Novas e actividades (1290)

BANDERA_UNION_EUROPEAA Unión Europea baixo o abano do programa Erasmus + aglutinará todos os programas postos en marcha no ámbito da educación, a formación, a xuventude e o deporte, substituíndo os sete proxectos actualmente vixentes, entre eles, o programa Xuventude en Acción que

finaliza a súa vixencia prevista para o período 2007/2013.

 Toda a información provisional sobre o novo programa Erasmus + se pode consultar no seguinte enlace:

 http://www.juventudenaccion.injuve.es/modules/news/news_0166.html?_locale=es

 

 

 No BOE nº 233, de 28 de setembro, publicouse a Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización.

Entrada en vigor: o 30 de setembro de 2013

Esta lei ten por obxecto apoiar ao emprendedor e a súa actividade empresarial, favorecer o seu desenvolvemento, crecemento e internacionalización e fomentar a cultura emprendedora e un entorno favorable á actividade económica, tanto nos momentos iniciais a comezar a actividade, como no seu posterior desenvolvemento, crecemento e internacionalización.

O novo texto normativo contén , entre outras, unha serie de medidas novedosas:

-          Crea a figura do emprendedor de responsabilidade limitada

-          En canto ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVA), establece un réxime especial de criterio de caixa

-          Establece unha nova figura de sociedade:  Sociedade  Limitada de Formación Sucesiva (SLFS)

-          Reflicte unha serie de accións para a redución das cargas administrativas para o/a emprendedor/a

-          Establece medidas para impulsar a contratación pública con emprendedores

-          Reforza o marco institucional de fomento da internacionalización

 

Consulta a nova lei no seguinte enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2013/09/28/pdfs/BOE-A-2013-10074.pdf

 

 

 

 

 

 

portada_setembroO boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, inclúe na súa edición deste mes unha reportaxe na que repasa algún dos campos de traballo máis significativos dos trece que se desenvolveron na campaña de verán que acaba de rematar. En total, ofreceron máis de 300 prazas, das que se beneficiaron tanto mozos e mozas galegas como doutras autonomías e de países dos cinco continentes. Neste intercambio, os xóvenes galegos tamén puideron acudir a campos de traballo fóra de Galicia. A preservación da natureza, a investigación do patrimonio histórico ou a bioconstrución foron algúns dos contidos destas iniciativas, que tamén contaron con diversas actividades complementarias de lecer.

 Ademais, nesta edición Xuventude.Novas dá conta de diversos investimentos que, tras a fin de tempada estival, se acometen nas instalación xuvenís autonómicas. O programa supón empregar máis dun millón de euros. Un dos principais será o do complexo xuvenil das Mariñas, no municipio coruñés de Bergondo, cunha serie de melloras valoradas en 300.000 euros. Non obstante, o programa de investimentos beneficiará a varios albergues e campamentos máis, con obras de mantemento e de reforma que teñen por obxectivo manter as instalacións en óptimas condicións de uso.

 Polo demais, este número recolle a información sobre o convenio asinado entre a Xunta e NovaGaliciaBanco para seguir impulsando o Carné Xove. Entre as novidades deste documento, que supera xa os 56.000 usuarios, está unha nova aplicación para teléfonos intelixentes, que por exemplo permite buscar tendas ou servizos que admitan o Carné Xove, ou recibir alertas coas novas ofertas do programa.

 Outro contido destacado deste número de Xuventude. Novas é unha reportaxe sobre a web/app ‘Orquestras de Galicia’, que puxeron en marcha con grande éxito dous xóvenes informáticos galegos: Samir Ferizovic e Diego Muíño. Entre as utilidades do seu servizo figura unha completísima axenda coas actuacións de múltiples orquestras, grupos, charangas, solistas, discotecas móbiles…, ademais dunha ampla información sobre eles.

 Por último, destaca, xusto antes da habitual axenda de actuacións musicais para as vindeiras semanas, unha entrevista coa banda de blues-rock ‘Nagai’, de Marín. Nela explican a súa traxectoria e o seu propósito de que nin os seus sons nin as súas letras deixen indiferente a ninguén.

Descarga o Xuventude.Novas

 Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

 

Esta iniciativa  desenvólvese en poucas cidades de Galicia, dado que para formar parte do proxecto requísese que o servizo conte con experiencia demostrada de máis de cinco anos en programas de prevención de VIH, contar con infraestrutura, os medios materiais e o persoal especializado.

 Neste sentido,  os centros Quérote +, como centros especializados en diferentes temáticas que tocan de maneira máis directa ou indirecta o VIH (como pode ser a educación sexual e a convivencia), céntranse en promover:

 -          Unha información científica actualizada sobre o VIH.

-          O diagnóstico precoz, coa realización da proba de detección en fluído oral (proba rápida do VIH).

-          Unha educación sexual desde a diversidade.

-          A idea de que a presenza do VIH non lle retira ás persoas a capacidade de sentir, de desexar, de buscar e recibir sensacións que lle xeneran benestar e pracer.

 Os centros Quérote + cumpren con todos os protocolos esixidos pola Consellería de Sanidade para levar a cabo a proba rápida no fluído oral , sempre dun xeito anónimo,  confidencial e de balde.

 Que é a proba rápida do VIH no fluído oral?

 É unha proba que detecta a presenza de anticorpos fronte ao virus da inmunodeficiencia humana (VIH) que e a causante do sida. A proba rápida faise cunha mostra de fluído oral.

 Onde podo informarme para facer a proba rápida do VIH no fluído oral?

Entre outros, nos centros Quérote + das seguintes localidades:

 -          Santiago de Compostela:

 Praza do Matadoiro, s/n.

Tel. 881997613

 -          Lugo:

 Complexo Xuvenil Lug

Rúa Pintor Corredoira, 4

Tel. 982241732

 -          Ourense

 Espazo Xove de Ourense

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27

Tel. 988231470

 -          Vigo

 Rúa Ferrería, 41

Tel. 986220717

 -          Ferrol

 Rúa Santa Comba, 61

Tel. 981317027

 -          A Coruña

 Praza de Ourense, 7 – 8, 1º esquerda

Tel. 981223913

 MAIS INFORMACIÓN

Rematou con éxito, en varias vilas galegas (Santiago, A Coruña, Ourense, Lugo e Vigo), o Curso de especialista de mediación xuvenil ofertado no Plan de Formación  da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2013 e impartido polo persoal dos centros Quérote +. Das máis de 600 inscricións recibidas, as persoas seleccionadas tiveron a oportunidade, a través deste curso, de coñecer os principios básicos da mediación xuvenil, escolar e familiar, traballar aspectos relacionados coa convivencia entre iguais, a diversidade funcional e a afectividade e a sexualidade.PAULA

A través de 5 módulos, as persoas participantes puideron adquirir unha serie de coñecementos básicos e unhas habilidades e ferramentas para aplicación no seu ámbito laboral e ou persoal. A maior parte dos módulos realizáronse en modalidade presencial, pero tamén tiveron que realizar traballos relacionados coas temáticas traballadas para poder completar o curso e recibir o certificado.

Número de horas: 150, das cales 90 foron en modalidade presencial e 60 a distancia.

Cursos (ou módulos):

-          Curso básico de mediación familiar e escolar

-          Curso intervención de mediadores/as en convivencia e relacións sociais

-          Curso básico de mediadores/as en intervención afectivo-sexual coa mocidade

-          Curso de mediadores/as en intervención na diversidade funcional

-          Curso ampliación mediadores/as en intervención afectivo-sexual

 Obtiveron o título de  Curso de Especialista en Mediación xuvenil os/as inscritos/as que realizaron os cinco módulos.

 Perfil das persoas participantes:

-          Mocidade que rematou estudos universitarios relacionados co ámbito do social (psicoloxía, pedagoxía, traballo social, educación social)

-          Traballadoras/es de centros socioculturais

-          Traballadores/as de Concellos

-          Mocidade vinculada co tecido asociativo

 

carnexove_frontal_201310% de desconto en calquera dos cursos online de GOOGLE ADWORDS co teu Carné Xove

decampus

 

Información: http://www.de-campus.com/

Ter coñecementos de marketing online é imprescindible para calquera negocio hoxe en día. Por iso a axencia de marketing online Desmarkt crea Decampus.

Decampus son tres modalidades de cursos online para aprender de forma didáctica como implementar campañas efectivas de PPC e Google Adwords.

Podes ver aquí as tres modalidades de cursos:

http://www.de-campus.com/apuntate-curso-sem.php

Para solicitar o desconto no curso é imprescindible acreditar ser titular do Carné Xove contactando a través deste formulario:

http://www.desmarkt.com/contacto/

Vixencia da oferta: Ata o 25 de setembro de 2014

Máis información