Novas e actividades (1302)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir as seguintes prazas:

12 prazas no corpo de inspectores de Educación
478 prazas no corpo de profesores de ensino secundario
122 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional
500 prazas no corpo de mestres

A solicitude deberá efectuarse pola Internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezohttp://www.edu.xunta.es/oposicionsDeberá imprimirse a instancia que se presentará, xunto coa documentación acreditativa, a tavés das oficinas de rexistro.

Oprazopara presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2016
Máis información no DOG do 19 de abril de 2016 e enhttp://www.edu.xunta.es/portal/oposicions2016

agora331Ágora Noite é un dos doce foros de participación xuvenil que organiza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; enmarcados dentro do programa Ágora Xove. Terá lugar oxoves 21 de abril, no Café Jam Session de Ourense a partir das 21:00h.
O obxetivo do evento é que a información xuvenil chegue aos mozos e mozas por unha canle o máis informal e desenfadado posible, rompendo así as barreiras que moitas veces separan á mocidade da administración. Para o cal deseñamos un programa de actividades nun local da zona de lecer nocturno da cidade, que inclúe rostros coñecidos do mundo cultural e asociativo, así como dinámicas que fomenten a interacción entre os participantes e os ponentes. Aquí o tedes:

21:00h. Presentación e inauguración.
21:15h. Mesa redonda: “Competencias e habilidades para o éxito”
Carmen José López, presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios.
Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
José Manuel Dopazo Mella, director do IES Maruxa Mallo de Ordes e coach.
21:45h. Reflexión en clave biográfica e actuación.
Daniel Minimalia, premio á mellor canción Word Music do Ano.
22:15h. Entrevista:Rubén Rodríguez Rodríguez (Rubén Ríos),o making of dun actor e productor ourensán.
22:45: Panel de experiencias de educación non formal.
Adrián Rodríguez, secretario da *Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
Alexandre Sotelino, recuperación do folclore tradicional e aprendizaxe.
María Suárez e Adrián González, participantes no programa Galeuropa.
Aitor Barbosa, doutorando en equidade e innovación educativa pola Universidade de Vigo.
Iago Souto, Alba Martín, Ángel Rey, Marta Caeiro e Isabel Rey; promotores da app Whimlist e gañadores do concurso XMMINT de Unicef.
Paula Mozo Pereira, responsábel de comunicación en Ideas for Ourense.
23.30 Dinámica e sinerxias entre os participantes.
23.30 Concerto:Connectica, banda ourensá de indie, rock e pop.

Lugar de realización:Café Jam Session. Rúa Ramón Cabanillas, 18 baixo.

Data de realización: Xoves día21 de Abril.

Formulario de participación

deseandoteufuturoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa Deseñando o teu futuro, un programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito socio - laboral mediante o desenvolvemento de estadías – visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Finalidade da subvención:
Financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aos efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Entidades beneficiarias:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios.

Solicitudes: presentación e prazo
A) Entidades sen ánimo de lucro:
- Presentación preferentemente por vía electrónica enhttps://sede.xunta.esco procedemento BS326A
- Opcionalmente pode presentaras en soporte papel, descargando a solicitude enhttps://sede.xunta.es(procedemento BS326A) e presentándoa en calquera dos rexistros e lugares establecidos.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipiospresentarán as solicitudes unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.esco procedemento BS326A
Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Non se admitirán as solicitudes que non se presenten por medios electrónicos.

Prazo para presentar solicitudes:aberto ata o 18 de maio de 2016.

Proxectos subvencionables:
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
Número máximo de participantes por proxecto:30
Período do proxecto:2 meses.
Data límite de realización:15 de novembro de 2016.
Duración das prácticas:mínimo de 5 días hábiles e máximo de 15.
Xornada diaria da estadía-visita:mínimo de 4 horas
As empresas deberán estar radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas (que incluirá a titorización e o seguimento das estadías)
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa deseñando o teu futuro en xeral).

Conceptos subvencionables e contía da axuda:
- 6 euros por día e participante para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou moza.
- 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas, entre os que se inclúen: os preparativos da organización, proceso selectivo, búsqueda de empresas de acollida, información e asistencia aos participantes, titoría antes, durante e despois das estadías-visitas, a supervisión dos participantes, a adopción de acordos específicos para garantir a calidade das estadías-visitas e os gastos de seguros de accidentes e de responsabilidade civil dos mozos/as participantes.

Máis información noDOG do 18 de abril de 2016.

xuventude crea concurso carteis 2016Gañadora do concurso de deseño do cartel do programa Xuventude Crea 2016

Tamara Rey Martínez,co título/pseudónimo: “Estructuras”

Composición do xurado do Concurso de deseño do cartel para o programa Xuventude Crea 2016

Presidenta:
Yolanda Otero Balsa(Subdirectora xeral de Programas para a Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado)

Vogais:
Mª. Asunción García Cao
M.ª Jesús López Cernadas
M.ª Pilar Lorenzo Vilar
Pilar Tamerón Montesinos
Ana Martínez González
Mª. Belén Pardal García
Carmen Pereiras Pérez
José Manuel Ramberde Sexto

Secretaria:
Ángela Fernández Rey

2016discapacidadeÁbrese o prazo para solicitar oscampamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Requisitos
Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Servizos ofertados
Aloxamento en albergue,residencia ou apartamento, segundo o destino solicitado.
Manutención en réxime de pensión completa.
Programa de actividades de animación sociocultural.
Material necesario para a actividade.
Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Campamentos:

 2016campamentosdiscapacidades

Modelo de solicitude e de informe médico
Asolicitudee oinforme médicoformalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.
Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web :
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran

Prazo e lugares de presentación de solicitudes
Ata o día 30 de abril.
As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á:

Consellería de Política Social.
Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Edificio administrativo San Caetano, s/n.
15781 Santiago de Compostela.

Custo da praza e bonificación
As persoas participantes deberán ingresar a cantidade establecida, nos termos que se lle indiquen ao notificarlle a concesión da praza.
Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove. Estes descontos non serán acumulables en ningún caso.
No caso de acollerse a algunha destas dúas condicións terase que acompañar coa solicitude o documento acreditativo (fotocopia do título de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda).

Información:
Para información xeral pódense dirixir a:
o número 900 333 666 do Teléfono Social de forma gratuíta.
os servizos de Dependencia e Autonomía Persoal das xefaturas territoriais situados en:

A Coruña
Rúa Concepción Arenal, nº 7-9 - 15006 A Coruña.
Teléfono 881 881 528.

Lugo
Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo - 27003.Lugo.
Teléfono 982 889 132.

Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 33 - 32003 Ourense.
Teléfono 988 386 178.

Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar - 36201 Vigo.
Teléfono 986 817 217.

Os servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Os servizos sociais comunitarios dos concellos.
Os servizos sociais dos centros sanitarios.
Para información sobre a xestión do programa, remisión de documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, teléfonos: 981 547 437, 981 544 640,autonomiapersoal.sxps@xunta.es
Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa pode consultar a páxina web:
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veranou dirixirse directamente ás propias instalacións.

O IES Monte Carrasco e o IES Monte Rodeira de Cangas únense á campaña humanitaria de axuda a Siria que promove o Concello de Cangas e diversas asociacións
O grupo de alumnado dos centros que participan no Programa de Xuventude de Correspondentes Xuvenís do Concello de Cangas colaborará na campaña, recollendo, clasificando e organizando o material recaudado.
Polo que podedes levar aos centros e deixar en Conserxería o seguinte material:   

2016SIRIAMONTECARRASCO


agora331A Ágora Comparte é un dos doce foros de participación xuvenil que organiza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; enmarcados dentro do programa Ágora Xove. Terá lugar oxoves 14 de abril, na Biblioteca Central da Universidade de Vigode 16:00 a 20:00h.
A actividade central da xornada realizarase, a través do método da Biblioteca Humana.
A Biblioteca Humana é un espazo de diálogo a través do cal créase cohesión social e fomento do respecto pola diversidade. É unha metodoloxía que trata de romper cos estereotipos, estigmas sociais, prexuízos e discriminacións ademais de amosar outras realidades sociais presentes na nosa contorna.

Na práctica trátase de dar a oportunidade ao público de manter conversas con persoas coas que normalmente non terían contacto, de maneira que lles conten a súa historia persoal e lles axuden a romper barreiras que puideran existir entre eles, lles amosen outras realidades e lles enriquezan con elas. Isto se fai simulando unha biblioteca, onde o público entra e reserva o “libro humano” que quere ler e se lles asigna unha quenda duns 15 minutos para que se leve a cabo a lectura, en forma de conversa.

Paralelamente a esta actividade central, os participantes terán a súa disposición unha zona de asesoramento sobre os principais programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

PROGRAMA:

16:00- 16:30h.Recepción de participantes e reserva de libros

16:30- 17:00h.Inauguración do evento
Cecilia Vázquez Suárez, directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Manuel J. Fernández Iglesias, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais.

17:00- 17:30h.Ponencia “Educación non formal, Capital Social e Empregabilidade da Mocidade”.
Miguel A. Santos Rego, catedrático no Dpto. Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Mar Lorenzo Moledo. profesora titular de Universidade no Dpto. Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

17:25- 17:35h.Actuación grupo Galirockers.

17:35-20:00h.:BIBLIOTECA HUMANA,onde haberá os seguintes títulos, á elección dos participantes:
 Bloggera.
 Cooperante.
 Persoa con diversidade funcional.
 Emprendedor.
 Persoa ex drogodependente.
 Persoa experta en RR.HH.
 Montañeiro.
 Activista lgtb.
 Muller víctima de violencia de xénero.
 Músico.
 Persoa musulmana.
 Persoa que estivo en prisión.
 Sacerdote.
 Persoa vegana.
 Voluntaria de axuda ao refuxiado.
 Voluntaria europea.
 Persoa de étnia xitana.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

accionveran16A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2016

Servizos ofertados
1. A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída,  ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

2. Aincorporaciónaos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

Idades:poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos.
-Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
 
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

A adxudicación das prazas será por sorteo. Crearase unha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións na que se ofertarán as przas que queden vacantes. As prazas vacantes que non se cubrisen serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande.

Discapacidades:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria  cumprindo os seguintes requisitos:
Facer constar a súa condición no apartado que figura no seu impreso de solicitude,  co fin de planificar os apoios persoais necesarios.
Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.

Haberá tamén prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade en campamentos e quendas específicas.

Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse enhttps://sede.xunta.escos seguintes códigos:
procedemento xeral:BS303A, no caso de solicitude individual, ou BS303Fno caso de solicitude múltiple.
procedemento das prazas reservadas para inclusión, procedementoBS303G  para solicitude individual, ouBS303Hno caso de solicitude múltiple.

Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ato o23 de abril de 2016

CAMPAMENTOS A CORUÑA:

Alb. Xuv. Mariña Española. Aventura nas Mariñas
Datas: 1-8/07. Anos de nacemento: 05-06-07. prezo: 113 €. Código: 150001
Datas: 11-18/07.Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 150002
Datas: 21-28/07. Anos de nacemento: 05-06-07.Prezo: 113 €. Código: 150003
Datas: 1-8/08. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 150004
Datas: 11-18/08. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 150005
Datas: 21-28/08. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 150006
 
Alb. Gandarío-Residencia X. Lug II.Conecta con Galicia
Datas: 1-12/07. Anos de nacemento: 98-99-00-01. Prezo: 222 €. Código: 150007
 
Alb. Gandarío-Res. F. L. Cuevillas
Datas:  15-26/07. Anos de nacemento: 98-99-00-01. Prezo: 222 €. Código: 150008
 
Alb. Xuv. Gandarío.Actividades no mar
Datas:  1-12/07. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 232 €. Código: 150009
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 99-00-01. Prezo: 232 €. Código: 150010
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 98-99-00-01. Prezo: 232 €. Código: 150011
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 232 €. Código: 150012
 
Camp. Xuv. Furelos.Natureza no Camiño
Datas:  1-12/07. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 176 €. Código: 150013
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 98-99-00. Prezo: 176 €. Código: 150014
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 176 €. Código: 150015
Datas: 15-26/08. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 176 €. Código: 150016
 
Camp. Xuv. Virxe de Loreto.Natureza xunto ao mar
Datas:  1-12/07. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 207 €. Código: 150017
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 207 €. Código: 150018
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 207 €. Código: 150019
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 98-99-00-01. Prezo: 207 €. Código: 150020
 
Camp. Xuv. Espiñeira.Candilexas
Datas:  1-12/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 150021
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo:  176 €. Código: 150022
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 150023
Datas: 15-26/08. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 150024
 
CAMPAMENTOS LUGO

Alb. Xuv. Area.NaturArea: medioambiente mariño e náutica
Datas: 1-12/07. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 232 €. Código: 270001
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 98-99-00-01. Prezo: 232 €. Código: 270002
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 01-02.Prezo: 232 €. Código: 270003
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 232 €. Código: 270004
 
Alb. Xuv. Benigno Quiroga.A miña primeira aventura
Datas: 1-8/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270005
Datas: 11-18/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo. 113 €. Código: 270006
Datas: 21-28/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270007
Datas: 1-8/08. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270008
Datas: 11-18/08. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270009
 
Camp. Xuv. A Devesa.Multiaventura: medioambiente e mar
Datas: 01-12/08. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 176 €. Código: 270010
Acampada a carón do mar
Datas: 01-12/08. Anos de nacemento: 04-05. prezo: 176 €. Código: 270011
Multiaventura: medioambiente e mar
Datas: 13-24/08. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 176 €. Código: 270012
Acampada a carón do mar
Datas: 13-24/08. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 270013
Multiaventura: medioambiente e mar
Datas: 25/08-05/09. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 176 €. Código: 270014
Acampada a carón do mar
Datas: 25/08-05/09. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 270015

Cam. Xuv. Os Chacotes.Multiaventura nos Chacotes
Datas: 1-12/07. Anos de nacemento:  02-03. Prezo: 176 €. Código: 270016
Aventura-T
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 99-00-01. Prezo: 176 €. Código: 270017
Datas: 02-13/08. Anos de nacemento: 99-00-01. Prezo: 176 €. Código: 270018
Multiaventura nos Chacotes
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 176 €. Código: 270019
 
Poboado Os Peares (Carballedo).Adventure Camp 2016
Datas: 1-08/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270020
Datas: 11-18/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270021
Datas: 21-28/07. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 113 €. Código: 270022
Datas: 01-08/08. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 113 €. Código: 270023
 
Albergue Municipal Quiroga.Explora O Courel
Datas: 01-08/07. Anos de nacemento: 03-04-05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 270024 

 

CAMPAMENTOS OURENSE

 

Camp. Xuv. Penedos de Xacinto (Entrimo).Teatro e aventura na natureza
Datas: 01-12/07. Anos de nacemento: 03-04-05-06-07. Prezo: 176 €. Código: 320001
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 03-04-05-06-07. Prezo: 176 €. Código: 320002
Datas: 02-13/08. Anos de nacemento: 03-04-05-06-07. Prezo: 176 €. Código: 320003
 
Estación de montaña Manzaneda.Manzaneda alta montaña
Datas: 07-14/08. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 113 €. Código: 320004
Datas: 14-21/08. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 113 €. Código: 320005
Datas: 21-28/08. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 320006
 
Albergue Equal. Campamento Equal
Datas: 21-28/08. Anos de nacemento: 04-05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 320007
 
Complexo O Corgo. Muíños.Vive a natureza
Datas: 02-09/08. Anos de nacemento: 01-02-03. Prezo: 113 €. Código:  320008

CAMPAMENTOS PONTEVEDRA

Alb. Xuv. As Sinas.Actividades no mar
Datas: 1-12/07. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 232 €. Código: 360001
Datas:  17-28/07. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 232 €. Código: 360002
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 01-02. Prezo: 232 €. Código: 360003
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 98-99-00-01. Prezo: 232 €. Código: 360004
 
Camp. Xuv. Pontemaril.Aventura na natureza
Datas: 1-12/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 360005
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 176 €. Código: 360006
A miña primeira aventura
Datas: 1-8/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 101 €. Código: 360007
Datas: 11-18/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 101 €. Código: 360008
Datas: 21-28/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 101 €. Código: 360009
Aventura na natureza
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 176 €. Código: 360010
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 360011

Camp. Xuv. Illa de Ons.Big Bang Illa
Datas: 1-8/07. Anos de nacemento: 03-04. Prezo: 101 €. Código: 360012
Datas: 11-18/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 101 €. Código: 360013
Datas: 21-28/07. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 101 €. Código: 360014
Datas: 01-08/08. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 101 €. Código: 360015

PRAZAS RESERVADAS PARA INCLUSIÓN

Alb. Xuv. Mariña Española.Aventura nas Mariñas
Datas: 1-8/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 150001
Datas: 11-18/07. Anos de nacemento: 05-06-07. Prezo: 113 €. Código: 150002

Alb.X. Gandarío.Actividades no mar
Datas: 17-28/07. Anos de nacemento: 99-00-01. Prezo: 232 €. Código: 150010
Datas: 17-28/08. Anos de nacemento: 02-03. Prezo: 232 €. Código: 150012

Camp. Xuv. Espiñeira.Candilexas
1-12/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 150021
17-28/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 150022

Cam. Xuv. Os Chacotes.Aventura-T
2-13/08. Anos de nacemento: 99-00-01. Prezo: 176 €. Código: 270018

Camp. Xuv. Pontemaril.A miña primeira aventura
Datas: 11-18/07. Anos de nacemento: 05-06-07 101 €. Código: 360008
Aventura na natureza
Datas: 1-12/07. Anos de nacemento: 04-05. Prezo: 176 €. Código: 360005
Datas: 2-13/08. Anos de nacemento: 02-03-04. Prezo: 176 €. Código: 360010

CAMPAMENTOS NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Áraba. Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz.Colonia de rock
Anos de nacemento: 99-00. Datas: 1-12/07. Prezo: 293 €. Código: 500001
Alb. Xuv. Barría.Multiaventura
Anos de nacemento:01-02. Datas: 1-11/08 274 €. Código: 500002
Isla de Zuhatza.Náutica00-01-02. Datas: 1-11/08. Prezo: 283. Código: 500003

Extremadura. Camp. X. Emperador Carlos V. (El Jerte).Deporte e ocio en El Jerte
Anos de nacemento: 01-02. Datas: 3-14/08. Prezo: 247 €. Código: 500004

Castilla y León Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos.Multiaventura e aire libre
Anos de nacemento: 02-03. Datas: 1-12/08. Prezo: 293 €. Código: 500005

La Rioja Alb. Xuv. Ezcaray.Multiaventura
Anos de nacemento: 01-02. Datas: 1-12/07. Prezo: 293 €. Código: 500006

Madrid Alb. Xuvenil El Escorial.Inmersión inglés e NN.TT.
Anos de nacemento: 98-99-00-01. Datas: 1-10/07. Prezo: 245 €. Código: 500007


Máis información noDOG do 8 de abril de 2016