Novas e actividades (1308)

portada_febreiro_2015A nova edición de Xuventude.Novas leva á súa portada o Parlamento Xove 2015, que a pasada fin de semana celebrou a fase clasificatoria na categoría de Bacharelato e que o vindeiro 7 de marzo decidirá que equipos da ESO pasan á final, prevista para o sábado 18 de abril no Parlamento de Galicia. Así pois, os distintos equipos da ESO esfórzanse estes días en preparar os dossieres de investigación e en ensaiar as técnicas de dialéctica coas que sorprender aos seus rivais no debate.

Ademais, esta edición do boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude dá conta dos resultados de varios dos programas de mobilidade efectuados nos últimos meses. Trátase do Eurogal, que facilitou prácticas formativas para 45 xóvenes galegos de diversas especialidades en seis países europeos. Estas bolsas servíronlles para acentuar o seu perfil académico e tamén para mellorar a súa capacidade cos idiomas, con vistas a mellorar a súa capacidade de inserción laboral a curto prazo. Neste sentido, Xuventude.Novas ofrece tamén unha peza con información sobre un intercambio entre mozos e mozas gregos e galegos que tivo lugar en Pontevedra e que serviu para informarse sobre programas de mobilidade e de educación non formal.

Outra reportaxe destacada deste número é a dedicada ao grupo informal MilRivus, que elaborou un estudo sobre o estado de conservación e as posibilidades de restauración dos ríos máis relevantes da provincia de Pontevedra. Este é un proxecto de estudantes e titulados da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, apoiado polo programa Iniciativa Xove. Nel verifican o estado de cada un dos ecosistemas fluviais, propoñen medidas para preservar e mellorar o seu estado e avalían as tarefas que xa se acometeron nos últimos anos.

Dentro da serie de entrevistas cos gañadores do certame artístico Xuventude Crea, este mes os protagonistas son os integrantes do grupo santiagués Blue Meth State, gañadores do concurso na súa modalidade de música. Ademais de recoñecer que non agardaban o primeiro premio porque o seu estilo musical non é o máis frecuente nos certames, explican os preparativos para publicar un disco e as dificultades que están tendo para organizar concertos de presentación. Agradecen o impulso que lles supuxo este premio e advirten de que en canto saia o disco e poidan subir ao escenario “xa non imos parar”.

Por outra parte, Xuventude.Novas explica como participar nas votacións para escoller o ‘Cociñeiro do Ano’, nun certame con cinco xóvenes aspirantes galegos que foi convocado con motivo do Fórum Gastronómico na Coruña. Os participantes na elección a través de internet entrarán nun sorteo dunha comida en cada un dos restaurantes nos que traballan Alberto Lareo, Gorka Rodríguez, Iñaki Bretal, María Varela e Nacho Rodríguez. A habitual axenda de espectáculos e de actuacións musicais por toda Galicia para as vindeiras semanas completa esta edición.

Xuventude.Novas de febreiro de 2015

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

LOGO_RIXNo DOG do 3 de marzo de 2015 publicanse as subvencións concedidas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación durante o ano 2014

Máis inforamción:  DOG do 3 de marzo de 2015

iniciativaxoveNo DOG do 3 de marzo de 2015 publicanse as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

Asociación Xuvenil Amencer. Proxecto Trisquel: 3.000 €
Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO). Proxecto Teatrómica: 4.000 €
Asociación Down Ourense. Proxecto Autoxestiono o meu tempo de ocio: 4.000 €
Asociación Cultural Rebulir. Proxecto Somos senlleiros, comunidade tradición e desenvolvemento rural: 3.650 €
Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple (AODEM). Proxecto Escapadas múltiples II: 2.002 €
Asociación Xuvenil Arteficial. Proxecto Arteficial 2014: 4.000 €
Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos. Proxecto Innovación xuvenil sobre a cultura tradicional: 3.954 €

 

Este programa está dirixido a xóvenes desempregados con ou sen estudos. Para inscribirse é necesario facelo na Cámara de comercio
máis próxima con DNI e un curriculum. Máis información http://www.injuve.es/empleo/noticia/quieres-ser-un-joven-pice

Este programa está dirixido a xóvenes desempregados con ou sen estudos. Para inscribirse é necesario facelo na Cámara de comerciomáis próxima con DNI e un curriculum. Máis información http://www.injuve.es/empleo/noticia/quieres-ser-un-joven-pice

 

movic15

A inscrición no programa “Visualizando Iniciativa Xove” continuará aberta ata esgotar as prazas dispoñibles. O programa trata de crear un espazo para a reflexión e a posta en común das experiencias levadas a cabo no ámbito do programa ‘Iniciativa Xove’, que supuxo a aposta por un novo modelo de participación xuvenil, no marco da renovación das políticas de xuventude cara programas que melloren ou faciliten a empregabilidade e o emprendemento a través da educación non formal da mocidade.

O proxecto foi seleccionado pola Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) dentro da convocatoria do programa MOVIC 2015. O programa MOVIC, no que poden participar as distintas comunidades autónomas, ten entre os seus obxectivos os de promocionar os albergues xuvenís e, á súa vez, fomentar a mobilidade xuvenil e os intercambios culturais entre os mozos e mozas a través da aprendizaxe mutua, facilitar a súa inserción mercado laboral, fomentar o espírito emprendedor da xuventude ou concienciar e formar en valores, entre outras.

A iniciativa terá lugar no Albergue ArtSurfCamp de Carballo. Disponse dun total de 30 prazas, que se cubrirán entre participantes no programa que teñan menos de 35 anos. Haberá un máximo de tres persoas por proxecto.

En paralelo ás actividades, gravarase unha reportaxe de docuficción na que se promocionarán as iniciativas dos asistentes, co dobre obxectivo de fomentar e contaxiar o espírito emprendedor nos mozos/as da sociedade e de ser un escaparate dos proxectos realizados conseguindo un efecto multiplicador. O vídeo servirá tamén de demostración das aptitudes dos mozos e mozas participantes poñéndoas en valor para facilitar a súa empregabilidade.

Ademais, tamén haberá unha parte lúdica, na que as persoas participantes terán a opción de iniciarse no surf ou ben coñecer o espazo próximo ao albergue incluído na Rede Natura a través dunha visita guiada.

A participación no programa é totalmente gratuíta.

 

Consulta o programa de actividades

Formulario de inscrición

aquiSi-CarneXove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, coa colaboración da SD Compostela, invítante a participar no sorteo do Carné Xove desta semana.

Sorteamos 10 lotes de 2 entradas para encontro entre a SD Compostela e o Atlético Astorga, que se celebrará o día 29 de marzo, no Estadio Municipal de San Lázaro.

Podes participar enviando xa o formulario ata as 9.00 h do martes, día 23 de marzo de 2015.

A entradas poderanse retirar nas oficinas da SD Compostela, no estadio de San Lázaro, na semana anterior o encontro, ou nas taquillas do estadio o mesmo día do partido. O gañador deberá presentar o carné xove en vigor.

jovenes-y-genero_83041a50a04bbf462c64818994a8ba80O Centro Reina Sofía sobre adolescencia e xuventude ven de publicar o informe "Jóvenes y género, el estado de la cuestión"

O obxectivo deste monográfico é analizar as actitudes e os comportamentos dos mozos e das mozas, así como diferentes elementos do contexto en que se socializan, dende unha perspectiva de xénero. A partir dunha mirada ampla e comprensiva, trátase de coñecer en que medida existen diferenzas entre rapaces e rapazas en cuestións relacionadas coa saúde, as relacións familiares, a sexualidade, a educación e o acceso ao emprego, o valores, o uso do tempo libre, o uso das TIC ou a violencia de xénero.

O estudo foi elaborado a partir da análise e a comparación de numerosas fontes secundarias, nacionais e europeas, que miden e cuantifican todos eses parámetros aos que nos referimos (demografía, traballo, saúde, vivenda, valores, etc.).

Máis información:
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/Dossierprensa/Jvenes_y_Gnero-El_estado_de_la_cuestin.pdf