Novas e actividades (1302)

FP-LogotipoRemataches a ESO ou Bacharelato? Unha opción para continuar a túa formación son os ciclos formativos de FP

Podes consultar toda a oferta en Galicia no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

Ao longo deste mes de xuño publicaranse as novidades do vindeiro curso 2016/2017 e abrirase o prazo para facer a preinscrición en ciclos formativos

campoTraballo54

Ainda podes solicitar praza nos seguintes campos de traballo

A CORUÑA

  • 150001- Monte da Espenuca, 4 prazas
  • 150002- Horta do Muíño, 5 prazas
  • 150003- Aldea do Couto, 2 prazas
  • 150004- O Pico Sacro, 6 prazas
  • 150006- Castro de Socastro, 2 prazas
  • 150007- Parque do Pasatempo, 4 prazas
  • 150008- Igualdade e medio rural no concello de Curtis, 8 prazas
  • 150009- Bradoso-Acheiro, 5 prazas
  • 150010- Vedra, 6 prazas

LUGO

  • 270002- Rota do Románico, 4 prazas
  • 270003- Castelo de Novaes, 2 prazas
  • 270004- Casa Neveira, 6 prazas
  • 270005- Castromaior, 8 prazas

OURENSE

  • 320001- A Peroxa, 5 prazas
  • 320002- Un rural para tod@s, 4 prazas
  • 320003- Vilamarín, 6 prazas
  • 320004- Muíños de Torrente, 3 prazas

 PONTEVEDRA

  • 360001- Emprendemento verde no rural, 5 prazas
  • 360002- Natureza e patrimonio xunto o mar, 2 prazas

As fichas informativas dos campos de traballo pódelas consultar aquí

O prezo dos campos é de 110€. Aos posuidores do carné xove ou carné de familia numerosa aplicaráselles un desconto do 25%.

A inscrición farase chamando aos teléfonos 981 544 838 –  981 957 115.

2016PREMIOROISO equipo formado por Alba Alfonsín, Martina Fuentes, Estela Otero, Lucía Vázquez, Paula Refojo, Ainara Rodríguez e Ona Tobaruela, de terceiro curso de Educación Secundaria do CPI Os Dices, en Rois, dirixidas pola profesora de Francés, Céline Benmessaoud, acaban de recoller en París o segundo premio (un clap de prata) dun certame internacional de vídeos en lingua francesa.
Ona Tobaruela colabora coa Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Parabéns polo premio e polo traballo desenvolto!!

Correspondentes_ies_porto_do_sonAs alumnas Alba Vázquez e Marta Bernárdez, Correspondentes Xuvenís do IES de Porto do Son, e a súa compañeira de clase, Nuria Noya, elaboraron un vídeo sobre a celebración da Semana Cultural do Centro, adicada ao tema Ciencia e Ficción.

O video pode verse en https://vimeo.com/166209048

Dentro das actividades da Semana Cultural, o profesor Francisco Pena do Departamento de Matemática Aplicada da USC impartiu unha charla temática sobre Maridaxe de Matemáticas e Informática, dirixida ao alunmado de Bacharelato. Asimesmo tamén explicou a dobre grao en Enxeñaría informática e Matemáticas que se oferta no Campus de Santiago dende este curso académico.

Se amosedes máis curiosidade, podedes consultar a presentación empregada na charla na seguinte dirección: goo.gl/dKepc5 , a través dos seus hipervínculos veredes numerosas imaxes, noticias, videos interesantes e relacionados coa investigación, como por exemplo, a simulación do fluxo sanguíneo por ordenador para unha cirurxía.

omix_ribadaviaA Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia consegue financiamento do programa Europeo "Erasmus+" a traves da "Dirección Xeral de Xuventude" para desenvolver un Intercambio Internacional que se desenvolverá en Ribadavia entre os días 1 ao 9 de agosto de 2016.

Buscan 5 participantes da Comarca do Ribeiro, para participar de forma totalmente gratuíta das actividades que se desenvolverán durante este proxecto e que permitirán intercambiar experiencias con grupos de 5 persoas (25 en total) dos diferentes países participantes (Letonia, Italia, Portugal e Eslovenia).

O aloxamento e a manutención estará finaciado na súa totalidade polo programa Europeo Erasmus+.

Neste intercambio, queren promover o desenvolvemento persoal a través da meditación, a atención e a escritura creativa como pensamos que miran dentro de uno mesmo e permiten despexar a mente, co fin de centrarse no logro das metas para desenvolver unha actitude comprometida. O seu obxectivo é potenciar as habilidades persoais de traballo, así como a capacidade de traballo colectivo por conseguir inspirarnos os uns aos outros e colaborar entre nós.

Máis información na OMIX de Rivadabia
Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9
32400 Ribadavia (Ourense)
Teléfono: 988 471 929

http://www.omixribadavia.wordpress.com/
https://www.facebook.com/OmixRibadavia

bolsasBótalle unha ollada ás últimas bolsas convocadas:

Bolsas da Xunta de Galicia

Bolsas do Estado

vivendaA Universidade de Vigo e a de Santiago de Compostela convocan as prazas de aloxamento nas súas residencias para o curso 2016/2017.

Lembra que as prazas das residencias de Xuventude poden solicitarse ata o 27 de maio.

Aquí podes ver as prazas dispoñibles: Aloxamento para estudantes

vivendaA Universidade de Vigo e a de Santiago de Compostela convocan as prazas de aloxamento nas súas residencias para o curso 2016/2017.

Lembra que as prazas das residencias de Xuventude poden solicitarse ata o 27 de maio.

Aquí podes ver as prazas dispoñibles: Aloxamento para estudantes