Novas e actividades (1313)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, dirixido a familias, alumnado e profesorado.

Esta é unha iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia, navegue con seguridade, evite o ciberacoso e outros riscos de Internet coas recomendacións.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo materializase na web, nas Guías, pero tamén no programa de visitas aos centros escolares.

Nestas visitas, os colexiados e colexiadas do CPEIG, expoñen as recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo. Sempre tendo en conta ao alumnado e as súas inquedanzas.

https://navegaconrumbo.cpeig.gal/ 

Co obxectivo de fomentar as actividades orientadas á mocidade, o EU-COE Youth Partnership está a desenvolver multitude de actividades para fomentar a participación, a inclusión social, o recoñecemento e a calidade do traballo da mocidade. Para iso, estase a traballar amplamente en recompilar, producir e traducir coñecementos que permitan implementar políticas de mocidade desde novos enfoques. Este participado ou colaboración ten tres eixos centrais.

En primeiro lugar, fortalecer a investigación no ámbito da mocidade, o cal se tornou un dos obxectivos principais ao potenciar o desenvolvemento de diferentes coñecementos temáticos por países e rexións, así como por reforzar a vontade de comprender os retos e as tendencias que atravesa a mocidade na actualidade.

En segundo lugar, preténdese potenciar a información que existe sobre a política de mocidade, mediante unha maior difusión do traballo que leva a cabo e un maior desenvolvemento da implicación dos diferentes actores que interveñen neste campo. As autoridades públicas desempeñan un papel moi importante na elaboración de estratexias e políticas que proporcionen á mocidade oportunidades e experiencias, que apoien a súa integración exitosa na sociedade e que lles permitan converterse en membros activos e responsables das súas sociedades, así como en axentes de cambio.

Por último, conclúese a exploración do triángulo de gobernanza do sector da mocidade coa presentación dos fundamentos da animación xuvenil que pode consultarse neste documento. Se a animación xuvenil vai ter un impacto maior e máis duradeiro na vida da mocidade de toda Europa, necesita ser amplamente recoñecida, dotada de recursos e implementada de forma continua.

Esta publicación analiza algunhas das características esenciais do traballo no ámbito da mocidade que fan falta para que isto suceda, e faino ofrecendo unha descrición xeral das principais características da animación xuvenil en Europa e ofrecendo consellos sobre normas, recursos, redes e programas europeos que contribúen a lograr unha mellor contorna e experiencia do traballo no ámbito da mocidade.

Máis información sobre os documentos
https://www.injuve.es/ 

Culture Action Europe está a convidar a novos artistas e estudantes de arte, de entre 18 e 30 anos, a ser axentes de cambio nas súas comunidades para un proxecto que ten como obxectivo mobilizar aos cidadáns utilizando a arte e a cultura como ferramentas para mellorar a participación política nas eleccións do Parlamento Europeo en xuño de 2024.

Requisitos:
Novos artistas, estudantes artistas e/o traballadores culturais.
Entre 18 e 30 anos.

Os Axentes de Cambio seleccionados recibirán o seguinte:
- Un curso de formación de 7 días organizado en Bélxica
- Viaxe ida e volta desde os países residentes de cada participante
- 6 noites de aloxamento
- Almorzo, xantar e cea durante 7 días.
- Cada Changemaker será contratado como voluntario de Culture Action Europe (de febreiro a xuño de 2023) e recibirá 1.197 € en total para apoiar a execución dos seus eventos de participación.

Como participar?
Enviando o formulario de solicitude en liña, o CV, unha ligazón ao teu sitio web (se corresponde) ou contas de redes sociais que brinden exemplos do seu traballo artístico e unha carta de motivación (máximo 1 páxina, en inglés) que describa a comunidade coa que lle gustaría involucrarse ao redor da participación nas eleccións europeas de 2024 e por que.
Como reflicte a túa práctica artística os teus valores e ética activista?
Como ves que o teu traballo impacta á comunidade?
Que significa para ti "democracia"?
Como ves isto reflectido (ou non) no teu pobo, cidade ou país?

Prazo ata o 15 de outubro de 2023

https://cultureactioneurope.org/projects/pop-the-vote/open-call-for-changemakers/ 

O proxecto Rural Youth Future (Mellorar o papel das políticas de mocidade no desenvolvemento rural sustentable) ten como obxectivo potenciar o emprego xuvenil e poder garantir postos de traballo de calidade accesibles para a mocidade de áreas rurais.

O público obxectivo deste proxecto é a mocidade que vive en zonas rurais e se enfronta á problemática da escasa calidade laboral, o desemprego e a fenda dixital, cuestións que afectan a múltiples rexións de España e Europa. O proxecto ten interese en impulsar o desenvolvemento rural sustentable, facilitando o acceso da mocidade que vive en zonas rurais ás novas oportunidades laborais.

Máis información
https://www.interregeurope.eu/ 
https://fundaciongaliciaeuropa.eu/ 

O proxecto RUYOU (Rural Youth of Europe ou Xuventude rural de Europa en galego) está orientado a mocidade e ten como obxectivo o problema do despoboamento rural, unha problemática que afecta a múltiples rexións de Europa, especialmente aos participantes no proxecto.

A orientación é cara aos mozos e mozas que teñen potencial para seren protagonistas nas súas comunidades de orixe e enfrontarse aos problemas que sofren. O proxecto, pretende ser unha fonte de educación non formal para á mocidade que nel participa, aportando coñecementos que os enriquezan e preparen para a participación nos seus lugares de orixe.

A duración do proxecto é dende decembro 2022 a abril 2024.

Máis información
http://ruralyouthofeurope.eu/ 
https://fundaciongaliciaeuropa.eu 

VII Encontro Internacional de Lixo Mariño "Crebeiros no mundo"
 
Data: 06/10/2023 
 
Horario: 9:30-14:30h.
 
Programación
9.30 h. Inauguración.
9.45 h. Centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle: unha realidade. Xosé Manuel Barros e Virxinia Barros. Asociación Mar de Fábula
10.15 h. Das crebas ao lixo. Javier Serantes, Isabel García e Ana Lee. Asociación RetoqueRetro.
10.45 h. Limpeza de praias e caracterización de lixo mariño en Islandia. Carlota Vialcho Miranda. Ocean Missions - Islandia.
11.15 h. Descanso.
11.45 h. Educación ambiental para a conservación das quenllas. Fernando Reis. Sharks Educational Institute - SEI Portugal (videoconferencia).
12.15 h. Mamíferos e tartarugas mariñas nun océano de lixo. Alfredo López. Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
12.45 h. Cultura Oceánica fronte o lixo mariño. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
13.15 h. Limpeza de praia - Obradoiro Crebeiros. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
 
Inscrición: necesaria inscrición previa na web do CEIDA.
 
 
Contacto:
CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
R/ Castelo de Santa Cruz, s/n. 15179 - Liáns (Oleiros)
tel.: 981 630 618
 
www.ceida.org 
e-correo: ceida@ceida.org
twitter.com/ceidagalicia  
 
 

Se cumpres 18 anos durante 2023 xa podes solicitar o bono cultural mozo.

Quen o podrá utilizar?
Poderán utilizar o Bono Cultural Mozo as persoas que reúnan os requisitos seguintes:
- Cumprir 18 anos durante o ano 2023.
- Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.

A axuda de 400 € do programa Bono Cultural Mozo abonarase en tarxetas prepago personalizadas, para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías:

- Un máximo de 200 € para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais (inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais e espectáculos taurinos)
- Un máximo de 100 € para produtos culturais en soporte físico (inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray)
- Un máximo de 100 € para consumo dixital ou en liña (inclúe subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas, subscrición para descarga de arquivos multimedia, subscricións dixitais a videoxogos, prensa, revistas e a outras publicacións periódicas).

O Bono Cultural Mozo pódese solicitar ata ás 23:59 horas do 31 de outubro de 2023. Ampliación do prazo publicada no BOE do 27 de setembro de 2023

https://bonoculturajoven.gob.es 

O grupo XuvenCiencia aproveitará a rede de mercados tradicionais para desenvolver as actividades programadas no marco do proxecto, segundo se indicou na presentación deste innovador proxecto interxeracional. Ciencia á Feira desenvólvese nos concellos de Burela, Muras, Friol, Sober, A Pobra do Brollón, O Incio, Mondoñedo e Navia de Suarna.

As actividades incluídas —obradoiros tanto nos centros escolares como en locais municipais, para a poboación adulta—, no proxecto, que botará a andar xa no mes de outubro, faranse coincidir co día de feira, mercados aos que XuvenCiencia acudirá co seu propio posto para realizar tamén divulgación e repartir trípticos.

‘Ciencia á Feira’ é un proxecto de divulgación informal da ciencia que tira proveito de estruturas fortemente asentadas no medio rural: a escola, os concellos, as asociacións e os colectivos veciñais e, por suposto, as feiras, que funcionan como espazos seculares para a actividade económica, pero que tamén desempeñan un papel crucial de socialización, encontro e intercambio de información. As feiras e os mercados celébranse de xeito periódico en datas que son coñecidas por todos os habitantes da contorna e que funcionan como reclamo de seu. Estes actos sociais teñen a súa orixe na sociedade labrega, pero manteñen a súa vixencia no mundo contemporáneo.

O programa de ‘Ciencia á Feira’ presentará tres accións sobre tres eixes temáticos que desde XuvenCiencia consideran relevantes na provincia de Lugo no contexto actual de quecemento global e cambio climático: as enfermidades transmitidas por carrachas, a xestión sustentable da augua e as micorrizas e microenxertos como ferramentas de produción vexetal.

O coñecemento das enfermidades transmitidas por carrachas e das chaves para a súa prevención: patoloxías causadas por este tipo de ácaros, cuxa incidencia resulta crecente na provincia de Lugo, tal é como é a enfermidade de Lyme. A descrición de cando e onde son máis habituais as carrachas, o protocolo para a súa correcta extracción, as medidas de prevención e como actuar unha vez que se produciu a picada, constitúen o obxectivo desta actividade, na que colaborará o Sergas a través da participación dun médico internista do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Outra das temáticas vertebrais de ‘Ciencia á Feira’ é a xestión sustentable da auga. O ciclo da auga, a pegada hídrica e a xestión deste recurso en Galicia serán os contidos incluídos nos obradoiros, nos que se darán a coñecer modelos de xestión de auga doméstica racionais e con que materiais se pode realizar.

A utilidade histórica dos enxertos para a produción de froitos nas árbores e o concepto de microrriza e a súa función propiciarán outras das explicacións previstas neste proxecto, durante o que se desenvolverá un microenxerto in vitro de castiñeiro empregando como patrón un híbrido resistente á enfermidade da tinta que afecta a esta árbore.

Máis información https://xuvenciencia.org/

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) abre a inscrición do VIII Scratch Day do CPETIG para iniciarse na programación en familia e nas aulas para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade.

Esta nova actividade de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade desenvólvese no marco de colaboración conxunta coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Amtega e está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, nais e pais e profesores ou formadores.

Celebrarase o sábado 7 de outubro, de 9 a 14 horas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Haberá 30 prazas para a rapazada con adultos e outras 15 para profesorado.

A reserva de praza tramítase a través do link: https://viii-scratchday-cpetig.eventbrite.es

O programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30
alumnos/as (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Obxectivo xeral
Capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Obxectivos específicos
Reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais.
Explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
Afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas.
Ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.

Destinatarios
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40951