Novas e actividades (1300)

A asociación estudantil IEEE Uvigo Student Branch, na que se atopan estudantes das diferentes titulacións de enxeñaría que se imparten na Universidade de Vigo, vén de anunciar unha proposta solidaria de recollida de ordenadores, equipos que eles mesmos disporán nun espazo cedido pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coa idea de repartilos entre as familias con menos recursos.

Recollen todo tipo de material informático, tanto de particulares como de empresas. Máis polo miúdo, amais de computadores (tanto portátiles como de sobremesa), poderá entregarse todo tipo de material informático: monitores, teclados, ratos, fíos de conexión, discos duros, memorias...

Para doar hai que completar un formulario, no que queda rexistrado o correo electrónico da persoa doante e a través do cal se porán en contacto con ela no intre da recollida.

Os membros voluntarios do IEEE UVigo serán os encargados de limpar estes equipos a fondo e instalarlles un set de aplicacións de software libre, para que o equipo poida empregarse desde o primeiro día en que se realice a entrega. Unha vez arranxados e equipados serán entregados á ONG Accem, que será a encargada de darllos ás familias en risco de exclusión ás que axuda.

Entre Padrón e Santiago é un proxecto musical da asociación cultural Tres por Cuatro    
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
            
Catro videoclips con poemas musicados de Rosalía de Castro e de Luísa Villalta que interpreta o grupo vocal feminino Entrelas.

 

Eu cantar, cantar, cantei B1
Tema de Rosalía de Castro interpretado ao pé da casa da escritora en Padrón e mais da praza do Obradoiro en Santiago de Compostela

 

 

Os teus pasos de homeB2
Poemas de Luísa Villalta e imaxes do convento franciscano de Santo Antón de Herbón

 

 

Padrón, PadrónB3
Outro tema de Rosalía de Castro interpretado, como non, en diversas localizacións da vila de Padrón.

 

 

Prá Habana!B4
Rosalía de Castro é tamén a autora do texto deste cuarto videoclip, que foi gravado na Casa da Matanza e mais no tramo do Camiño Portugués que une Padrón e Santiago.

 

Un grupo de mozos e mozas de Oleiros puxeron en marcha desde as casas da mocidade “Vitamina Xove”, unha iniciativa mediante a que están a repartir pílulas devitaminaxove2 ánimo e apoio ao persoal dos comercios locais, supermercados e do centro de saúde de Santa Cruz. Ata o momento tivo unha moi boa acollida.

As mensaxes foron escritas nunhas papeletas e inseridas dentro dunhas pílulas emulando un complemento vitamínico. Foron repartidas máis de 300 co lema “Cando pense que non saímos desta: lea a mensaxe deste medicamento e sorría un chisco”.

A idea xurdiu dun grupo de 6 mozos e mozas que acoden ás casas da mocidade de Santa Cruz e As Pedras, que pretendían realizar unha actividade para dar ánimos aos sectores profesionais do municipio que permaneceron abertos desde o inicio da situación sanitaria. Polo que desde as casas da mocidade se lles deu todo o soporte, espazos e toda a axuda que precisaron para poder levar a cabo a idea.

Centro da Mocidade As Pedras
Avenida Rosalía de Castro 114
Teléfono: 981 977 944
pix.aspedras@gmail.com
centrosmocidadeoleiros.wordpress.com

O concurso de videoxogos (a game jam Afonso X e Galicia) lanzado polo Consello da Cultura Galega e a asociación Videoxogo.gal ao abeiro da mostra Afonso X e o mester2Galicia, organizada polo CCG para celebrar e visualizar os vencellos do monarca coa nosa terra, xa ten contribución gañadora.

Trátase de O Mester, xogo deseñado polos alumnos do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos (Universidade da Coruña) Carlos Balado Sánchez e Pablo García de los Salmones Gómez.


Queres probar o xogo? Atrévete!

En O Mester xogarás coma un personaxe sacado das ilustracións das Cantigas de Santa María para derrotar ós demos en duelos musicais nos que o teu laúde é a túa arma.

 

Contornas virtuais. Seteoitavas é un proxecto baseado na creación de contornas virtuais inmersivas a través de fotografías esféricas que integran na súa visualización diversos contidos temáticos para a interpretación do territorio nunha lectura ampla e coherente.

Inclúense contidos textuais (textos explicativos sobre puntos de interese do ámbito de percorrido 360º); audiovisuais (vídeos curtos temáticos, reportaxes fotográficas ou audios de distinto tipo); cartográficos e fotográficos, tanto históricos como actuais; documentais (fichas descritivas, ligazóns a webs e outra información de interese; infográfico-esquemáticos que axuden a comprender o exposto e de toponimia.

A proposta engloba catro montes costeiros referentes paisaxística e culturalmente en Galicia:

1. Costa Sur-Baixo Miño: Ámbito do Monte de Santa Trega
2. Rías Baixas: Ámbito do Monte do Facho, Chairas e Fosas Occidentais
3. Ámbito do Monte Pindo Galicia Setentrional
4. Ámbito da Serra da Capelada

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Xa podes consultar o boletín Eurodesk do mes de abril boletin eurodesk

 

Boletín Eurodesk de abril de 2021

 

 

CRTVG ofrecerá ao longo deste ano, a través das súas canles de televisión, radio e Internet, 50 concertos de destacados/as artistas e grupos galegos, en convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para difundir o ciclo ‘Galicia Emerxe’.

Mercedes Peón, Bala, Son Trío, Blanco Palamera, Xoel López, Boyanka Kostova, A Banda da Loba, Sés, Luar na Lubre, Wöyza, Budiño, Rodrigo Romaní, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Susana Seivane, Uxía, Eladio y los Seres Queridos e De Vacas son algúns do medio cento de artistas que participan en ‘Galicia Emerxe’, unha serie de recitais de 40 minutos de duración que se emitirán nas ‘Noites Temáticas’ da G2.

Os espectadores tamén terán a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle, os sábados arredor das 10.40 h. Unha vez rematada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00 h dos sábados.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/galicia-emerxe

Proxecto Libera quere localizar e tentar retirar todas aquelas acumulacións de  basuraleza que existen no noso medio ambiente.
Vós podedes ser os seus ollos na natureza, así que necesitan a vosa axuda!

A esta nova andaina chámana "puntos negros". Convídanvos a que lles fagades chegar puntos negros da vosa zona que xa coñezades e teñades localizados, onde saídes a pasear ou onde ides pasar as vacacións. Para iso teñen un formulario onde vos piden toda a información que necesitan para poder empezar os trámites pertinentes.

Podedes enviar os vosos puntos negros mediante este formulario

É importante que teñades claro que é realmente un punto negro de  basuraleza.

Será considerado punto negro: un gran acúmulo de residuos que non podemos retirar polos nosos propios medios. Un acúmulo de residuos que require para a súa retirada maquinaria específica e varios operarios. Por exemplo o da imaxe:

EX1

Con todo, se o que detectamos é un  acúmulo, pero de residuos de fácil retirada, non o consideraremos nin o trataremos como un punto negro, xa que nós mesmos podemos realizar a retirada e non é necesario que acudan operarios con maquinaria específica. Como o exemplo da imaxe:

EX2

Desde o Proxecto Libera farán todo o posible para que o que lles fagades chegar retírese da natureza, eliminando así o problema.

Calquera dúbida que vos xurda podedes enviala ao correo libera@seo.org.
 
www.proyectolibera.org

Lánzase oficialmente o novo Erasmus + 2021-2027!!!

Ofrece unha ampla gama de oportunidades para os mozos e mozas, desde estudar, facer voluntariado e realizar un período de prácticas ou aprendizaxe no estranxeiro até participar nun intercambio xuvenil. DiscoverEU integrará o programa.

Erasmus + ofrecerá un sopro de aire fresco aos mozos que están terriblemente afectados pola pandemia. Tamén reforzará o sentido de pertenza grazas ás novas Actividades de Participación Xuvenil que apoian proxectos de participación locais, nacionais e transnacionales impulsados ​​pola mocidade. Isto permitirá aos mozos e mozas experimentar o compromiso cívico, comprender os valores comúns europeos e os dereitos fundamentais, e desenvolver competencias dixitais e alfabetización mediática.

As principais características do programa Erasmus + 2021-2027 son:

Erasmus + inclusivo: brindando mellores oportunidades ás persoas con menos oportunidades, incluídas as persoas con diversos antecedentes culturais, sociais e económicos, e as persoas que viven en áreas rurais e remotas. As novidades inclúen os intercambios individuais e de clase para os alumnos da escola e a mobilidade para os estudantes adultos. Será máis fácil para as organizacións máis pequenas, como escolas, asociacións xuvenís e clubes deportivos, postularse, grazas ás asociacións a pequena escala e o uso de subvencións simplificadas. O programa tamén será máis internacional, para cooperar con terceiros países , aproveitando os éxitos do programa anterior con intercambios e proxectos de cooperación en todo o mundo, agora tamén expandíndose ao deporte e os sectores de educación e formación profesional.

Erasmus + dixital: a pandemia puxo de relevo a necesidade de acelerar a transición dixital dos sistemas de educación e formación. Erasmus + apoiará o desenvolvemento de habilidades dixitais, de acordo co Plan de Acción de Educación Dixital. Proporcionará formación e intercambios dixitais de alta calidade a través de plataformas como eTwinning , School Education Gateway e o Portal Europeo da Mocidade, e fomentará os períodos de prácticas no ámbito dixital.sector. Os novos formatos, como os programas intensivos mixtos, permitirán complementar a mobilidade física a curto prazo no estranxeiro coa aprendizaxe en liña e o traballo en equipo.

Green Erasmus +: en consonancia co Pacto Verde Europeo, o programa ofrecerá incentivos económicos aos participantes que utilicen modos de transporte sustentables. Tamén investirá en proxectos que promovan a concienciación sobre cuestións ambientais e faciliten intercambios relacionados coa mitigación da crise climática.

Erasmus + para mozos/as: DiscoverEU agora convértese nunha parte integral de Erasmus + e ofrece aos mozos/as de 18 anos a posibilidade de obter un pase de tren para viaxar por Europa, aprender doutras culturas e coñecer a outros europeos. Erasmus + tamén apoiará oportunidades de intercambio e cooperación a través de novas actividades de participación xuvenil, para axudar aos mozos a involucrarse e aprender a participar na vida democrática, creando conciencia sobre os valores europeos compartidos e os dereitos fundamentais; e reunir aos mozos e os responsables da toma de decisións a nivel local, nacional e europeo.

https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/en/IP_21_1326

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, o Consello da Cultura Galega recupera un texto do dramaturgo Andrés de Claramonte, que escribiu a principios do século XVII. Trátase da obra La Lindona de Galicia, unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia.

Neste especial poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da época ou a relación entre a ficción e os feitos nos que está inspirada.

http://consellodacultura.gal/especiais/a-lindona-de-galicia/