Novas e actividades (1303)

portadaxuo2015Xuventude.Novas, a revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ofrece como contido destacado na súa nova edición unha selección de praias fluviais en Galicia. Trátase dunha recomendación fresca de lecer alternativo coa que fuxir da masificación da costa. A reportaxe detense en catro espazos, un por provincia, entre eles a praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas, a primeira deste tipo que ve recoñecida a súa calidade cunha bandeira azul. Non obstante, por toda a xeografía galega pódense atopar múltiples áreas deste tipo, que ben se poden ter en conta para as vindeiras semanas de elevadas temperaturas. Ademais, a reportaxe dá unha serie de indicacións para combinar as saídas ás praias fluviais coas deceas de rutas de sendeirismo homologadas existentes por toda Galicia.

Neste novo número, proseguen as entrevistas cos gañadores do certame Xuventude Crea. Nesta ocasión, Charo López, a gañadora da modalidade de poesía, explica as súas premisas á hora de escribir nun xénero no que confesa sentirse “moi cómoda, aínda que non teña moi clara a razón”. López, por certo, acadou recentemente o prestixioso premio Fiz Vergara Vilariño. Xusto na tarde en que foi realizada a entrevista acababan de comunicarllo.

Por outra parte, na serie de reportaxes sobre as actividades impulsadas polo programa Iniciativa Xove descríbese o proxecto Onda Miñor, co que o grupo informal Val de Ondas de Nigrán (Pontevedra) desenvolveu cursos de iniciación ao medio radiofónico, con nocións teóricas e a realización de espazos propios que difundiron a través das redes sociais. Parte do equipo continúa agora cunha actividade semellante para rapaces e rapazas con discapacidade, en colaboración coa Fundación Igual Arte.

Ademais, Xuventude.Novas dedica unha das súas páxinas a informar sobre a intención de que a figura dos correspondentes xuvenís 3.0 chegue a máis vilas e ciudades no vindeiro curso. No que rematou recentemente, houbo 383 mozos e mozas divulgando información de interese xuvenil entre os seus compañeiros de 75 centros educativos. Foi unha etapa experimental que, á vista da eficacia e dos bos resultados demostrados, a Dirección Xeral pretende intensificar.

A convocatoria de axudas para entidades da mocidade do Injuve, as últimas prazas dispoñibles nos campos de traballo deste verán, e a toma de posesión de Cecilia Vázquez como nova directora xeral de Xuventude e Voluntariado, en relevo de Ovidio Rodeiro, son outros contidos da publicación, que por suposto non esquece a axenda de concertos e actuacións para as vindeiras semanas.

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Xuventude.Novas de xuño de 2015

correspondentes_MEISNos IES Urbano Lugrís de Malpica e no IES de Meis fixeron unha entrega oficial dos certificados de voluntariado aos participantes no programa Correspondentes Xuvenís 3.0.

 

 

 

 

CORRESPONDENTES_URBANO_LUGRIS

 

 

 

Boas vacacións a todas e todos!!

accion_veranNo seguinte enlace podes consultar as prazas libres na fase de resultas na Acción de verán 2015. 

http://www.xunta.es/sxpa/vp302c/inicializa.do

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias e moda
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame


xuventudecrea2015

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2015.

 

A quen vai dirixido?


Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2015.

Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.

Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.

Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Correspondentes_Saturnino_Montojo_2015Aquí está o alumnado que participou no programa Correspondentes Xuvenís 3.0 dende o IES Saturnino Montojo de Ferrol.

Publicaron varios artigos na web do seu instituto sobre programas de mobilidade europea, sobre Correspondentes Xuvernís é tamén sobre o programa Xuventude Promete.

Parabéns polo traballo desenvolvido ao longo do curso!!!

En cumprimento do artigo 12.3 da Orde do 27 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro 2015, se procede a publicar a relación provisional de entidades, concellos e agrupacións de concellos admitidos e excluídos coa puntuación obtida e a cantidade adxudicada.

As persoas interesadas terán un prazo de 5 días hábiles posteriores ao día da publicación na web, para efectuar as reclamacións que consideren oportunas.

Descarga aquí a relación

INJUVE2No BOE do 22 de xuño de 2015 publícanse as bases reguladoras para a concesión de subvencións por parte do INJUVE para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude de ámbito estatal.

Requisitos dos beneficiarios.
1. Poderán acceder ás subvencións as entidades e organizacións no que reúnan os seguintes requisitos á data de publicación das correspondentes convocatorias:
a) Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo de ámbito estatal en función do tipo de entidade de que se trate como:
1. º Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións xuvenís.
2. º Seccións xuvenís de entidades sociais ou organizacións no que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
3. º Entidades prestadoras de servizos á xuventude, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da xuventude segundo previsión expresa nos seus Estatutos.
b) Ter ámbito de actuación estatal, segundo o seu título constitutivo.
c) Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias comunidades autónomas.
d) Carecer de fins de lucro. A estes efectos consideraranse tamén entidades sen fins de lucro aquelas que desenvolvan actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes destas se invistan na súa totalidade no cumprimento dos seus fins institucionais, non comerciais.
e) Aqueles que se determinen nas correspondentes convocatorias.
f) Acharse ao corrente das obrigas tributarias e de Seguridade Social.
g) Ter xustificado, se é o caso, suficientemente, as axudas económicas recibidas con anterioridade do Instituto da Xuventude.
h) Dispoñer da estrutura e capacidade abondo para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia necesaria para iso.
i) Non estar incursas no resto das prohibicións que, para obter a condición de beneficiario de subvencións, se establecen no artigo 13, apartados 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Máis información no BOE do 22 de xuño de 2015

campoTraballo54INSCRIBETE!!! ULTIMAS PRAZAS EN CAMPOS DE TRABALLO:

A CORUÑA PRAZAS
Código
Campo

415001
MONTE BRANCO 2
415002
DRAGAL 1
415003
HORTA DO MUIÑO 1
415004
CONCA DO BRADOSO 3
415005
CONCA DO ACHEIRO 3
415006
PADRÓN NO CAMIÑO 3
LUGO
Código
Campo

427001
CAMIÑO DE INVERNO 2
427002
CASA NEVEIRA 3
427003
CASTROMAIOR 5
OURENSE
Código
Campo

432001
A PEROXA 7
432003
DO AUDIOVISUAL GALEGO 2
432004
ALDEA DE SALGUEIRO 3
432005
CONSERVACION DOS SOUTOS 3
PONTEVEDRA
Código
Campo

436001
EMPRENDEMENTO VERDE NO RURAL 3
436002
SALNÉS 2
436003
O BOSQUE FLOTANTE 1

Información e inscrición