A Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, publica os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato, ABAU, para o acceso ás ensinanzas universitarias de Galicia para o curso 2023/24.
Ponderación e as últimas notas de corte: https://ciug.gal/
A Xunta de Galicia convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade empadroadas nun municipio de Galicia.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Contía das axudas:
- Axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido: 500 euros; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600 euros, e de 700 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial.
- Axuda por bicicletas de man híbridas ou eléctricas: 700 euros.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 10.00 horas do día 1 de xuño de 2023 e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.
A tramitación da solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal
Máis información no DOG do 5 de maio de 2023 e en https://ebici.xunta.gal
O Campus Industrial de Ferrol acollerá, a última semana do mes de xuño un campamento tecnolóxico de verán dirixido á rapazada de entre 6 e 16 anos.
Os talleres desenvolveránse entre o 26 e 30 de xuño de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O campamento terá servizo de madrugadores con almorzo, e servicio de comida para aquellas familias que o desexen, y terá lugar na cafeteria universitaria. Os horarios destes servizos son:
Servizo madrugadores: de 8:00 a 9:00 horas
Servizo comedor: de 14:00 a 15:00 horas
Datas de celebración: 26 de xuño ao 30 de xuño de 2023
Preinscrición: do 3 de maio a 1 de xuño de 2023.
Matrícula: do 5 de xuño ao 16 de xuño de 2023.
Horario: 9:00 a 14:00h.
Lugar de celebración: Aula de informática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Campus Industrial de Ferrol, R/Mendizábal s/n 15403 Ferrol
Número de alumn@s: mínimo 25, máximo 80.
Precio dos talleres e servizo de madrugadores/comedor
Persoas externas da UDC: 119 euros
Integrantes da UDC: 99 euros
O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) promove novamente a XI edición do campamento tecnolóxico de verán T2W (Tecnópole Technological Workshops), en colaboración coa Consellería de Economía.
Entre as grandes novidades da nova convocatoria, figura unha nova edición do módulo Voamos con números: unha aventura aérea, levado a cabo durante o curso escolar na Aula Newton Galicia, instalada no Parque Tecnolóxico de Ourense, alén doutras actividades creatividades e participativas relacionadas cos vehículos aéreos e espaciais.
Actividades
Entre outras actividades, os asistentes ao campamento aprenderán a pilotar utilizando simuladores de voo profesionais, crearán plans de voo, montarán e pilotarán drons, iniciaranse na programación de placas electrónicas (Microbit e Arduino) e realizarán prototipos mediante impresión 3D.
Contidos
Sen dúbida, o campo da aeronáutica e o espazo é un dos que máis interese espertan entre o alumnado. O campamento, cun enfoque eminentemente práctico e experimental, oferta un conxunto de actividades didácticas e amenas que permitirán aos participantes introducirse nos conceptos básicos de aviónica e electrónica necesarios para o desenvolvemento de proxectos aeroespaciais. Así mesmo, cóntase con simuladores de voo que permitirán descubrir tanto as bases técnicas do manexo de avións como da preparación de plans de voo.
A XI Edición do Campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole estará dividida en dúas quendas de 5 días de duración cada unha.
Para 40 rapaces e rapazas por quenda de 2º ESO a 1º Bac.
1ª Quenda do 3 ao 7 de xullo
2ª Quenda do 10 ao 14 de xullo
Horario de 10:00h a 18:00h
Prezo 150 €
A Consellería de Educación publica as normas para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023-2024.
1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.
Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ademais da correspondente proba específica.
c) A titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria poderase suplir pola acreditación da superación dalgunha das seguintes probas:
– Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou a parte común da proba de acceso ao grao superior de formación profesional.
– Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso as ensinanzas artísticas superiores ou para o acceso as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.
2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.
Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión do título de bacharelato e superar a correspondente proba específica.
- Estar en posesión dun título de técnico ou técnica de formación profesional ou título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño, e superar a correspondente proba específica .
As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os 19 anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato e superar a correspondente proba específica.
Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato as persoas aspirantes que teñan superadas algunha das seguintes probas:
– Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
– Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.
3. Estará exento e exenta de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
– Título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.
– Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
– Licenciatura ou grao en Belas Artes.
– Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.
– Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño as persoas aspirantes que, estando en posesión dos requisitos académicos para o acceso, acredite ter experiencia laboral, de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao cal se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación: Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.
Prazos
O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ou de bacharelato, estará aberto ata o día 12 de xuño.
A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas estará aberto ata ata o día 22 de xuño.
Datas
Proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO e de titulación de bacharelato: realizarase o día 21 de xuño.
Proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao medio e de grao superior: realizarase o día 3 de xullo.
As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que estean inscritas as persoas aspirantes:
EASD Antonio Faílde, avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.
EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.
EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.
EASD Ramón Falcón, paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.
Máis información no DOG 2 de maio de 2023
Modelos de probas e máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110/all
Guía das titulacións das Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia EASD: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_explicativa.pdf
Artigo publicado en Child Mind Institute sobre consellos para pais e seguir apoiando ao seu fillo estudante universitario
A familia a principal rede de apoio para que se motive e adapte a todos os cambios, por tanto é necesario un plan no que o estudante debería colaborar no desenvolvemento do mesmo.
Máis información: Child Mind Institute
A Guía editada pola Universidade da Coruña, Fundación INGADA e Fundación María José Jove, fala tamén sobre o tema do alumnado universitario con TDAH
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
Artigo publicado en "Nova Revista" en decembro de 2022, analiza as adiccións a substancias máis presentes entre os mozos: alcol, tabaco, cánnabis e as adiccións comportamentais que xeralmente se realizan a través das tecnoloxías de información e comunicación.
Estamos ante un proceso de progreso ou estancamento?.
Neste artigo cítase o caso de Islandia que co seu programa "Mocidade en Islandia" (‘Youth in Iceland’) logrou poñer de acordo a investigadores, políticos, educadores e familias para desenvolver políticas educativas.
Máis información: Nueva Revista
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
A Fundación Mutua Madrileña e a FAD desenvolveron a iniciativa #NoLeDesAlCoco na que contaron coa colaboración de Sara Socas. A rapera desenvolveu un tema musical para concienciar sobre os problemas de saúde mental e animar a pedir axuda no caso de sufrilos.
Máis información: Fad juventud . Centro Reina Sofia sobre adolescencia y juventud
Recorda que o servizo Quérote+ da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
O informe de Save the Children (Des)información sexual: pornografía y adolescencia publicado no 2020 analiza como é o consumo de pornografía por parte dos adolescentes e como lles afecta nas súas relacións persoais.
Na investigación, na que participaron 1.753 mozos e mozas entre 13 e 17 anos, indícase que máis da metade dos dolescentes accederon por primeira vez ao porno antes dos 13 anos.
Noutro artigo, o Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud analiza este e outros informes da mesma temática, producindo unha síntese ben valiosa para coñecermos as cifras dun paradigma actual e preocupante no que cómpre dotar de ferramentas e coñecementos a nosa xuventude.
Recorda que o servizo Quérote+ da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto sobre sexualidade e adicións.
O Instituto da Mocidade convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+» durante 2023.
As persoas solicitantes deberán rexistrarse previamente segundo o procedemento establecido na Guía do Programa.
As persoas solicitantes deben presentar a súa solicitude electrónica utilizando unicamente os formularios específicos para cada acción e dispoñible no sitio web da Axencia Nacional http://www.injuve.es/erasmusplus/.
Prazo de presentación de solicitudes.
Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12.00 h (mediodía), hora de Bruxelas.
Para a Acción crave 1.- Mobilidade no ámbito da Mocidade
Oportunidades de mobilidade para organizacións Erasmus acreditadas no ámbito da mocidade:
- Ata o 23 de febreiro ás 12.00. (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen a partir do 1 de xuño de 2023.
Para proxectos de mobilidade para mozos/as (Intercambios Xuvenís), proxectos de mobilidade para traballadores no ámbito da Mocidade, e Actividades de participación xuvenil:
- Ata o 23 de febreiro ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2023;
- Ata o 4 de outubro ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2024.
Para proxectos para a acción de inclusión de DiscoverEU
- Ata o 23 de febreiro ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xullo de 2023 e o 31 de marzo de 2024;
- Ata o 4 de outubro ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de marzo e o 31 de agosto de 2024.
Para a Acción crave 2.- Asociacións para a cooperación e asociacións a pequena escala
- Ata o 22 de marzo ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2023;
- Ata o 4 de outubro ás 12.00.00 horas (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2024.
Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión.
- Promover a cidadanía activa entre mozas, en especial a europea.
- Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
- Favorecer o entendemento mutuo entre mozos.
- Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozas e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.
Ademais, o programa de traballo para 2023 da Axencia Nacional establece as seguintes prioridades nacionais, que serán tidas en conta na selección e valoración dos proxectos:
- De acordo con a realidade española e ligado ao feito de que España ostentará a Presidencia da UE no segundo semestre de 2023 considérase especialmente relevante para os proxectos KA2 a área temática Conectando a UE coa Mocidade.
Ademais do anterior, existen criterios de admisibilidad e valoración específicos para cada Acción e actividade, que se detallan na Guía do Programa Erasmus+.
http://www.injuve.es/erasmusplus
BOE do 25 de abril de 2023