Novas e actividades (1302)

FP-LogotipoA Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para o ano 2016.

Ciclos Formativos de Grao Medio:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/2016.  utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es co procedemento ED312C.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel.
 
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2016.


Ciclos Formativos de Grao Superior:   o prazo xa está pechado

Máis información en www.edu.xunta.es/fp e no DOG do 11 de febreiro de 2016

omix_ribadaviaO Concello de Ribadavia a traves da OMIX Ribadavia busca 1 EVS para Letonia

ORGANIZACIÓN: Radi Vidi Pats
ONDE: parroquia Pelči, rexión Kuldiga
CANDO: 9 meses. Dende setembro de 2016  a maio de 2017
DATA LÍMITE: 10 de abril de 2016
SECTOR DA ACTIVIDADE: 
•Apoio na creación e mantemento  da coleción do patrimonio histórico dixital de Pelči (foto e vídeo creación, etc.).
•Apoio na organización de eventos da parroquia (festivais, eventos, tales como a Noite Anual de Lendas no palacio Pelči)
•Apoio  ao proxecto das actividades da  biblioteca internacional de Pelči " O pracer da lectura une a norte e sur"  (proxecto en colaboración coa biblioteca de Viana en España sen fondos adicionais);
•Promoción da comunicación intercultural e actividades relacionadas (presentacións sobre a cultura dos voluntarios, culinarias, discusións, noites de cine, contos, etc.)

Máis información na OMIX:
Nova Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. 32400 Ribadavia (Ourense), España
Teléfono: 988 471 929

Inscricións: omix.ribadavia@gmail.com

http://www.omixribadavia.wordpress.com/
Facebook: https://www.facebook.com/OmixRibadavia
Twitter: https://twitter.com/OMIXRibadavia

IDIOMAINGLESO Ministerio de Educación convoca 2200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2016 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Requisitos:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2015/2016.
b. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2014-2015.
c. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso 2014/2015.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores

Estas axudas distribúense en dous grupos:
Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 3 de xullo ao 17 de xullo de 2016:
. Grupo I: 660 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 440 axudas de ata 326 €.
Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 17 de xullo ao 31 de xullo de 2016:
. Grupo I: 660 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 440 axudas de ata 326 €.

Grupos I e II:
Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2014 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado Grupo I:
a) Orfandade absoluta do solicitante.
b) Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns do solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o propio solicitante).
c) Pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal encóntrese en situación de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
d) Pertencer a familia numerosa.
e) Pertencer a familia monoparental.

Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2016.
Máis información no BOE do 29 de marzo de 2016 e en http://www.educacion.es/

2016diaeuropeoinformacionCon motivo do día europeo da Información Xuvenil, a Dirección Xeral de Xuventude está a organizar a xornada Xuventude e Igualdade que se desenvolverá o vindeiro 15 de abril en Santiago de Compostela.

Os obxectivos son concienciar as persoas que traballan coa mocidade sobre a importancia da Información para a prevención da violencia de xénero e o acoso.

Os destinatarios/as desta xornada son os Informadores/as e técnicos/as de Xuventude, técnicos dos Espazos xove, dinamizadores xuvenís, titulados e estudantes de TASOCT, entidades prestadoras de servizos a Xuventude, persoas interesadas na temática.

Prazo de inscrición: O prazo de inscrición estará aberto ata o día 8 de abril as 14.00 h 

As prazas son limitadas ao aforo do salón de actos e o criterio de selección será por orde de inscrición. Ás persoas admitidas comunicaráselle por correo electrónico.

 

Lugar: Salón de Actos do MUPEGA. San Lázaro. Santiago de Compostela


 

 

PROGRAMA

10:15 h. Entrega de documentación

10:30 h. Inauguración.
José Manuel Rey Varela. Conselleiro de Política Social.

10:45 h. Relatorio. Igualdade e violencia de xénero.
Susana López Abella. Secretaria xeral da Igualdade.

11:00 h. Relatorio. A Información xuvenil como elemento da prevención e Programas e liñas de actuación para o tratamento da violencia de xénero na xuventude.
Suso Antelo. Director Centro Coordinador de Información Xuvenil.
Mª Belén Liste Lázara. Subdirectora Xeral para o tratamento da violencia de xénero.

11:30 h. Mesa redonda. Igualdade de xénero, educación e acoso escolar
Esther Arias Martínez. psicóloga do grupo informal Saraiba.
Pilar Lorenzo Vilar. Experta en Violencia de Xénero. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Rosa Fernández Moldes, Marta Gil Paramos, Lidia Iglesias Rosende e Leo Suárez Urruzola. Correspondentes Xuvenís do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela

12:15 h. Descanso

12:45 h. Mesa Redonda. Ciberbullying, ciberacoso, sexting no colectivo xuvenil.
Isabel Presas Cacheda. Educadora social. Quérote+.
Judith Velasco, psicóloga do grupo informal Saraiba.

14:00 h. Clausura da Xornada
Cecilia Vázquez Suárez. Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

portada-02

Naturmaz organiza un novo programa con diversas actividades dun día nos meses de marzo e abril: circuito de altura, bicicleta, tirolina, escalada, tiro con arco, ...

Chegada ás 10:00 e saída ás 19:00

Prezo: 50 euros, xantar incluído. Desconto con carné xove do 10%

Máis información e inscricións:

Web: http://www.naturmaz.com/

Correo-e: info@naturmaz.com

Teléfono: 610 550 524

voluntariadogalego9A Consellería de Política Social convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil.

O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado.

Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan mozos/as de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos; para os menores 18 anos precísase ademais autorización do pai/nai ou titor/a legal, e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, prioritaria pero non exclusivamente nalgunha das seguintes áreas:

1. Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
2. Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
3. Actividades con colectivos en situación de risco.
4. Actividades xuvenís.
5. Actividades ambientais.
6. Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.
7. Posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte das entidades.

Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días.

Requisitos:
-Que as entidades de acción voluntaria e as entidades locais estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
-Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarias ou voluntarios.
-Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es/ co procedemento BS320A
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2016.
Máis información no DOG do 28 de marzo de 2016 e en http://www.voluntariadogalego.org/

 

banner_agoraxoveA Conselleria de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza ou vindeiro 1 de abril, na Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei, unha xornada onde abordarase a temática do Camiño de Santiago como elemento vertebrador do territorio e fonte de oportunidades para o desenvolvemento persoal e profesional dos mozos que habitan nos concellos polos que transcorre.

Esta xornada enmarcase no programa da Consellería de Política Social Ágora Xove, que está orientado á creación de espazos que faciliten a participación dos mozos galegos na vida social, económica e cultural dá nosa Comunidade Autónoma; a través dá celebración de 12 foros en distintos puntos dá nosa xeografía que fomenten e consoliden o protagonismo dos mozos na súa contorna.


Programa de actividades:
10.00 Acreditacións
10.15 Inauguración
Cecilia Vázquez Suárez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Pablo José Taboada Camoeira, Alcalde de Palas de Rei.
Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia Galega de Turismo.
10.30 Mesa redonda: “Emprendendo no Camiño”
Rodrígo Rodriguéz García, propietario de Granxa Campomaior SL
Andrés Liz Montes, xerente de Lacteas García Baquero en Palas de Rei.
María Varela Mosquera, propietaria do establecemento de turismo rural A Parada das Bestas.
Silvia María Otero Fernández, xerente de Bio-Palas SL
11:15 Entrevista en clave biográfica: o camiño cara á internacionalización, o mundo por fronteira.
Jesús Manuel Graña Gómez, fundador e xerente do Grupo Empresarial JimSports.
12.15 Pausa
12.45 Programa Voluntariado: Cultura no Camiño / Culture on the Way. 
Brais González Estévez, Coordinador do Servicio de Voluntariado Europeo do Centro Xuvenil Abertal. Director do programa de voluntariado Cultura no Camiño / Culture on the Way.
13.15 Panel de experiencias. 
Nun formato curto e dinámico un grupo de mozos que participaron en programas de voluntariado en distintos concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago compartirán a súa experiencia e expoñerán que competencias e habilidades desenvolveron durante a súa etapa de voluntarios.
13.45 Actuación musical Xuventude Crea.
14.00 Clausura 

Espazo networking:
Mesa Asesoramiento da Rede Galega de Dinamización Xuvenil
Concello de Palas de Rei
Omix Concello de Santa Comba
Omix Concello de Ribadavia
Centro Xuvenil Abertal de Vigo
Asociación SharinGalicia da USC
Mesa Querote+ 
Mesa Garantía Xuvenil

Lugar de celebración:
Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei
Praza da Ulloa s/n, Palas de Rei, 27200 (Lugo)

PRAZAS LIMITADAS A 80 PARTICIPANTES

A inscrición estará aberta ata o 31 de marzo.

Formulario de inscrición aquí