Novas e actividades (1289)

SandadurnioO Concello de San Sadurniño participa no proxecto europeo "Enhancing Competences to Meet Young,s NEETs Needs", no que tamén están implicadas institucións e entidades privadas de Italia, Grecia, Romanía, Polonia. Trátase dun proxecto europeo financiado ao abeiro do programa Erasmus+ que persegue investigar en cada un dos territorios a realidade da xuventude que nin estuda nin traballa para despois deseñar e probar modelos de atención e integración no mercado laboral trasladables ao resto da Unión Europea. Unha das primeiras actuacións do proxecto é a difusión dunha enquisa que axude a definir o perfil do que en castelán se coñece como "ninis" e que, ademais, detecte as súas principais demandas formativas e de inserción laboral.

O obxectivo principal do ECMYNN, é mellorar as competencias das persoas e institucións que traballan coa mocidade de cara a coñecer cales son as necesidades obxectivas da xuventude que nin estuda nin traballa, a máis prexudicada en contextos de crise. Por outra banda tamén se pretende crear, promover e desenvolver un novo modelo de acompañamento formativo, de asesoramento profesional e de apoio persoal coas miras postas na prevención de novos casos e na resposta urxente aos xa existentes.

O proxecto, financiado integramente con fondos europeos, ten varias fases. A primeira é a de investigación e estudo da situación sociolaboral da mocidade en cada un dos territorios participantes, tomando como referenza o grupo poboacional cunha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos con escasa ou nula formación e en situación de desemprego.

Unha das primeiras ferramentas que xa se puxo en marcha de forma simultánea nos cinco países integrantes do ECMYNN é unha sinxela enquisa anónima dirixida a este ámbito da poboación. Con ela búscase facer unha aproximación o máis precisa posible ás necesidades obxectivas e ao perfil do mozo ou moza que nestes momentos nin estuda nin traballa. De aí que o cuestionario estea enfocado a obter información de tipo demográfico, de situación socioeconómica, do nivel formativo, da percepción que teñen estas persoas sobre si e as súas capacidades, das súas perspectivas cara ao futuro, da súa predisposición para ao emprendemento e incluso sobre o tipo de apoio que agardan das institucións públicas.

Acceso á enquisa
ECMYNN Project - NEET People Survey

2015amarcaestiObradoiro “A Marca es Ti” : marca persoal para mozos e mozas

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza un obradoiro sobre a marca persoal  destinado a mozos  e mozas de idades entre os 18 e 30 anos.

Lugares e datas:

20 de novembro: Espazo Xove de Vilalba

25 de novembro: Espazo Xove de Betanzos

27 de novembro: Espazo Xove de Ourense

11 de decembro: Espazo Xove de Vilagarcía

16 de decembro: Espazo Xove de Noia

 

Horario: de 18:45 a  20:45 horas

Selección: por orde de inscrición

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

PLAN DE GARANTÍA GARANTÍA XUVENIL
Actividades previstas semana do 9 ao 15 de novembro
AULA MÓVIL
9 Teo (Travesía de Montouto)
10 O Grove (Praza do Corgo)
12 e 12 Redondela (Ao carón do Concello)
13, 14 e 15 Vilagarcía (ao lado do auditorio-pte confirmación ubicación)
CHARLAS INFORMATIVAS
Día 9
10:00 h. Aula Cemit Ferrol
12:00 h. Aula Cemit Narón
Día 10
10:00 Aula Cemit Poio
12:00 Aula Cemit Pontevedra
Día 11
10:00 h. Aula Cemit Tui
12:00 h. Aula Cemit Porriño
Día 12
10:00 h. Aula Cemit Sarria
12:00 h. Casa da Cultura de Villalba
Día 13
10:00 h. Aula Cemit Vimianzo
12:00 h. Aula Cemit Fisterra
MÁIS INFORMACIÓN: 881 99 57 00 http://garantiaxuvenil.xunta.es

PLAN DE GARANTÍA GARANTÍA XUVENILActividades previstas semana do 9 ao 15 de novembroAULA MÓVIL9 Teo (Travesía de Montouto)10 O Grove (Praza do Corgo)12 e 12 Redondela (Ao carón do Concello)13, 14 e 15 Vilagarcía (ao lado do auditorio-pte confirmación ubicación)CHARLAS INFORMATIVASDía 910:00 h. Aula Cemit Ferrol12:00 h. Aula Cemit NarónDía 1010:00 Aula Cemit Poio12:00 Aula Cemit PontevedraDía 1110:00 h. Aula Cemit Tui12:00 h. Aula Cemit PorriñoDía 1210:00 h. Aula Cemit Sarria12:00 h. Casa da Cultura de VillalbaDía 1310:00 h. Aula Cemit Vimianzo12:00 h. Aula Cemit FisterraMÁIS INFORMACIÓN: 881 99 57 00 http://garantiaxuvenil.xunta.es

 

atlatisAventuraAtlantis Adventure, é un establecedemnto adherido ao programa carné xove.

Oferta unha campaña, aberta ata o 26 de febreiro de 2016, de escalada nunha das mellores zonas da Costa da Morte “O Olimpo Celta” Monte O Pindo.

Os prezos/praza da actividade son:

  • Bautismo: 45€ - 4 horas
  • Iiniciación:
    • ½ xornada: 50€
    • 8 horas: 90€
    • 16 horas: 170€.

Aos usuarios do carné xove ofreceselles un desconto do 15%.

Amplía a información na súa páxina web: www.atlantisaventura.com

portadaoutubro2015Xuventude.Novas, a revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ofrece na súa nova edición unha entrevista con Ledicia Costas. A escritora viguesa acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por ‘Escarlatina. A cociñeira defunta’, unha obra na que destaca o uso do humor macabro para desmitificar a morte entre os máis novos. Costas defende a boa saúde da literatura xuvenil galega e destaca a constante irrupción de novos talentos neste eido.

Este número dedica tamén un espazo relevante a dous novos proxectos apoiados polo programa Iniciativa Xove. Un é o que desenvolveu na Coruña o Colectivo Xerión, un grupo de estudantes da escola Pablo Picasso. Consistiu nunha exposición de escultura que complementaron cunha serie de actividades abertas á participación do público para reivindicar o valor das esculturas como pezas únicas, fronte á uniformidade e a falta de personalidade das producións industriais. O outro proxecto é o impulsado por Down Galicia, baixo o nome de ‘O meu mundo en fotos’. Os integrantes e beneficiarios desta entidade recibiron clases de iniciación á fotografía e tiraron imaxes da súa contorna. A partir delas, prepararon unha selección e elaboraron un álbum colectivo, que tamén tivo forma de exposición.

Con vistas ás vindeiras semanas, Xuventude.Novas reserva unha páxina para ofrecer unha guía básica para preparar un magosto. Son consellos elementais, pero que nunca está de máis esquecer nos labores de organización das festas máis tradicionais do mes de novembro. Nesta liña, dá indicacións dos factores que hai que ter en conta á hora de facer acopio de castañas, os coidados e precaucións para preparar o lume, as opcións loxísticas para asar as castañas, e que outros alimentos non deben faltar na celebración.

Esta edición complétase cunha reportaxe sobre a capacidade do proxecto europeo ‘Emprende’ para impulsar proxectos empresariais de xente nova de Galicia e do norte de Portugal, e outra con exemplos do programa ‘Deseñando o teu futuro’, que lle serve ao alumnado de 14 a 18 anos para tomar contacto con centros de traballo e ter así novos criterios para orientar a súa formación e o seu futuro profesional.

XUVENTUDE.NOVAS

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

2015casrtelfinalistasfotografiaO día 10 de novembro de 2015 ás 12 da mañá, inaugurase a exposición das obras finalistas das especialidades de Artes plásticas e Fotografía, na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela. A exposición permanecerá aberta ao público do 10 ao 28 de novembro de 2015, de luns a sábado en horario de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 a 20:30 h

Finalistas da especialidade de Artes plásticas:

Modalidade de Escultura:

Título da obra                            Pseudónimo                                
“Trazos físicos da terra”                Maraña de cores
“Diafanía”                                     Adtaracido
“Grane”                                        Elelum
“Conciencia plástica”                    Conciencia plástica
“Cinco sobre un”                          Vandergoes
“Sen ti”                                         B.S.
“O vento na pel”                           Rascarla
 
Modalidade de Pintura:

Título da obra                                Pseudónimo
“Noticiario das 15:00 h”                      Curga
“Puzzle de FluídoFaunoRostros”          Carlo
“Vida detida: sombras e ondas”           Zana
“Remigio”                                           Trosco
“Mandalas”                                         Sino
“Acechando”                                      Shelfica
“4 ensoñacións”                                  Mina
“Habitar, erosión e ruína”                    R
“Amplía miras”                                   Tones
 
Finalistas da especialidade de Fotografía:
 
Título da obra                                   Pseudónimo
“Otro punto de vista”                                Za
“Xeometrías”                                            Clevinger
“Do ermo”                                                Eduarda Ponte
“Metamorfose”                                         Miñoca
“Galiza is different”                                    Lig
“Pegadas”                                                 Margot
“Conciencia plástica”                                Conciencia plástica
“Artabro vertical”                                     ARV
“Espellos, espazo de reflexión”                 Muller colorada
“Ascender”                                              Calila
“Poemas obxecto”                                   Tones
“Einwegkamera (cámara de un solo uso)   Selotl
“Pretérito ulterior”                                    Celeste
“Vivir en las nubes II”                              Volar
“A terra, amencer e solpor”                     Arianrhod
“Recordo”                                               Marsu

xuvcreaxoias2015A inauguración da exposición cos proxectos finalistas  vai ter lugar o día 17 de novembro, ás 20:00 h na Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural, Santiago de Compostela.

 

As coleccións finalistas permanecerán expostas do 18 ao 28 de novembro:

 

De martes a venres: de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

Sábados: de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h