A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha un seminario que ten por finalidade axudar aos mozos e mozas a desenvolver o seu talento en relación coa búsqueda de emprego.
O seminario que se realizará nas cidades de Ourense e Vigo está enmarcado dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade.
A finalidade é fomentar o espírito emprendedor na mocidade, fortalecer a capacidade de convición para desenvolver as fortalezas, a capacidade e actitudes que permitan afianzar aos participantes as súas ideas para o futuro que desexan.
A temática do seminario abordará :
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
Número máximo de participantes: 15
Número de participantes mínimo para que se realice o seminario: 5
Lugares, datas e horario:
Ourense: día 10 de setembro de 16,30 a 20.30 horas, Espazo Xove (R/Celso Emilio Ferreiro, 27)
Vigo: día 11 de setembro de 10 a 14 horas, na Casa do Deporte (R/ Fotógrafo Luis Ksado, 17)
Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada xornada.
As persoas participantes serán seleccionadas por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionadas para participar.
Para mais información: galeuropa@xunta.es
Teléfono 981 544 645
No DOG do 7 de agosto de 2015 publícanse as instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2015/16.
Os aspectos que se regulan son os seguintes:
Renuncia, anulación e baixa de oficio de matrícula
Perda do dereito á avaliación continua nos ciclos de grao medio e de grao superior
Validacións e exencións de módulos profesionais
Solicitude de convocatoria extraordinaria
Horario do ciclo formativo
Horario do profesorado de centros públicos
Titoría de ciclos
Títulos
Módulo profesional de Segunda lingua estranxeira
Módulo profesional de Proxecto integrado
Módulo profesional de Proxecto
Matrícula de honra en ciclos formativos
Actas de avaliación en centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Realización do módulo de Formación en centros de traballo en títulos extinguidos
Máis información no DOG do 7 de agosto e en www.edu.xunta.es/fp
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia ten un proxecto en Moldavia no marco do Erasmus + e busca 2 participantes:
- O proxecto executarase en Vadul lui Voda, República de Moldova entre o 10 e 19 de outubro 2015 (10 é o día de chegada e 19 de ser o día da saída).
- O proxecto "A túa Europa" é un curso de capacitación de 8 días nos que se reúnen 24 mozos de Croacia, Dinamarca, Xeorxia, Grecia, Hungría, Italia, Lituania, Moldavia, Romanía, España,Turquía e Ucraína. A capacitación ten como obxectivo fortalecer a cidadanía europea entre os cidadáns da UE, así como entre os mozos que viven en países candidatos e posibles candidatos á UE. A capacitación incluirá exercicios interactivos, talleres, presentacións, debates ytrabajo en equipo.
- Cada socio seleccionamos a 2 participantes.
- Perfil dos participantes:
Para participar, os candidatos deben ser maior de 18 anos de idade e deben cumprir coa
seguintes requisitos:
. Ser un "líder" de mozos, un "líder" ou representante dun grupo ou asociación ou que participan na sociedade civil activa;
. Ter unha boa conduta en Inglés;
. Ser capaz de asistir a toda a formación;
. Estar comprometido a multiplicar os resultados da formación nas comunidades locais.
Os candidatos que non cumpran os requisitos, non serán aceptados.
- Solicitude e procedemento de selección
As organizacións asociadas son responsables de nomear polo menos 2 participantes para a formación/curso. Os interesados deberán enviar o seu nome, apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento e número de teléfono, antes do 15 de agosto ao seguinte email:
omix.ribadavia@gmail.com
Máis información na OMIX de Ribadavia, teléfono 988 471 929
Xa está publicada, na sección de Programas Europeos, a relación definitiva de Concellos beneficiarios do programa Galeuropa.
Concellos beneficiarios
A revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude. Novas, ten como un dos principais contidos deste mes unha entrevista con Sheila Pazos, gañadora do certame artístico Xuventude Crea na modalidade de moda. Pazos explica na conversa a inspiración suíza da colección ‘Cu-cú’, coa que gañou. Cre que o da moda é un sector que ten que apostar aínda máis pola creatividade artística e que por ser un ámbito que produce obxectos funcionais fai máis probable ter unha saída laboral nel.
Na serie de reportaxes sobre a Iniciativa Xove, a edición deste mes de Xuventude.Novas explica o proxecto ‘Bota un ollo’, no que se combinaron a comunicación audiovisual coa linguaxe de signos para facer saltar as barreiras entre persoas oíntes e persoas xordas. Os obradoiros levados a cabo polo grupo informal, co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, evidenciaron a necesidade de mudar as actitudes para perder os medos e as reservas ás situacións incómodas que se poden dar entre os dous colectivos.
Polo demais, o boletín repasa algúns dos campos de traballo que se están desenvolvendo por toda Galicia durante estas semanas no marco da campaña Acción de Verán 2015. Son dezaoito campos, varios deles de carácter internacional, nunha iniciativa que suma 700 prazas, a maioría en territorio galego, pero tamén noutros puntos de España e en 25 países de todo o mundo.
Outra información destacada é a referida ás quendas ‘Implíca-T’, novidosas este ano nos campamentos de verán. Abertas a participantes de entre catorce e dezasete anos, estas actividades especiais poñen o acento no voluntariado e na interacción social. Deste xeito, acometen acción que se involucran na contorna máis próxima, dedicadas ao coidado do medio e á preservación de espazos públicos e do patrimonio histórico e cultural.
Ademais, Xuventude.Novas dedica unha das súas páxinas a outra interesante experiencia para mocidade que se desenvolve de novo este verán. Trátase do programa ‘Conecta Galicia’, organizado pola Secretaría Xeral de Emigración co apoio de Xuventude e Voluntariado. Durante estas semanas, ata 200 descendentes de emigrantes galegos, cunha idade máxima de trinta anos, acoden a coñecer a terra das súas raíces familiares e participan en actividades ao aire libre e campos de traballo.
As información sobre a convocatoria de axudas de Traballo e Benestar para cooperativas xuvenís, o certame do Injuve para seleccionar e apoiar proxectos innovadores, e a forma de acceder á nova Guía de Verán 2015, xunto coa habitual axenda de concertos e actuacións para as vindeiras semanas, completan esta edición de Xuventude.Novas. É a derradeira deste curso para a publicación, que volverá en setembro.
Xuventude.Novas de xullo de 2015
Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.
Xa está publicada, na sección de Programas Europeos, a relación provisional de Concellos beneficiarios do programa Galeuropa.
No DOG do 29 de xullo publicanse os cambios no currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes de Galicia.
Materias que cursarás no primeiro curso da educación secundaria obrigatoria:
a) Dentro do bloque de materias troncais:
1º. Bioloxía e Xeoloxía.
2º. Xeografía e Historia.
3º. Lingua Castelá e Literatura.
4º. Matemáticas.
5º. Primeira Lingua Estranxeira.
b) Dentro do bloque de materias específicas:
1º. Educación Física.
2º. Relixión, ou Valores Éticos, segundo a elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou a alumna.
3º. Segunda Lingua Estranxeira.
4º. Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
c) Dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica:
1º. Lingua Galega e Literatura.
O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:
a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.
b) Materia de libre configuración autonómica.
c) Materia de libre configuración do centro.
Materias que cursarás no terceiro curso da educación secundaria obrigatoria
a) Dentro do bloque de materias troncais:
1º. Bioloxía e Xeoloxía.
2º. Física e Química.
3º. Xeografía e Historia.
4º. Lingua Castelá e Literatura.
5º. Primeira Lingua Estranxeira.
6º. Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, segundo elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou da alumna.
b) Dentro do bloque de materias específicas:
1º. Educación Física.
2º. Relixión ou Valores Éticos, segundo elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou da alumna.
3º. Música.
4º. Tecnoloxía.
5º. Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
6º. Unha materia a elixir entre Segunda Lingua Estranxeira e Cultura Clásica.
c) Dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica:
1º. Lingua Galega e Literatura.
Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento
1. Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento forman parte das medidas extraordinarias de atención á diversidade e teñen por finalidade facilitar que os alumnos e as alumnas, mediante unha metodoloxía específica e unha organización de contidos e materias do currículo diferente á establecida con carácter xeral, alcance as competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
2. Poderá incorporarse aos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento, en terceiro curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2015/16, o alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe e que se atope nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter cursado segundo curso de educación secundaria obrigatoria, ter repetido algunha vez en calquera das etapas e non estar en condicións de ter promoción a terceiro curso de educación secundaria obrigatoria.
b) Con carácter excepcional, para o alumnado que ten cursado terceiro curso de educación secundaria obrigatoria e non está en condicións de ter promoción ao cuarto curso. Neste caso poderán incorporarse a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir curso.
Materias que cursarás no primeiro curso de bacharelato
a) Catro materias xerais do bloque de materias troncais.
b) Dúas materias de entre as materias troncais de opción.
c) Lingua Galega e Literatura.
d) Educación Física.
e) Un mínimo de dúas e un máximo de tres materias de entre as materias específicas de elección.
O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:
a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.
b) Materia de libre configuración autonómica.
c) Materia de libre configuración do centro.
Máis datos no DOG do 29 de xullo de 2015