Novas e actividades (1304)

A Universidade de Vigo presentou o catálogo de servizos do Campus Crea, un espazo web que aglutina información tanto das instalacións e servizos do campus de Pontevedra, como da súa oferta formativa e do labor investigador que nel se desenvolve. Trátase dunha ferramenta web que articula á súa vez a información dun xeito diferente segundo catro perfís de acceso, os do estudantado, persoal docente e investigador, empresas e público xeral.

https://campuscrea.webs.uvigo.es/ 

Polos creativos

Abr 27, 2022

A Consellería de Educación crea o programa de innovación educativa Polos creativos.

Os Polos creativos desenvolveranse en espazos físicos creados nos centros educativos, dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

Estes espazos funcionarán como núcleos dinamizadores no marco da Estratexia Educación Dixital 2030, de maneira que poderán albergar actividades de tipo obradoiro tanto para o profesorado como para o alumnado e, de ser o caso, as familias, desde unha óptica de aprendizaxe conxunta e comunitaria. Así mesmo, poderán desenvolver proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción. Tamén poden albergar prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala.

Funcionarán como centro de actividades en que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras.

Serán, por tanto, espazos abertos ás comunidades locais para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía, polo que ofertarán actividades formativas para os diversos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e fomentará especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas en actividades tanto de formación como de creación.

Poderán participar nos Polos creativos aqueles centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente.

Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

Máis información no DOG do 27 de abril de 2022

A Fundación de axuda contra a drogadicción, FAD, convoca “Desactiva os teus prexuízos. E pénsao outra vez” trátase dun proxecto de Facebook e Fad para previr e anticipar estereotipos negativos na adolescencia. Desenvolveuse un proxecto a dous anos con dous compoñentes básicos: investigación e acción educativa. A investigación permitiu identificar os filtros que elas e eles interpóñense á hora de actuar en sociedade e a acción educativa céntrase en disolvelos e en darlles protagonismo para a toma de conciencia dos mesmos.

O obxectivo é traballar con máis de 5.000 adolescentes de 14 a 17 anos.

Máis información: https://www.campusfad.org/desactiva-tus-prejuicios/

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca subvencións destinadas á organización do Programa CULTIVA, relacionadas coas estancias formativas de mocidade agricultora ou gandeira en explotacións modelo, para o ano 2022.

O Programa CULTIVA 2022 consiste en estancias de entre 5 e 14 días de formación que contribúan á transferencia de coñecemento e a formación práctica dos mozos e mozas profesionais agrarios.

As entidades beneficiarias deberán acompañar á súa solicitude un plan de estancias formativas co conxunto de explotacións modelo de acollida e as estancias programadas en cada unha delas. Este plan será de carácter suprautonómico e garantirá a presenza de explotacións con mulleres á fronte das mesmas. Ademais, todas as explotacións agrarias de acollida terán que estar vinculadas á entidade que as presente e ser modélicas desde o punto de vista da innovación, os medios produtivos, o modelo de negocio ou as características sociais, ambientais ou climáticas.

O conxunto dos plans presentados polas entidades solicitantes conformarán o Catálogo de Estancias Formativas de 2022 e será a base para a selección de estancias polos novos agricultores e gandeiros.

Este ano poderán participar no Programa CULTIVA aquela mocidade profesional instalada por primeira vez na actividade agraria como responsable de explotación en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017 e que tiñan menos de 41 anos no momento da súa incorporación ao sector. Na asignación das estancias formativas priorizaranse os mozos e mozas máis recentemente instalados, as mulleres agricultoras e gandeiras e aqueles que non participasen na programa do ano pasado.

As estancias formativas empezarán a desenvolverse no terceiro trimestre deste ano e estenderanse ata o 30 de xuño de 2023.

Prazos:
As entidades de acollida poden presentar as solicitudes ata o 23 de maio de 2022
A convocatoria para a mocidade gandeira ou agricultora abrirase unha vez seleccionadas as entidades de acollida e elaborado o catálogo de formación

https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/jovenes-rurales/visitas-formativas/ 

O Instituto da Xuventude (Injuve) solicita formalmente á Comisión Europea que estenda a celebración en 2022 do Ano Europeo da Mocidade a 2023 debido a que, por causa da sexta onda da pandemia do Covid-19, moitas das actividades previstas no marco da devandita conmemoración aínda non se puideron levar a cabo.
O principal obxectivo do Ano Europeo da Mocidade é devolver aos mozos europeos as perspectivas dun futuro mellor tras a pandemia, dándolles un papel protagonista como motor de cambio social, é de xustiza ampliar o desenvolvemento de todo o traballo previsto para que a mocidade teña o recoñecemento e a atención que merece por ser un dos colectivos máis afectados por esta crise sanitaria, económica e social.
Así o manifestou María Teresa Pérez, directora xeral do Injuve, na reunión da Rede de Axencias do Sur de Europa que reúne, do 9 ao 11 de marzo en San Cristóbal de la Laguna (Tenerife), aos directores que xestionan os programas Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidariedade, e na que España exerce como anfitrioa. Forman parte da devandita rede Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Macedonia, Portugal, Turquía, Chipre e Malta.
No transcurso deste encontro anual recoñeceuso o exito e a importancia que o programa europeo Erasmus tivo para a integración europea, recoñecemento que se traduciu na súa conversión en Erasmus+ ao incluír a educación non formal, é dicir, os proxectos de voluntariado e cooperación, como parte fundamental da integración, a inclusión e a cohesión europeas.
Neste sentido, fíxose fincapé na necesidade de reforzar a participación dos mozos/as nos órganos de deseño das políticas públicas. Pretendendo, deste xeito, garantir que todas as políticas europeas, xa sexan sobre medio ambiente, educación, vivenda, cultura ou emprego, teñan en conta as necesidades, os retos, as preocupacións e as reivindicacións dos mozos e das mozas.

Máis información

bliteratura2

A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) presenta A literatura galega nas súas voces, proxecto para achegar os contidos dixitais en galego á nenez e á mocidade, poñendo o foco nas nosas letras. Trátase de A literatura galega nas súas voces.

En total, a iniciativa ofrece 100 pezas audiovisuais de menos de 15 minutos de duración cada unha en que escritoras e escritores das nosas letras len fragmentos significativos das súas obras. O obxectivo é que estas lecturas e estes fragmentos constitúan “un documento valioso que resuma a súa obra e, á súa vez, ofreza valoracións das ditas personalidades sobre a creación, a cultura e o pensamento en xeral”.

Para ver todos os vídeos da lista de reprodución, cómpre premer na icona da esquina superior dereita dos vídeos de Youtube.

No contexto do Ano Europeo da Mocidade 2022 e a Conferencia sobre o Futuro de Europa, o Comité das Rexións Europeo, xunto co Foro de Mocidade Europeo, publicou o proceso de co-creación da Carta Europea de Mocidade e Democracia, que terá lugar a finais do 2022.

A Carta esforzarase por construír e consolidar un espazo aberto a democracia e mocidade para garantir que as voces da Mocidade son formal, continua e permanentemente representadas na Unión Europea.

Para lograr o obxectivo de empoderar e incluír á xente nova na toma de decisións, as propostas da Carta recompilaranse a través de procesos participativos como talleres e consultas en liña para permitir que os mozos expresen as súas ideas e debatan con representantes locais e rexionais e outras partes interesadas.

A Carta propoñerá recomendacións concretas relativas á participación democrática dos mozos na vida social, política e cívica en tres niveles de goberno: o nivel local e rexional, o nivel nacional e o nivel europeo.

A cerimonia de firma final levarase a cabo en decembro de 2022, na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións.

https://cor.europa.eu/es/our-work/Pages/charter-youth-democracy.aspx 

Aínda non se pode solicitar, pero xa se publicaron as condicións de uso.

Quen o podrá utilizar?
Poderán ser beneficiarios das axudas do Bono Cultural Mozo as persoas que reúnan os requisitos seguintes:
- Cumprir 18 anos durante o ano 2022.
- Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.

Serán gastos e actividades subvencionables a adquisición dos seguintes produtos, servizos e actividades culturais:
- Artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais: entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, ata un máximo de 200 euros por beneficiario.
- Produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD, ou os coñecidos como Blu-ray, ata un máximo de 100 euros por beneficiario.
- Consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, compra de cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (os coñecidos como podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas, ata un máximo de 100 euros por beneficiario.

Podes ver as normas do Bono Cultural Mozo no BOE do 23 de marzo de 2022

Coñeces o Plan de Emprego de Cruz Vermella?

Se estás desempregada/o e tes entre 16 e 29 anos e queres que te acompañen no teu proceso de procura de emprego a través da orientación, a formación e as ofertas de emprego de empresas ao longo deste ano... Ponte en contacto coa Cruz Vermella!

Que ofrece?
- Formación gratuíta que mellora as competencias das persoas participantes e adáptanse ao posto de traballo.
- Orientación laboral.
- Acompañamento personalizado cun orientador/a especializado/a.
- Interacción directa con empresas de referencia.
- Posibilidade de realizar prácticas laborais en empresas colaboradoras co Plan de Emprego.
- Bolsa de emprego

crifipe@cruzroja.es
Teléfono 981 59 69 69 Ext. 38694
Avda. de Lugo nº 42 . Santiago de Compostela. (diante do Centro de Saúde de Fontiñas)

https://lnkd.in/d6b4GdDD