Certificados de profesionalidade
A Comunidade de Baleares abre o prazo do 15 ao 30 de setembro para participar no procedemento de recoñecemento de competencias profesionais de:
Información xuvenil.
Dinamización de actividades de tiempo libre educativo infantil y juvenil.
Dirección y coordinación de actividades de tiempo libre educativo infantil y juvenil.
Máis información: http://www.caib.es/eboibfront/es/2014/8346/543978/resolucion-de-la-consejera-de-educacion-cultura-y-
BOIB Núm. 096 - 17 / Julio / 2014
O Valedor do Pobo xunto coa Consellería de Educación, USC e Amtega realizaron o estudo "Mocidade on line" que evalúa os hábitos tecnolóxicos dos adolescentes
Fenómeno xeneralizado
Os resultados conseguidos permiten constatar que o uso de Internet entre os adolescentes galegos é un fenómeno absolutamente xeneralizado (o 97,8% utilizan Internet de xeito regular) cun 71,2% que se conectan á Rede todos os días e algo máis do 13% superan as cinco horas na mesma xornada. O mesmo pode dicirse das redes sociais, do teléfono móbil e de aplicacións de mensaxería instantánea como o Whatsapp.
O 93% dos adolescentes están rexistrados nalgunha rede social e máis da metade (51%) en catro ou máis. 9 de cada 10 adolescentes galegos de entre 12 e 17 anos teñen teléfono móbil. A idade media de acceso ao primeiro móbil é os 11,12 anos e 1 de cada 3 (33,7%) dispón de móbil antes de cumprir os 11. Por último, o 89,2% son usuarios de Whatsapp.
Os motivos polos que se conectan a Internet son moitos e variados, se ben destacan especialmente dous: precisamente o uso de aplicacións de mensaxería instantánea (75,3%) e o uso das redes sociais (66,7%).
Prácticas perigosas
O estudo inclúe datos referidos especificamente a determinadas prácticas que poderían ser consideras de risco ou potencialmente perigosas e que, nalgúns casos, chegan mesmo a constituír motivo de delito, como podería ser o ciberacoso, o sexting e a sextorsión.
Un 4% dos enquisados admitiron ter practicado sexting, ou nalgunha ocasión nos doce meses precedentes á realización do test enviaran a algún terceiro fotos ou vídeos de contido erótico ou sexual por medio de Internet. Tamén máis do 31% dos adolescentes recoñeceron ter contactado con descoñecidos no ciberespacio nun de cada tres casos quedaron fisicamente coa persoa estraña. Máis do 17% accederan a páxinas web de contido erótico.
Outras prácticas de risco evidencian a existencia de casos puntuais de acoso por medio das novas tecnoloxías entre adolescentes. Así preto dun 4% foron ameazados coa publicación de fotos ou vídeos propios sen consentimento. Un 9% sentiuse algunha vez ameazado ou humillado a través de Internet e case o 7% recoñecen ter ameazado, acosado ou humillado a outros no ciberespacio.
Uso problemático
Polo que se refire a un posible uso problemático de Internet, estímase que o 14,1% dos nosos adolescentes estarían nunha situación de risco medio-alto, mentres que o 4% presentaría xa signos manifestos dunha posible dependencia.
Os niveis de risco de uso problemático detectados son maiores entre os nenos cuxos pais non controlan o uso que fan de Internet respecto dos que o limitan, cunha porcentaxe maior tanto de casos en risco (21,2% vs. 16,3%) como de uso problemático (4,9% vs. 3,4%).
A realización dunha análise pormenorizada por segmentos sociodemográficos revela unha problemática particular no caso das mozas, con niveis de ciberacoso sensiblemente máis maiores que os mozos (11 vs. 6,9%), así como de uso problemático ou risco de dependencia (4,6% vs. 3,5%). Por cursos, os niveis de ciberacoso son maiores entre os alumnos/ás de 3º e 4º (9,9%) que entre os de 1º e 2º (8,8%), ao igual que de sexting (5,2 vs. 3%), de sextorsión (4,4% vs. 3,5%), quedar con descoñecidos (14,4% vs. 7,8%) e de uso problemático (4,4% vs. 3,7%). Todos estes datos sitúan nos 14-15 anos a idade de especial risco no uso de Internet.
Os niveis de risco detectados son tamén algo maiores nos centros privados concertados que nos públicos, con niveis maiores de ciberacoso (9,5% vs. 8,8%) e de risco de dependencia (5,2% vs. 3,6%).
Tamén se encontraron diferenzas en función do ámbito, con graos maiores de ciberacoso (9,5% vs. 8,2%) e de risco de dependencia (4,5% vs. 3,8%) no ámbito urbano que no rural.
Mocidade on line. Resultados
Segues as publicacións da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nas redes sociais? Coñeces as súas actividades? Canto sabes sobre os recursos para a mocidade que ten á túa disposición?
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha un concurso nas súas redes sociais que se desenvolverá dende o 1 e o 30 de setembro de 2014 para os efectos de agasallar aos seus seguidores.
PROCEDEMENTO DO CONCURSO
Metodoloxía.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado durante o mes de setembro publicará, de xeito aleatorio nas redes sociais Facebook e Twitter, 1 ou 2 preguntas relacionadas coa súa actividade.
As preguntas serán formuladas e publicadas a calquera hora do día comprendida entre as 09:00 e as 20:00 horas de luns a venres entre o 1 e o 30 de setembro.
O primeiro usuario ou usuaria que responda correctamente e que comparta a nosa publicación de xeito público en Facebook (para que non só os seus contactos, senón calquera usuario da rede poda velo), ou a retuitee no caso de Twitter, será o gañador dunha camiseta da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Para a obtención do agasallo obrigatoriamente deberán darse as dúas condicións: resposta correcta e que a publicación sexa compartida de xeito público.
Este concurso prevé a entrega dun único premio por persoa.
Procedemento de entrega da camiseta.- Tras comprobar que a resposta é axeitada, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porase en contacto co gañador a través dunha mensaxe privada pola rede social na que se formulou a pregunta, solicitando os datos necesarios para facerlle chegar o agasallo.
No caso de que o gañador ou gañadora non facilite estes datos ou sexan incompletos, perderá o seu dereito ao agasallo. Estes datos en ningún caso serán publicados.
Se o primeiro/a premiado perde o seu dereito ao agasallo, ou renuncia, procederase a adxudicar o premio ao seguinte usuario/a que respondera correctamente.
TEMAS
A temática das preguntas será variada, podendo abranguer calquera das actividades, programas e iniciativas realizadas dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, recollidas nos portais www.xuventude.xunta.es / www.xuventude.net , www.voluntariadogalego.org, e nos perfís nas redes sociais Facebook (https://www.facebook.com/xuventude.net) e Twitter (@xuventude).
PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais facilitados polos/as participantes nesta actividade serán susceptibles de tratamento estritamente confidencial, con finalidades técnicas, nun ficheiro no que o seu responsable será a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, autorizando a todos e cada un dos participantes para facer uso dos seus datos persoais para o fin correspondente.
Os/as participantes poderán acceder a este ficheiro en calquera momento e exercer os seus dereitos de modificación, rectificación e/ou cancelación dos mesmos, coa simple comunicación por escrito á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O Ministerio de Emprego convoca subvencións para a execución dun programa específico, de ámbito estatal, coa finalidade de mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional de mozos menores de 30 anos, con especial atención aos que se achan en situación de desemprego e aos de baixa cualificación, mediante proxectos formativos que inclúan accións de formación profesional para o emprego dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade e para o acceso a estes, accións formativas con compromiso de contratación e accións formativas vinculadas con competencias en tecnoloxías da información e a comunicación e idiomas.
Serán subvencionables:
a) Accións formativas que inclúan compromisos de contratación e respondan ás necesidades de cualificación e/ou aos requirimentos específicos de emprego dos mozos desempregados.
b) Accións formativas, de modalidade presencial, vinculadas a un ou varios certificados de profesionalidade, coa acreditación correspondente para os que superen o proceso formativo e competencias clave.
c) Accións formativas dirixidas á adquisición de competencias en linguas estranxeiras e competencias en tecnoloxías da información e a comunicación.
A entidade beneficiaria deberá facilitar a realización do módulo de formación práctica a aqueles participantes que no momento da impartición da formación completen a totalidade dos módulos dun certificado de profesionalidade e non estean exentos da realización do módulo de formación práctica, sempre que o devandito módulo estea incluído no proxecto formativo.
Destinatarios:
Mozos menores de 30 anos, con especial atención aos de baixa cualificación e aos que se achan en situación de desemprego, que desexen mellorar as súas competencias profesionais para aumentar as súas posibilidades de inserción ou permanencia no mercado de traballo.
Para os proxectos cuxos destinatarios sexan mozos beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, os participantes deberán estar inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen que se requira a súa inscrición como demandante de emprego.
Entidades beneficiarias:
a) As empresas con centros de traballo en máis dunha comunidade autónoma, que acheguen compromisos de contratación.
b) Os grupos de empresas que teñan unha dirección efectiva común ou estean formadas por filiais dunha mesma empresa matriz, con presenza en máis dunha comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de Autonomía, que acheguen compromisos de contratación.
c) Os centros ou entidades de formación con implantación en máis dunha comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de Autonomía, acreditados no certificado ou certificados de profesionalidade para os que presenten o proxecto formativo.
As solicitudes de subvención tramitaranse de forma electrónica mediante a aplicación informática que estará a disposición das entidades solicitantes na páxina web da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego
www.fundaciontripartita.org
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberta ata o 18 de setembro de 2014.
Máis información no BOE do 29 de agosto de 2014.