A Asemblea Parlamentaria da Organización para a Seguridade e Cooperación Europea (OSCE) puxo en marcha unha nova convocatoria de bolsas de investigación na área de Asuntos Internacionais.
O obxectivo é que os estudantes adquiran experiencia profesional. Pola súa banda, a OSCE busca aumentar a capacidade de linguaxes que pode xestionar e mellorar no apartado investigador. Entre as tarefas dos bolseiros está a de investigar, dar asistencia aos membros da OSCE e preparar informes. Como parte da súa formación tamén asistirán ás reunións da asemblea da OSCE e traballarán directamente cos membros da mesma.
 
Ofrécense entre seis e nove prazas para estudantes en ciencias políticas, dereito e relacións internacionais de universidades de países da OSCE.
As bolsas teñen unha duración de seis meses e desenvólvense en Viena ou Copenhaguen.

Dotación:
A OSCE cobre o aloxamento e 564 € para o resto de gastos de vivenda nas dúas cidades.

Destinatarios:
A bolsa está desinada a alumnos e graduados universitarios de entre 21 e 26 anos que, ademais, deberán ser cidadáns dun país da OSCE.
Os candidatos deberán acreditar un excelente nivel falado e escrito de inglés e valorarase o coñecemento doutro idioma oficial, que pode ser o francés, alemán, italiano, ruso ou español.

O prazo para presentar a candidatura para realizar a bolsa no outono estará aberto ata o 1 de maio, e o 1 de outubro para realizar a bolsa na primavera seguinte.
Os aspirantes deberán encher o formulario de inscrición dispoñible na páxina da OSCE e incluír unha carta de presentación, o seu CV, o seu currículo académico e dúas cartas de recomendación.

A documentación pode presentarse vía email ou por correo postal nas seguintes direccións:
DANA BJERREGAARD
OSCE Parliamentary Assembly
Tordenskjoldsgade 1
1055 Copenhagen K, Denmark
Tel.: +45 33 37 80 40
Correo electrónico: fellowship@oscepa.dk

http://www.oscepa.org/about-osce-pa/international-secretariat/staff/research-fellowship