Está aberto o prazo de inscrición no campo de voluntariado “Castro de Viladonga”, que se vai desenvolver do 8 ao 19 de setembro.

Este campo de voluntariado vai permitir a convivencia e o intercambio de experiencias entre participantes galegos e mozos e mozas da Galicia exterior, descendentes de emigrantes galegos, que participarán conxuntamente en actividades de voluntariado vinculadas co patrimonio cultural galego, ademais de gozar dun programa de actividades de tempo libre.

As actividades de voluntariado están vinculadas co xacemento arqueolóxico do Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei.

Máis información:

Campos de voluntariado en Galicia

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou a residencia LUG na capital lucense, que oferta 74 prazas
  • Ofrécense en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza. Ademais, nas residencias desenvolveranse actividades convivenciais e educativas, a través das que se intenta fomentar os valores sociais, culturais e deportivos dos residentes
  • O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. A cota mensual a pagar por cada estudante residente será de 324 euros por mes no caso de cuarto dobre, e de 250 euros por mes no caso de cuarto cuádruplo

20160427 142000 1A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, desprazouse hoxe ata Lugo para coñecer as instalacións do Centro residencial xuvenil LUG dependente da Consellería de Política Social, que oferta 74 prazas para o vindeiro curso escolar no marco daordedo 18 de abril de 2016 que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia.

En total, nas tres residencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ofértanse 220 prazas: 74 no centro residencial xuvenil LUG en Lugo, 55 na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia xuvenil Altamar de Vigo.

Ás prazas destas residencias xuvenís poden optar mozas e mozos de entre 16 e 30 anos que estean estudando durante o curso académico, mais tamén se reservan un 9% das prazas para traballadores. Como novidade este ano, tamén se reserva outro 9% das prazas para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen.

Para os estudantes, os requisitos para optar a unha destas prazas son os de cursar ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas; e que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o solicitante.

No caso das prazas reservadas para traballadores, os requisitos específicos son que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante, con contrato cunha duración mínima de 3 meses a contar dende a data en que finalice o prazo de presentación de solicitude. No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da convocatoria.

Para a adxudicación de prazos, os baremos xenéricos son a antigüidade na residencia; a renda da unidade familiar; a situación de familia numerosa; a condición de orfandade; discapacidade de calquera membro da unidade familiar; a residencia, segundo sexa dentro ou fóra de Galicia; no caso de mulleres estar en estado de xestación; ter un irmán con praza renovada na residencia; ter a condición de familia monoparental; e a situación laboral de desemprego sen prestación económica dos pais.

As 220 prazas ofrécense en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza. Ademais, nas residencias ofrécense unha serie de actividades convivenciais e educativas, a través das que se intenta fomentar os valores sociais, culturais e deportivos dos residentes.

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. A cota mensual a pagar por cada estudante residente será de 324 euros por mes no caso de cuarto dobre, e de 250 euros por mes no caso de cuarto cuádruplo.

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Os/as interesados/as poderán atopar toda a información enhttp://xuventude.xunta.es.