Novas e actividades (1289)

ecoxornadasEmpresas, investigadores e divulgadores que apostan pola innovación como solución ós problemas ambientais integran  o programa destas xornadas apoiadas por Iniciativa Xove e que están tendo lugar os días 7 e 8 de Outubro no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela .

 Visibilizar as accións que dende as empresas e Universidades galegas se están levando a cabo para buscar solucións innovadoras ós problemas ambientais e mostrar a importancia da divulgación para acercar a innovación e a ciencia á cidadanía. Estes son os obxetivos que perseguen as xornadas que o grupo informal de mozas e mozos Enxeñería Verde están a levar a cabo.

 O programa das (eco)Xornadas así como a convocatoria do concurso de ideas que tamén ten sido convocado dentro desta iniciativa financiada polo programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e voluntariado de la Xunta de Galicia, pode ser consultado na páxina web do evento  www.innovarenverde.com.

 A apertura das (eco)Xornadas tivo lugar este mércores 7 ás 10 horas. Ao longo de todo o día as persoas asistentes puideron coñecer ós responsables de diferentes empresas galegas que desenvolven a súa actividade no eido da ecoinnovación ou ben que recurriron a ela para buscar solucións a problemas derivados da súa actividade productiva. As xornadas pecharanse coa sesión da mañá do día 8, que estará dividida en dous bloques: un deles adicado á divulgación, como ferramenta fundamental para acercar la innovación e a ciencia á cidadanía; e outro orientado ao fomento da actitude emprendedora e o emprendemento empresarial.

 A asistencia ás (eco)Xornadas é  totalmente de balde e abierta a todo o público interesado ata completar aforo, previa inscrición na páxina web do evento

tarxetabonoA partir do día 10 de outubro, xa se poderá adquirir a Tarxeta-Bono Cultura Galega, un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses (ata o 10 de decembro). Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación. As instrucións de funcionamento poden consultarse no web www.tarxetabonoculturagalega.gal

 

Establecementos onde podes usar a Tarxeta-bono Cultura Galega:
http://www.tarxetabonoculturagalega.gal/demo_wp/wp-content/uploads/2015/10/Listado-Establecementos.pdf

feminina_emprendedoraOs próximos días 8 e 9 de outubro terán lugar na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela unhas xornadas sobre emprendemento feminino apoiadas e financiadas polo programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

No marco desta actividade participarán diferentes ponentes nacionais e internacionais que buscarán dar claves e interpretacións para coñecer e superar as dificultades coas que se atopan as mulleres emprendedoras na actualidade.

Estas xornadas son organizadas polo grupo informal "Xuventude Feminina Emprendedora", todos eles xoves estudantes da USC.

Nesta ligazón podes consultar o programa das xornadas

portadasetembro2015A nova edición da revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude. Novas, dedícalle unha das súas reportaxes ao proxecto ‘Deporte Xove na Rúa’, que desenvolveu o grupo informal ‘Deporte e Vida Activa’ na localidade coruñesa de Santa Comba. Durante unha fin de semana, desenvolveron numerosas actividades e competicións deportivas ao aire libre co propósito de fomentar a práctica de exercicio físico por todos os colectivos da poboación, en especial a mocidade.

Mais non é o único proxecto acometido ao abeiro do programa Iniciativa Xove ao que se lle dá cabida neste número. Noutra páxina explica ‘As galiñas da horta’, a iniciativa coa que un grupo de mozos e mozas de Santiso (A Coruña) pretenden poñer a producir de novo dúas parcelas de monte. Implican unhas cincuenta persoas nun proxecto que ten como principal misión dinamizar o rural e concienciar a poboación das posibilidades de xeración de riqueza que ofrece.

Os preparativos para o Encontro e Mostra do Asociacionismo Xuvenil (EMAX), que se celebra en Galicia na segunda quincena de outubro, conforman outro contido destacado deste Xuventude.Novas. Fiel á súa xa considerable traxectoria, o EMAX será o maior escaparate das actividades que desenvolven as asociacións de mozos e mozas de Galicia e do norte de Portugal.

Tamén con visión internacional, cabe destacar dous contidos máis. Un, o proxecto DIGAL, que complementa a formación de 56 persoas de entre 18 e 30 anos con prácticas en países europeos. O programa, que entre 2015 e 2016 conta con 280.000 euros de orzamento, xa realizou a sesión formativa do primeiro grupo participante. E o outro, cunha vontade máis lúdica, é o repaso a varios campos de traballo que tiveron lugar no marco da programación de verán e nos que a convivencia entre mozos e mozas de toda Galicia, o resto de España e varios países estranxeiros é un dos elementos máis característicos.

Completa esta edición unha entrevista sobre a banda de música ‘Australia’, que como o seu nome non indica é de Pontevedra. Naceron en 2014 e o seu vocalista, Javier Lago, explícanos a orixe e evolución do grupo, a forma de traballar, as súas aspiracións creativas e a reacción que perciben no público. Nas dúas últimas páxinas, Xuventude.Novas ofrece unha completa guía de lecer para as vindeiras semanas, coa habitual axenda de concertos e actuacións musicais.  

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Xuventude.Novas

SANTALESSIO2A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é socia no proxecto “Youth Violence Behaviors - 2.0 Threath”, que organiza o Concello de Sant'Alessio Siculo (ME), Sicilia en Italia, no marco do programa Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas das persoas mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos  no estranxeiro.

O proxecto terá lugar en Sant'Alessio Siculo (ME) (Italia), no que participarán mozos e mozas de dez asociacións e organismos públicos e privados de 10 países europeos . Un total de 50 persoas mozas de 10 países da Unión Europea terán a oportunidade de participar activamente no intercambio xuvenil, no que se levarán a cabo diferentes actividades.

O proxecto inspírase na idea principal de respecto á diversidade e ao sentimento da tolerancia, a prevención da violencia e o uso consciente das novas tecnoloxías e as redes sociais, a discriminación e a inclusión social, que expón as persoas mozas ás novas formas de violencia coñecido como acoso cibernético, sexting e as ameazas en liña. O obxectivo principal do proxecto é promover unha cultura de "seguridade" na rede: as boas prácticas difúndense amplamente e poden dar apoio a mocidade na súa sensación de benestar, na prevención da conduta antisocial e na minoración da marxinación, a discriminación e a exclusión.

Países participantes: Bulgaria, Portugal, Romanía, Hungría, Letonia, Eslovaquia,Estonia,Reino Unido, Italia e España.
Datas de realización do intercambio: do 20  ao 28 de outubro de 2015.
Destinatarios/as: persoas mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos.
Prazas: 4 prazas.
Prazo de inscrición: do 27 de setembro ao 4 de outubro de 2015.

A inscrición realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.

Os/as participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Sant'Alessio Siculo (ME) , pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome do participante e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
A organización do intercambio cobrara unha taxa de 100 euros por participante como cota de participación para o proxecto.

Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir confirmación desta aos tres días de finalizado o prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.

Confirmada a praza nos 3 días seguintes  laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir  a galeuropa@xunta.es a seguinte documentación:
- Factura e billetes de transporte ata o aeroporto italiano.
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea e póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.

Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.
Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.

Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:
galeuropa@xunta.es
981 544 645 e 981 544 869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN