Novas e actividades (1313)

A Xunta de Galicia está a elaborar unha nova lei de transparencia e bo goberno. Interésanos a súa opinión ao obxecto de acadar una lei o máis consensuada posible tendo en conta as súas 
achegas.

É por iso que poñemos á súa disposición este espazo para que, ata o vindeiro 4 de marzo, formule as propostas e suxestións a incluír na futura lei de transparencia.

Unha vez que ese texto sexa elaborado, será sometido novamente á súa participación. No seguinte enlace podes acceder ao formulario de participación:

http://cpapx.xunta.es/formulario-de-participacion-cidada

aquiSi-CarneXove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, coa colaboración da SD Compostela, invítante a participar no sorteo do Carné Xove desta semana.

Sorteamos 10 lotes de 2 entradas para encontro entre a SD Compostela e o Club Marino de Luanco, que se celebrará o día 1 de marzo ás 17 horas, no Estadio Municipal de San Lázaro.

Podes participar enviando xa o formulario ata as 9.00 h do martes, día 23 de febreiro de 2015.

A entradas poderanse retirar nas oficinas da SD Compostela, no estadio de San Lázaro, na semana anterior o encontro, ou nas taquillas do estadio o mesmo día do partido. O gañador deberá presentar o carné xove en vigor.


GAÑADORES

  1. Ana de Paz
  2. Alberto Fernández Boo
  3. María Lara González Fernández
  4. Antía Martínez Abal
  5. Beatriz Oves Suarez
  6. Alejandro Pereira Mella
  7. Pilar Lago Martínez
  8. Luis Velasco Martínez
  9. Francisco Fraga Calvo
  10. Alaba Carril Gato

campamentoAta o día 16 de febreiro está aberto o prazo para solicitar o uso de instalacións xuvenís, en oferta concertada, durante o período comprendido entre o 1 de marzo e o 14 de xuño de 2015.

http://xuventude.xunta.es/oferta-concertada-fora-do-periodo-da-campana-de-veran.html

cmixacoruaO CMIX da Coruña ofrece dous novos servizos informativos para a mocidade: un servizo de asesoramento de iniciativas xuvenís e un servizo de orientación legal.
O servizo de asesoramento de inciativas xuvenís estará dispoñible no horario de atención ao público do CMIX. O servizo de orientación legal estará aberto de luns a xoves de 17 a 20 h., e permanecerá pechado no mes de agosto.
Ademais o servizo de asesoramento ás iniciativas xuvenís do CMIX xestiona a cesión de espacios a asociacions e grupos non formais no edificio Fórum Metropolitano.

Servizo de asesoramiento de iniciativas xuvenís
A través deste servizo preténdese ofrecer un servizo de asesoramiento integral a asociacións e grupos non formais de mozos. Deste xeito no CMIX poderase:
Recibir apoio durante todo o proceso de creación dunha asociación.
Ser informados sobre axudas, subvencións e de como se realizan os procesos de solicitude destas convocatorias.
Difundir a través das canles do CMIX as iniciativas de interese xuvenil realizados por estas entidades.
Ademais tamén se cederán espazos no Fórum Metropolitano a entidades xuvenís ou entidades que realicen eventos de interese xuvenil e que non teñan ánimo de lucro. Estes espazos poderán solicitarse no Centro Municipal de Información Xuvenil.

Servizo de orientación legal:
Este servizo, atendido por unha licenciada en dereito, ten como obxectivo informar de forma personalizada e gratuita sobre diversos temas de ámbito xurídico que afectan habitualmente ás persoas novas: dereitos da mocidade, como facer un recurso ou unha reclamación, temas relacionados coa vivenda, multas, etc.
Destinado preferentemente á mocidade en horario de luns a xoves de 17 a 20 h. Esta aberto todo o ano, excepto o mes de agosto.
Este servizo non inclúe, en ningún caso, defensa legal, e o usuario deberá recurrir aos servizos dun avogado/a, particular ou de oficio, cando se plantexa unha demanda xudicial.

Máis información

Centro municipal de información xuvenil
R/ Río Monelos 1
15006 A Coruña

Teléfono: 981 184 294
cmix@coruna.es
www.coruna.es/nex

portadaxaneiro2015A nova edición de Xuventude.Novas leva á súa portada o proxecto ‘Carmeliña’, unha fotonovela creada por un equipo dirixido por Alberto Ardid e que contou co apoio do programa Iniciativa Xove, da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado. O traballo supón recuperar un xénero que estaba en desuso. Cunha perspectiva moi creativa e cun resultado de elevada calidade, reflicte o conflicto social e sobre todo o choque cultural que supuxo a chegada dos primeiros nudistas á zona do Morrazo.

Sen abandonar os contidos relacionados coa creatividade xuvenil, o boletín interactivo da dirección xeral ofrece tamén unha entrevista con Brais Rodríguez Trigo, o gañador do certame Xuventude Crea na súa categoría de graffiti. Rodríguez explica algunhas características de ‘Estilo Salvaxe’, o traballo co que gañou, comenta a crecente valoración social desta modalidade artística e reflexiona sobre o graffiti, que para el debe manter a súa condición de “ilegal”.

Outro contido destacado deste número é unha reportaxe sobre o Laboratorio de Radio impulsado por dous xóvenes xornalistas desde a comarca de Betanzos. En centros educativos e en instalación como o Espazo Xove betanceiro, desenvolven clases e obradoiros para que os máis novos aprendan a elaborar programas radiofónicos e á vez descubran a que chaman ‘radio de contido’, da que perciben que cada vez ten menos oíntes xóvenes. A experiencia destaca pola súa boa acollida e os resultados, coa rápida asimilación da linguaxe radiofónica por parte dos participantes.

A victoria no certame de emprendemento Yuzz dos galegos Adrián Canedo e Víctor Álvarez tamén merece un espazo destacado nesta edición. O seu proxecto Situm, que facilita a localización en interiores con teléfonos móbiles e que ten interesantes aplicacións en centros comerciais e en infraestruturas públicas, recibe 30.000 euros. Con esta contía, poderán dar novos pasos como iniciativa empresarial.

Por último, o Xuventude.Novas detalla algúns dos beneficios que terá o novo programa de garantía xuvenil, asinado pola Xunta e os axentes sociais. Suporá o investimento de 48,8 millóns de euros e favorecerá a empregabilidade de mozos e mozas de entre 16 e 25 anos, con medidas de formación, apoios á consecución de experiencia laboral e incentivos á contratación, ás altas como autónomos e á incorporación xuvenil a proxectos cooperativos.

A habitual axenda de espectáculos e de actuacións musicais por toda Galicia para as vindeiras semanas completa esta edición.

Xuventude.Novas de xaneiro de 2015

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.