CURSO DE INCIACIÓN AOS PRIMEIROS AUXILIOS NO TEMPO LIBRE.
Cando acontece un accidente, eses primeiros minutos son de vital importancia e poden marcar grandes diferenzas. Conscientes da importancia dos primeiros auxilios, a escola de tempo libre “Arenaria” convoca en Padrón para o 28 e 29 de marzo e o 4 e 5 de abril, en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, este curso de iniciación na que se ensinarán os auxilios básicos.
A inscrición podes realizala en liña no seguinte enlace:
https://arenariacoordinacion.com/primerosauxilios/
O prezo e de 75€; aínda que para posuidores/as do Carné Xove queda en 65€.
DESCONTO EXCLUSIVO PARA TITULARES DO CARNÉ XOVE NO PROGRAMA ELIXE GALICIA
Cntravel ofrece un desconto do 5% no Programa Galicia Elixe Galicia, da Xunta de Galicia, para as persoas titulares de Carné xove.
Se te atopas entre os destinatarios (xente nova entre 18 e 30 anos ou familia con fillos menores de idade), podes participar no programa Galicia Elixe Galicia para pasar as mellores vacacións e disfrutar da paisaxe, o termalismo, o patrimonio cultural ou o turismo enogastronómico nas catro provincias galegas e, co teu Carné xove, beneficiarte dun desconto do 5% adicional no prezo do programa, que xa conta cunha subvención de ata o 40% por parte de Xunta de Galicia.
A asociación PESTUDIO-periodismo social, a través da páxina web de Aventi, oferta un curso de especilalización en moda.
Máis información no seguinte enlace web: https://aventi.es/web/formacion/curso-de-especializacion-en-moda/
OFERTA EXCLUSIVA DE INVERNO PARA PERSOAS TITULARES DO CARNÉ XOVE, do 6 de xaneiro ao 1 de abril de 2020.
Grazas ao teu CARNÉ XOVE EUROPEO, aproveitas máis dun 50% de desconto: o prezo da entrada para un parque temático dun día / dous é de só 55 € no canto de 107 €.
Compra o teu billete en cartejeunes.fr
Co teu carné xove tes a oportunidade de facer un programa de idiomas con Newlink Education. Estuda idiomas nas mellores escolas do mundo e realiza as actividades máis de moda en cada país cos seus programas xuvenís de verán; ou coñece unha nova cultura e domina o seu segundo idioma a través dos seus anos escolares no estranxeiro.
Programa de idiomas no estranxeiro para mozos (de 13 a 18 anos)
- 250 € de desconto en todos os programas.
Oferta de ano escolar en Irlanda, Canadá, Reino Unido, Francia, Alemaña, etc.
- Ano escolar calquera destino: 700 € de desconto ata o 27/03/2020 ou esgotar prazas.
- Trimestre escolar calquera destino: 300 € de desconto ata o 27/03/2020 ou esgotar prazas.
Oferta de cursos de idiomas para adultos no estranxeiro (+18 anos)
- Ofrecémosche 40 € de desconto para cursos de 2 semanas e 50 € de desconto para
cursos de 3 semanas.
- Ofrecémosche un prezo mellor que se contratas directamente coa escola.
Para obter máis información, visite https://www.newlinkeducation.com/carne-joven/
O taller de estratexias e ferramentas para a procura de oportunidades formativas e profesionais na Unión Europea é unha iniciativa do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, organizada en colaboración con Ticket2Europe e financiada pola Comisión Europea.
No taller abordaranse, a través de sesións prácticas, as principais iniciativas de mobilidade europea, se conoceran, de primeira man, diferentes recursos para o emprendemento, traballásese como abordar a procura de emprego e participarase en diferentes sesións de coaching con expertos internacionais.
Datas:do 2 ao 7 de maio de 2016
Lugar:Centro Asociado á UNED en Pontevedra
Horas lectivas:24
Créditos:1.0 crédito ECTS e 2.0 créditos de libre configuración
Máis información: https://empleaue.wordpress.com/