Novas e actividades (1293)

2016correspondentes_IES_Porto_do_SonAs alumnas Laura, Marta, Ana, Nerea, Sheila, Elena, Alba e Diana son as Correspondentes Xuvenís do IES de Porto do Son, colabora con elas Silvia, alumna da aula específica.

O seu lema é: “XUVENTUDE, INFÓRMATE E FÓRMATE”.
Parabéns ao seu traballo!!

manzaneda-saturninomontojoAquí podedes ver o video que realizaron os/as Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol sobre o fin de semana de Manzaneda.

Enlace para ver o video:  http://1drv.ms/1Kunnwf

Estupendo traballo!!

Eu a eso non xogo

Feb 19, 2016

eu_a_eso_non_xogo_2Eu a eso non xogo é un informe publicado por Save the children sobre acoso e ciberacoso.

O acoso é violencia, non son rapazadas.

- Un 9,3% dos estudantes enquisados considera que sufriu acoso tradicional nos dous últimos meses. Un 6,9% considérase vítima de ciberacoso.

- O insulto é a manifestación máis recorrente do acoso: seis de cada dez estudantes recoñece que alguén lles insultou e máis de dous de cada dez sófreo frecuentemente. Ademais de sufrir insultos directos ou indirectos, un acosado pode ser vítima de rumores, roubo das súas pertenzas, ameazas, golpes ou exclusión.

- Cando o acoso sucede nas redes, é tamén o insulto a forma de violencia máis recorrente:  un de cada tres nenos e nenas é insultado por internet ou móbil. Un 6,3% recoñece que alguén pirateou a súa conta en redes sociais e fíxose pasar por el ou ela.

- En canto aos nenos e nenas que acosan, un 5,4% dos enquisados recoñece acosar a alguén e un 3,3% recoñece ser responsable de ciberacoso.

- A metade dos enquisados recoñece insultar, e un de cada tres agrediu fisicamente a outro menor. Un de cada catro insultou usando internet ou o móbil, e case un de cada dez ameazou a outro neno ou nena.

- Hai máis acoso entre os máis novos, con máis vítimas de acoso e ciberacoso entre os estudantes de primeiro ciclo da ESO que entre os de segundo ciclo. Tamén son máis os nenos e nenas de primeiro ciclo que se recoñecen como agresores.

- As mozas saen peor paradas: un 10,6% sufriron acoso (fronte a un 8% de mozos), e un 8,5% ciberacoso (un 5,3% de mozos). Ademais, entre eles é maior a porcentaxe dos que se recoñecen como agresores: un 6,3% dos nenos acosou a outro menor de idade fronte a un 3,5% das nenas. Esta diferenza persiste respecto ao ciberacoso: un 4,5% dos nenos foi ciberagresor fronte a un 3% delas.

- As razóns que están detrás dos malos tratos son confusas. As vítimas repiten principalmente tres razós polas que son acosadas: para ser molestadas, polo seu aspecto físico ou porque lles teñen teima. Especialmente destacable é que os nenos e nenas que agrediron responderon maioritariamente non saber por que exercían este tipo de violencia sobre os seus compañeiros. A segunda causa máis declarada para o acoso tradicional é gastarlle unha broma.

- Un 3,2% das vítimas de acoso e un 4,2% das que sufriron ciberacoso consideran que foron vítimas debido á súa orientación sexual. Un 5,1% e un 5% declaran que o motivo foi a súa cor de pel, cultura ou relixión.

- Aos nenos e nenas enquisados tamén se lles preguntou como se enfrontaban a estas situacións e identificáronse cinco estratexias diferentes: pedir axuda, xestión interna (controlar a situación internamente pensando noutra cousa), reevaluación (ver o abuso desde o humor ou de forma positiva), enfrontalo negativamente (facendo o mesmo a outros ou consumindo algún tipo de sustancia psicoactiva), e, por último, evitación (apagar o móbil ou irse). Nelas son máis as que buscan axuda ou controlan internamente a situación (pensando noutra cousa, en que se vai a arranxar...); neles priman os que se enfrontan ou reevalúan o acoso (véndoo desde o humor, como unha broma...).

- Fronte ao ciberacoso os estudantes de primeiro ciclo de ESO usaron como estratexia en maior medida a xestión interna, mentres que os de segundo ciclo usaron máis o enfrontamento.

- Tanto as vítimas como os que agriden mostran escasa autoestima. Entre os nenos e nenas que declaran acosar a outro menor de idade, detéctase, ademais, menor empatía cognitiva e afectiva, menos asertividad e unha máis baixa capacidade para resolver conflitos.

En Galicia o porcentaxe de nenas e nenos vítimas ocasionais de acoso é dun 7%, mentre que no resto das comunidades oscila entre un 5 e un 11%, mentres que as vítimas de acoso frecuente é dun 1,4%, cifra que no restro de comunidades oscila entre un 0,6 e un 2,8%

 

"YO A ESO NO JUEGO"  informe sobre acoso e ciberacoso realizado polo departamento de Psicoloxía da Universidade de Córdoba para Save the Children

Modelo de protocolo de actuación ante o acoso e ciberacoso proposto por Save the children

cibermentoresfisterraAs/os alumnas/os do IES Fin do Camiño de Fisterra, explícannos neste vídeo que son @s Cibermentores, e porque pode ser un servizo de apoio básico nos Centros Escolares:

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=grHTMilKLsE

Noraboa a todo o alumnado do IES Fin do Camiño!!

#ctrlnonéamor

Feb 17, 2016

crtlnoneamor#ctrlnonéamor é un dos proxectos subvencionados pola programa de Xuventude Iniciativa Xove. É un proxecto desenvolto polo grupo informal Saraiba. As autoras e autor do manual son Judith Velasco, Esther Arias, Sandra Carracedo, Raquel Monteserrín, Zoraida Chao, Alba Vázquez e Benjamín Salvador. As ilustracións son de Judith Velasco.

http://saraiba.wix.com/ctrlnoneamor#!blank/tigyq

Podedes ver o resto dos proxectos subvencionados por Iniciativa Xove no DOG do 17 de febreiro de 2016

igualdade"Artigo 18. Erradicación de prexuízos nos centros docentes:

1. Non se admitirán, no centro docente, as desigualdades entre alumnos e alumnas sustentadas en crenzas, prexuízos, tradicións ou prácticas consuetudinarias transmisoras, directa ou indirectamente, dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos ou dunha imaxe de dominación dun sexo sobre o outro en calquera ámbito da vida.

2. De forma directa, as docentes e os docentes non permitirán ningunha forma de machismo e de misoxinia que puidese existir no seo da comunidade escolar e, nomeadamente, entre nenos e nenas e adolescentes, aplicarán activamente principios pedagóxicos de respecto á identidade e á imaxe das mulleres".

Este o artigo 18 dun total de 104 artigos co que conta o decreto que recolle as disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

O texto completo está publicado no DOG do 17 de febreiro de 2016

Correspondentes_IES_Agra_de_RacesO/as Correspondentes Xuvenís do IES Agra de Raíces de Cee están a traballar nun blog onde se poden ver as actividades que desenvolven para difundir información no seu centro educativo:

http://correspondentesdoagra.blogspot.com.es/

Parabéns polo labor desenvolto!!!