Novas e actividades (1293)

Con vistas á reactivación da mobilidade, o consumo de albergues e o seu coñecemento, a Rede Española de Albergues Xuvenís REAJ dará un total de 800 Bonos REAJ, para trocar desde o 18 outubro de 2021 ata o 15 de xuño de 2022 (ou ata finalizar existencias).

Trátase dunha iniciativa para incentivar o uso dos albergues da Rede, que son establecementos que se viron afectados pola crise sanitaria provocada polo COVID19.

As persoas / grupos posuidores dun bono poderán facer uso del en calquera albergue que se atope na listaxe de "albergues colaboradores" para estancias que teñan lugar entre o 18 de outubro de 2021 e o 15 de xuño de 2022. Por tanto, os usuarios/grupos deberán asegurarse de que as súas estancias (pernoitas) teñen lugar antes de dita data, xa que non poderán ser utilizados a partir desa data.

A campaña Bonos Albergues REAJ componse de 800 bonos, distribuídos da seguinte maneira:
- Bonos Individuais de 30 euros: emitirase un máximo de 700 bonos de ata 30 euros (IVE incluído) para utilizar nos "albergues colaboradores" dentro do prazo establecido para iso.
- Bonos Grupais de 200 euros: emitirase un máximo de 100 bonos de ata 200 euros (IVE incluído) para utilizar nos "albergues colaboradores" dentro do prazo establecido para iso.

Devanditos bonos serán postos ao dispor dos usuarios na páxina de REAJ de maneira graduada. Así mesmo, a cada persoa/grupo que se lle envíe un Bono Albergue faráselle chegar tamén por email un Carné de Alberguista Dixital de forma gratuíta.

Requisitos
Os Bonos Albergues REAJ individuais poderán ser solicitados por calquera persoa física que teña entre 18 e 30 anos e teña residencia legal en España. No momento da solicitude do bono o usuario deberá ser menor de 31 anos. Unha vez cumpridos os 31 anos, non poderá ser solicitante do bono (aínda que si que poderá trocalo no caso de que o solicitase antes de cumprir os 31).

Só se emitirá un bono por persoa, que irá ligado ao seu número de DNI / NIE e será persoal e intransferible, non podendo ser cedido a terceiros baixo ningunha circunstancia.

Os Bonos Albergues REAJ de grupo poderán ser solicitados por calquera grupo legalmente constituído que teña CIF e estea recoñecidos por algunha administración como grupo.

Só se emitirá un bono por cada CIF e só poderá ser utilizado polo grupo ao que lle foi concedido, non podendo ser cedido a terceiros baixo ningunha circunstancia.

https://reaj.com/bonos-albergues-reaj/

Desde a Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos, FEPA, crearon un documento para un correcto tratamento informativo sobre a mocidade extutelada.

"O tratamento informativo da mocidade extutelada nace co obxectivo de mellorar a representación que ten a mocidade extutelada nos medios de comunicación. Trátase dun documento moi sintético no que se plasman recomendacións prácticas que cren que deben en ter en conta os medios que falan destes e estas mozos e mozas. Pretende ser un documento útil e práctico, que poidan utilizar os equipos xornalísticos e outros axentes de comunicación para non caer nos prexuízos que se adoitan difundir en moitos xornais, portais dixitais, canles de televisión, etc."

https://www.fepa18.org/wp-content/uploads/2021/09/Recomendaciones-Medios_FEPA.pdf 

No DOG do 26 de outubro publícase a orde que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

No capítulo I destacan os principios de actuación que guían as actuacións dos equipos directivos, do profesorado titor, do resto do profesorado e dos servizos de orientación educativa e profesional.
O capítulo II trata sobre a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo:
- Alumnado con necesidades educativas especiais.
- Alumnado en situación de vulnerabilidade socioeducativa e/ou cultural.
- Alumnado con altas capacidades intelectuais.
- Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo.
No capítulo III trátase a escolarización do alumnado, desde a consideración da súa promoción e a súa permanencia no sistema educativo.
O capítulo V trata sobre os recursos necesarios para garantir a equidade e a inclusión, considerando tanto os recursos de tipo material como os de tipo profesional.
No capítulo VI abórdanse a participación, a colaboración e a coordinación de todas as persoas que participan na educación das nenas e dos nenos, das alumnas e dos alumnos.
O capítulo VII, aborda o desenvolvemento social e emocional do alumnado, xunto coa protección e a promoción do talento
O capítulo VIII aborda outro dos aspectos que se entenden necesarios para que as organizacións educativas contribúan ao benestar de todas as persoas que as conforman e, ao mesmo tempo, fagan posible acadar verdadeiros estándares de calidade en todo o que ten que ver cos procesos de ensino e de aprendizaxe: o desenvolvemento persoal e profesional do profesorado, a formación, a innovación e a calidade.

DOG do 26 de outubro

redes4

 

Xa podes ver na canle de youtube de Xuventude a exposición que a xornalista Marta Peirano ofreceu sobre o uso das redes sociais e a manipulación que exercen sobre nós.

Charla desenvolvida no Mo_Cidade 21: Encontro da xuventude creativa e emprendedora o día 22 de outubro de 2021.

https://www.youtube.com/watch?v=f5zE0JydJKg&t=1109s&ab_channel=XuventudeGalicia

O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinado a todos os centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia nos que se imparten materias en Lingua Galega, que puideron participar con curtametraxes en lingua galega de ata 20 minutos de duración.

E os premiados son...

Categoría A. Infantil e primaria

Primeiro premio: Tempos modernos, do CPR Galén (Lugo)

Segundo premio: Dona Landra no río revolto, do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra)

Terceiro premio: O meu barquiño, do CEIP Plurrilingüe Otero Novas (Cortegada, Ourense)

Premio Blanco Amor ao mellor guión: 10 euros, do CEIP O Couto (Ourense)

Mención especial: CAD A Pobra (A Piobra do Caramiñal, A Coruña).

No mar da diversidade

Entrevistamos a Álex Vidal

Corre, corre, cabaciña

 

Categoría B. Outros niveis de ensino non universitario

Primeiro premio: Sálvora, do IES A Cachada (Boiro, A Coruña)

Segundo premio: As derradeiras, IES Praia de Barraña (Boiro, A Coruña)

Terceiro premio: Fronteiras, do IES Taboada Chivite (Verín, Ourense)

Premio Blanco Amor ao mellor guión: Serendipia, do IES de Meaño (Meaño, Pontevedra)

A Semana Viva!

Out 15, 2021

Comeza unha nova iniciativa de LIBERA, A Semana VIVA.
Do 25 ao 29 de outubro é a semana de coñecer, de saber, de mostrar, de mostrarse, de esculcar, de investigar; en definitiva, de estar VIVOS! Como o planeta que queremos e polo que desde LIBERA están a traballar.

Por unha terra VIVA!

E para estar vivos é necesario saber, aprender, investigar, sobre todos os problemas que nos afectan para poñerlles solución. Entre todos eses problemas, LIBERA pon o foco na #basuraleza, unha catástrofe ambiental que require dos maiores expertos e expertas no tema para atallala. E por iso LIBERA tráevolos para que vos conten de primeira man como afecta a basuraleza ás contornas, a fauna, a flora... en definitiva aos seres vivos dunha terra viva.

Luns, 25 outubro (10:00 h)
Cales son os resultados de análises de contaminación dos nosos espazos naturais?
Con María Dulsat (CSIC)

Martes, 26 outubro (10:00 h)
Que tipo de residuos atopámonos segundo o espazo natural analizado? App e-Litter
Con María Cabrera (Paisaxe Limpa) e Beatriz López (Vertidos Cero)

Mércores, 27 outubro (10:00 h)
Contaminación física Falemos de microplásticos en ríos!
Con David León (Home e Territorio)

Xoves, 28 outubro (10:00 h)
Pode a basuraleza afectar os pingüíns? Impactos físicos e contaminantes químicos en fauna
Con Andrés Barbosa (CSIC-SEO)

https://proyectolibera.org/semana-viva/ 

Impactados pola covid-19 é a reportaxe de alumnnado do IES Rosalía de Castro de Santiago, gañadora do concurso Xornalismo na Escola de Prensa-Escuela, organizado pola Voz de Galicia.

Alumnado:
Iria Vilar Regos, Daniela Veiga Pato, Pedro Rey Blanco, Roi García CondeBerta Maside López, Lara Méndez García, Lucía Gil Batalla e Nicolás Rivadulla Losada.

Profesorado:
Profesores de 1.º de ESO C: Alberto Sacido, Laura Pérez Codesido, Rocío Figueroa Guisande, Lourdes Costa Ferrer e Johanna Otero García.

Impactados pola covid-19

 

Un dos artigos máis votados foi "Cazando colillas y limpiando Ourense: 15 años de la ley antitabaco" do Colexio Divina Pastora Franciscanas (Ourense)dinonaotabaco2 980x653

Alumnado:
Antía García Cerdeira, Gabriel Gallego Salgado, Hugo Fernánez Mazaira e Mario González Salpurido

Profesor:
Gonzalo Sánchez Busons (2º ESO)

"Cazando colillas y limpiando Ourense: 15 años de la ley antitabaco"

En 2020 durante a presidencia alemá conxunta da Unión Europea e o Consello de Europa, ao redor de 1.000 participantes reuníronse en liña para participar na 3ª Convención Europea de Traballadores no ámbito de Mocidade, por mor da cal se desenvolveu a Axenda Europea para o traballo con mozos e mozas e o que se coñece como o proceso de Bonn para implementala a nivel nacional, rexional e local.

As deliberacións dos participantes na Convención recóllense nunha Declaración final, que busca motivar e guiar sobre o traballo con mozos, así como fortalecer o compromiso político, a todos os niveis, para o mantemento, desenvolvemento e innovación no ámbito da mocidade en toda Europa.

Declaración final da 3ª Convención Europea de Traballadores no ámbito de Mocidade

hatersIgualdade da Xunta de Galicia desenvolve nas redes sociais unha campaña de concienciación contra a violencia de xénero. Co título Haters da Violencia de Xénero quérese brindar mensaxes de rexeitamento ante calquera comportamento ou conduta baixo a que subxacen situacións de violencia de xénero.

A iniciativa, enmarcada no conxunto de actuacións desenvolvidas en Galicia no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ten por obxectivo conseguir que a sociedade en xeral e a mocidade en particular, rexeiten a violencia de xénero e aprendan a identificar as condutas e accións, especialmente as que se sitúan no plano psicolóxico, as máis difíciles de detectar, xa que, en ocasións, acéptanse e mesmo descúlpanse.

Haters da Violencia de Xénero