Outros cursos (148)

O Centro galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza o curso en liña de Educación artística, arte na aula. Propostas didácticas sobre artistas contemporáneos

O obxectivo do curso é coñecer a obra de artistas contemporáneos e considerala como fonte de inspiración. Establecer lazos entre a arte e a aula e eliminar mitos e prexuízos. Desenvolver a capacidade para observar, coñecer, crear e debater ao redor do artístico. Xerar dinámicas creativas nun ou nunha mesma para fomentalas no alumnado. Explorar materiais, recursos e procesos que favorezan aprendizaxes globalizadas a través da plástica.

Datas: 6, 13 e 20 de novembro. Horario: de 10:30 a 13:30 h.
Prazo de inscrición: do 13 de outubro ao 4 de novembro de 2021.

O curso é de balde. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal na que deberán indicar o seu nome, apelidos, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.

O CGAC entregaralles un certificado de asistencia a aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.

http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/253/artenaula_gl 

A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE organizan un curso de MARKETING DIXITAL E BRANDING e que comeza o 18 de outubro.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.
Duración: 6 semanas. Só 10 horas á semana. (luns, mércores e xoves de 17:00 a 20:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.
Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A de garantía xuvenil.

As inscricións pódense realizar no teléfono 663064806 ou na seguinte ligazón: Fundación INCYDE

Accede so Programa e ao Calendario do curso.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade impulsa un espazo dixital de formación dirixido a fomentar, formar e sensibilizar á sociedade na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres a través de accións formativas gratuítas enmarcadas en diferentes ámbitos como son a conciliación e a corresponsabilidade, o rexistro retributivo, o acoso laboral, o teletraballo, entre moitas outras.

https://igualdade-laboral.gal/

A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE organizan un curso de CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS EN LIÑA que comeza o 4 de outubro de 2021.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.


Duración: 6 semanas, 10 horas lectivas á semana. (luns, mércores e xoves de 16:00 a 19:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.


Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.

As inscricións pódense realizar nesta LIGAZÓN ou no teléfono 663064806.

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte actividade formativa do programa "A solución é a cooperativa": Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas.

Datas: do 21 ao 24 de setembro

Modalidade: presencial

Lugar: no viveiro de empresas, Noal, 26, Porto do Son

Horario: de 9:30 a14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo

Inscricións:

- Gratuíta
- Inscricións: a través de jose.pazo@portodoson.gal ou no 981 86 74 12 (Ext: 1302)

Accede á información completa 

CARTAZ INFORMATIVO

 

ARELAS presenta un novo obradoiro online sobre "Hábitos saudables, tecnoadiccións e prevención no consumo de drogas", dentro do programa Impúlsa-T de apoderamento e inserción socio-laboral de xóvenes trans de Galiza financiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

Este obradoiro realizado por Hadriana Ordóñez, Psicóloga Sanitaria G-4266, Sexóloga e Terapeuta EMDR será os días 16, 20 e 23 de setembro as 19:00 H e está dirixido a xóvenes trans de 14 a 20 anos de toda Galiza.

Se queres formar parte do obradoiro, podes solicitar a túa inscripción no correo: arelasasociacion@gmail.com

Tes entre 16 e 35 anos? Entón podes participar no programa Actívate para emprender.

Talleres de formación: "Xeración de ideas de negocio e Aprender a emprender"
Datas: 29 e 30 de setembro de 2021
Modalidade: formación presencial
Horario: de 9:30 a 13:30
Prezo: Formación gratuíta
Persoas destinatarias: Mocidade de 16 a 35 anos que estea interesada en analizar o emprendemento como unha posibilidade laboral.
Contido:
· Xeración de ideas de negocios.
· Da idea á posta en marcha do noso proxecto: pasos de constitución.
· Elaboración do plan de empresa.

O programa "Actívate para emprender" inclúe a posibilidade de recibir asesoramento individual, para a elaboración do plan de empresa, elección e trámites de constitución das distintas formas xurídicas, solicitude de axudas para o emprendemento, etc.

Información e inscrición:
Para solicitar a túa participación nesta acción de formación ou recibir máis información podes enviar un correo electrónico a autoemprego@cimo.org (Indicando o teu nome e apelidos, DNI/ NIE e nº de teléfono) ou chamando ao 988 39 15 15 ou 665 761 939

Aberto o prazo de inscrición para participar nos dous obradoiros de fotografía da programación do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica. Os dous obradoiros terán lugar no Centro Ágora da Coruña


Os obradoiros, que están coordinados polo fotógrafo Xurxo Lobato, son de balde até completar a capacidade de 250 persoas para cada sesión. O obradoiro impartido por Tino Soriano terá lugar o 30 de setembro de 16h a 20h, e o de Lúa Ribeira terá lugar o 6 de outubro, tamén de 16h a 20h.

En ambos os dous casos o prazo de inscrición pecharase o día anterior (o 29 de setembro e o 5 de outubro respectivamente) ás 14h. O formulario de inscrición está accesible en:

https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/ksado/formulario-inscricion-para-os-obradoiros/

Acceso á información completa

O Concello de Lugo - CEI NODUS e a Fundación INCYDE organizan o curso Emprendemento, márketing Dixital e Branding  que comeza o 27 de setembro.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.


Duración: 6 semanas, 10 horas de clase á semana. (luns, mércores e xoves de 17:00 a 20:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.


Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A de garantía xuvenil.

As inscricións pódense realizar nesta ligazón:

https://incyde.org/reactiva-tu-futuro/emprendimiento-marketing-digital-y-branding/588?programa=emprendimiento-marketing-digital-y-branding&localidad=588

 

Tamén podes solicitar información ou axuda coa inscrición no correo electrónico luziarp912@gmail.com ou no teléfono 663064806.

A FederaciónAutismo Galicia convoca o Ciclo Formativo: Abordaxe do TEA no ámbito educativo.

25 Setembro.- Curso 1: Compresión e estratexias de apoio ao alumnado no trastorno do espectro do autismo.

16 Outubro.- Curso 2: Habildiades sociais no trastorno do espectro do autismo.

6 Novembro.- Curso 3: Compresión e intervención sobre as condutas problemáticas no trastorno do espectro do autismo: o apoio condutual positivo.


Modalidade: Presenciais todas as sesións.


Docente: Marlene Horna Castiñeiras. Licenciada en Psicoloxía, orientación Clínica e Social.

Terán preferencia na asignación de praza aquelas persoas que se inscriban no Ciclo Formativo completo.

PRAZO TOPE DE INSCRICIÓN: 12 de setembro de 2021

Máis información:
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA. 981 589 365
info@autismogalicia.org www.autismogalicia.org

PROGRAMA COMPLETO