre polo lado do río donde os participantes puderon observar a cultura da auga dos nosos antepasados cos muiños restaurados e dunhas fermosas paisaxes en contacto coa natureza donde a auga e a pedra son os protagonistas.

Fixemos unha visita guiada o xacemento arqueolóxico do Monte do Castro (Besomaño-Ribadumia), este é un poboado fortificado da Idade de Ferro. Polos restos documentados pode dicirse que este lugar estivo habitado entre os séculos IV a. C. e I d. C. A parte do xacemento os participantes tiveron ocasión de estar en contacto con réplicas de achados encontrados nas excavacións e facer simulacións de caza prehistórica.

Outra das actividades destacadas foi a baixada do Rio Umia en Kayak, foi unha ruta de uns de 10 Km. de augas tranquilas, e adentrándonos no mar con vistas a Illa da Toxa, Illa de San Saturnino, bancos de marisqueo e chegada o porto mariñeiro de Cambados donde nos recolleron ata o punto de partida.

Aproveitando as maravillosas rutas BTT que temos polos Salnés, organizamos unha ruta BTT donde os participantes recorreron en bici estas sendas que transcorren entre ríos, montañas e camiños, donde puderon estar en contacto coa natureza e de disfrutar de paisaxes únicas.

http://www.youtube.com/watch?v=ao3grGyudTs&feature=youtu.be

EnjoyEnjoy Galicia é unha iniciativa xove promovida pola Asociación Cultural Ingalicia para o fomento do turismo xuvenil de Galicia en Europa e para a participación dos/as mozos/as galegos/as na promoción do seu territorio no estranxeiro.

A iniciativa constaba de dúas fases: unha primeira onde se organizou un concurso de vídeos sobre os mellores rincóns de Galicia. Os vídeos foron feitos polos mesmos mozos/as participantes na iniciativa e o gañador foi o vídeo de Alberto Bustos de Betanzos.

A segunda fase era de promoción de Galicia no mercadiño de Amsterdam, grazas á documentación recibida polos diferentes centros de información turística.

Contouse tamén co apoio do Centro de hispanofalantes de Amsterdam no relativo á loxística e organización dunha degustación de produtos típicos de Galicia e de Holanda na sede do mesmo centro.

A iniciativa foi todo un éxito de participación e de consenso entre a poboación holandesa.

Podedes encontrar o vídeo aqui:http://www.youtube.com/watch?v=0zdZg0UVHfk&feature=plcp

vintecincoO proxecto vintecinco xurdiu a raiz da falta de unha red social en galego para xovenes galegos sen publicidade nin vinculos comerciais como outras redes.

O grupo do proxecto somos todos xovenes interesados nas novas tecnoloxías e redes sociais.

Propuxémonos crear unha rede social de código aberto cas mesmas funcionalidades de outras redes sociais de maior tamaño coma facebook ou tuenti, mais sinxela e sen ningún tipo de publicidade, molestas aplicacións ou envios de correos electronicos.

O resultado foi a creación da rede social www.vintecinco.com que lanzamos o 1 de setembro e tivo ampla difusión en diferentes medios de comunicación coma a revista codigo cero, o periódico luns a venres, o progreso, etc

Axuntamos unha foto da portada de codigo cero e da noticia do estreo da rede social vintecinco.com

A tradución da rede vintecinco.com fixomola de forma colaborativa e online a traves da propia rede social. Foi todo un éxito. O resultado publicouse para que calqueira poida descargar a tradución o galego da rede social que esta baseada no software libre elgg.

http://community.elgg.org/plugins/1091072/1.8/galician-language-pack-for-elgg-18-paquete-de-traducion-o-galego-para-elgg-18

Para dar mais difusión o proxecto, creamos páxina e eventos en outras redes sociais. repartimos folletos informativos nas distintas universidades e cidades galegas e fixemos varias presentacións da rede social.

Estamos satisfeitos xo proxecto xa que contamos con mais de 200 usuarios ainda que esperabamos unha participación mayor.

O bó da rede vintecinco e que e mais cercana para os usuarios que forman parte dela que ademais poden comunicarse por char en tempo real.

Grupo Vintecinco

www.vintecinco.com

info@vintecinco.com

xornadasataondequereschegarA Asociación Club Emprende M.A.S (Mocidade Activa e Sinerxias) é unha asociación que surxe dun grupo de estudiantes da Aula de Jóvenes Emprendedores da Cátedra Bancaja (USC). A súa misión a enuncian do seguinte xeito: “Construir unha comunidade de xoves que promovan unha cultura de emprendemento basada en valores, orientada á excelencia e á sostenibilidade, a través dunha rede de apoio que atenda as súas inquedanzas con profesionalidade, calidade humana, e comprometida do desenvolvemento da persona

No marco das axudas Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado levaron a cabo as Xornadas Ata onde queres chegar? Fai realidade a túa idea.

A temática abordada no proxecto foi a do emprendemento como factor clave para o desenvolvemento.

Con este proxecto se tratou de incentivar entre a mocidade a cultura emprendedora, promover relacións entre os universitarios de distintos ámbitos, favorecer o traspaso de coñecementos entre profesionais, titulados e estudantes para acadar unha autosuperación colectiva, crear unha rede permanente de mozos e mozas preocupados polo seu propio desenvolvemento económico e persoal para o intercambio de ideas e apoios, etc.

En qué consistíu o proxecto: Realización de distintos brain coffees onde os mozos participantes se sumerxen na realidade do mundo empresarial da man dunha persoa con experiencia nun ámbito concreto do emprendemento. Se trata de adquirir coñecementos da man da experiencia dunha persoa salientable no ámbito de que se trate. As temáticas abordadas son tres: a calidade, a comunicación e o marketing.

Hai tamén unha parte de formación práctica a través de breves seminarios sobre:

  • Xestión de proxectos (calidade na xestión de proxectos)
  • Comunicación e protocolo empresarial
  • Marketing e ventas

Como actividade complementaria está a realización de videoconferencias a través do skype coa presenza virtual de profesores ou empresarios doutros países (international meeting).

Outdoor training coa colaboración dun especialista en coaching (actividades prácticas para fomentar a innovación dos participantes e trasladar valores como o traballo en equipo, a colaboración, respeto, apoio...).

Como colofón houbo unha xornada con todos os participantes dos distintos talleres que engloba a iniciativa a modo de acto de clausura e como espazo de interrelación persoal e de xeración de sinerxias.

Dende o inicio das xornadas fomentouse a participación dos asistentes a través da rede. Para elo creouse o blog http://www.ataondequereschegar.es/ e xeráronse grupos nas redes sociais. Así os participantes tiveron oportunidade de compartir as súas inquedanzas, e subir o material que consideraron interesante para o resto do equipo.

monitoradoactivoO proxecto R.P.M. ( recicla – participa – multiplica ), nace da inquedanza dun grupo de monitores/as e directores/as de actividades de tempo libre que creen na importancia dunha reflexión acerca da labor que se desenvolve nestas actividades, polo que crearon un grupo informal que responde ao nome de monitorado ativo.

Trátase dunha iniciativa na cal se traballaron aspectos relacionados co eido do tempo libre a e a labor dos/as profesionais que interveñen nel. Levouse a cabo por medio dunha convivencia en formato de campamento para abordar en primeira persoa as temáticas plantexadas.

Neste campamento creouse un espazo de comunicación para o intercambio de experiencias e recursos no cal se foron realizando diferentes actividades como fío condutor para abordar as diferentes temáticas. Ao mesmo tempo, fomentouse a implicación dos/as participantes de xeito activo, converténdose nos/as propios/as protagonistas e testadores/as das actividades propostas, acompañándoas en todo momento da respectiva reflexión e conclusións enriquecedoras.

A actividade desenvolveuse no Albergue Xuvenil Municipal “Vicente Agulló” de Mouriscade (Lalín), os días 7, 8 e 9 de setembro, aínda que se fixeron actividades na zona para unha maior interacción comunitaria, dando a coñecer e poñendo en valor os recursos da zona.

Nesta proposta de traballo colectivo puxéronse en común experiencias, debatéronse aspectos clave da intervención e aprendéronse estratexias para mellorar a nos práctica profesional.

galsoftlinuxCo desenvolvemento deste Proxecto de Iniciativa Xove, os mozos e mozas promotores e integrantes do Grupo Informal Galsoft conseguiron crear unha distribución linux totalmente en galego cos programas máis usados e poñela a disposición de todo o mundo a través dunha páxina web www.galsoftlinux.org. A web e a distribución Galsoft Linux se promocionou mediante o reparto de folletos, Dvds, ponencias e talleres de instalación gratuítos.

A mocidade se implicou activamente no desenvolvemento do proxecto facendo suxestións en canto á web e ás aplicacións a incluir na distirubción Linux. A forma principal de contacto cos mozos e mozas foi a través do mail e das distintas redes sociais nas que os promotores crearon perfil (facebook, tuenti, linkedin,etc).

O proxecto tivo amplia repercusión e difusión nas cidades nas que se promocionou: Vigo, Pontevedra, Santiago e Coruña, sobre todo entre os universitarios.

A valoración dos participantes foi moi boa nas distintas actividades así como a do equipo directivo, que tamén foi moi positiva dada a gran participación e implicación da mocidade galega no proxecto.

Foi un proxecto apaixoante no que se implicou á mocidade e valeu a pena levalo a cabo.

Entre as actividades realizadas dentro do proxecto están:

  • a creación da páxina web www.galsoftlinux.org e páxinas nas distintas redes sociais.
  • o lanzamento da distribución Galsoft Linux v. 1.0 e de Galsoft Linux v.1.1.
  • creación de dous videotutoriais de Galsoft Linux
  • reparto de folletos e DVDs
  • realización dun taller de instalación Galsfot Linuex na Coruña, na facultade de CC Económicas ao que asistiron máis de 20 mozos e mozas.
  • realización dun segundo taller en Santiago de Compostela, tamén na facultade de CC Económicas da USC, con máis de 20 asistentes.
  • A impartición dun curso de Galsoft Linux do 17 ao 28 de setembro na modalidade on line, con máis de 20 persoas inscritas.