Novas e actividades (1314)

IPDJ (Instituto Português do Desporto e da Juventude) no marco do  proxecto Emprende convoca o Fórum mozo de emprendemento  transfronteirizo, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP). O proxecto Emprende ten por obxectivo a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português do Desporto e da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

No marco desta colaboración  resérvanse 8 prazas para a mocidade galega interesada en participar.

Obxectivos do Fórum:

-Reunir a mocidade, asociacións xuvenís, mozos empresarios e empresas, para en conxunto reflexionar sobre as novas actitudes e comportamentos nunha lóxica emprendedora en resposta aos novos desafíos dunha sociedade competitiva e global.

- Dotar a mocidade de coñecementos e ferramentas para a creación do propio negocio

-Identificar oportunidades de negocios na zona transfronteiriza de Tras-os-Montes e Galiza

-Promover e divulgar proxectos innovadores da mocidade emprendedora da rexión

-Fomentar o contacto entre as persoas novas e empresarios de diversos ramos de actividade

-Contactar coa realidade empresarial da zona transfronteiriza de Tras-os-Montes e Galiza

-Estreitar lazos tranfronteirizos.

Destinatarios: Mocidade galega con idade igual ou inferior a 35 anos.

Datas e lugar do fórum:  22 e 23 de setembro de 2015

-Local NERBA-Associaçao Empresarial – Bragança

A organización cubre  o aloxamento e manutención das persoas participantes. O desprazamento desde Galicia será por conta de cada unha das persoas interesadas.

Prazo de inscrición: Ata o día 17 de setembro.

Os/as participantes serán seleccionados/as por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado/a para participar.

Para mais información: galeuropa@xunta.es

Teléfono  981 545 937

PROGRAMA

INSCRICIÓN

 

O Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas prazas,dirixidas a rapaces/as apuntados en Garantía Xuvenil, para prácticas en institutos, centros e unidades do Centro Superior de Investigación Científicas, cunha duración de dous anos remunerados.
A titulación requirida é Formación Profesional de Técnico Supeior ou Técnico Espacialista equivalent.
A dotación económica é 13.598 euros e 16.998 euros o segundo ano.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de setembro e 2015. Máis información www.060.es

 

 

Xa está publicada, a relación definitiva das axudas a entidades sen ánimo de lucro de mobilidade transnacional xuvenil  (Galeuropa)

Galeuropa2015

 

GALEUROPALOGO2015

 

Xa está publicada, a relación provisional das axudas a entidades sen ánimo de lucro de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa).

Xa está publicada, a relación definitiva das axudas individuais de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa).

 

Galeuropa2015

 

EMPRENDEDORESEsta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2015 dos programas de incentivos á contratación por conta alleq que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través dos seguintes programas:
- Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
- Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos , as persoas empregadoras e as empresas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de setembro de 2015.

 

 

 

directora_traballoA Consellería de Traballo e Benestar, convoca estas axudas (2,3 millóns de euros) dirixidas a mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
As axudas para a posta en marcha de iniciativas de autoemprego xuvenil, teñen unha contía de 1.200 euros. Para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, é necesario ter nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en España, non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.