En portada (1158)

O prazo de solicitude está aberto, e poderán inscribirse mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean cursando estudos universitarios ou superiores

As prazas estarán dispoñibles no Centro residencial xuvenil LUG en Lugo; na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense; e na residencia Altamar de Vigo

Os bolseiros seleccionados deberán desenvolver actividades de información xuvenil, biblioteca, informática ou deporte, entre outras

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vén de abrir o prazo de inscrición para solicitar as 15 prazas de bolseiro que ofrece nas tres residencias xuvenís que dependen deste departamento autonómico de cara ao curso académico 2013/2014.

En concreto trátase de 4 prazas no Centro residencial xuvenil LUG en Lugo; 5 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense; e 6 na residencia Altamar de Vigo.

Os beneficiarios destas axudas contarán con aloxamento e mantenza gratuítos a cambio de desenvolver labores de dinamización xuvenil, para o que contarán coa asistencia dun titor ou titora que coordinará e dirixirá as súas funcións. Principalmente, desenvolverán traballos relacionados coa dinamización da residencia, incluídas actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras.

Xunto coa inscrición, os interesados deberán presentar un proxecto de actividades a realizar na residencia, así como pasar unha entrevista persoal. Á hora de adxudicar a praza, terase en conta a calidade do proxecto presentado; a renda media da unidade familiar; o rendemento académico; a condición de familia numerosa, orfandade, ou discapacidade de calquera membro da unidade familiar; ter residencia familiar en Galicia; ser muller en estado de xestación ou vítima de violencia de xénero; e outras circunstancias sociofamiliares como ter un irmá ou irmás con praza renovada na residencia ou ter a condición de familia monoparental.

Os destinatarios das axudas serán estudantes españois, membros da Unión Europea ou estranxeiros residentes en España con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que cursen estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclos formativos de grao superior.

As residencias xuvenís son un instrumento ao servizo da mocidade que ofrecen aloxamento, manutención e actividades aos mozos e mozas durante o curso académico, ao tempo que fomentan valores sociais, culturais e deportivos.

Ademais, esta orde de axudas inscríbese no obxectivo do departamento autonómico de fomentar actividades xuvenís e favorecer o acceso ao ensino universitario, e aos estudos superiores.

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos participantes nesta iniciativa denominada ‘Eu clave sustainable’
  • Esta actuación pretende crear un espazo de reflexión sobre as temáticas da sostenibilidade e o emprego
  • A Consellería de Traballo e Benestar xestiona o programa ‘Xuventude en Acción’ que busca promover a mobilidade da mocidade europea
  • Para este ano 2013 foron aprobadas nas dúas primeiras quendas de convocatoria desta actividade un total de 33 iniciativas de Galicia que serán financiadas con preto de 550.000 euros
  • Por outra banda, a campaña informativa ‘Xplora Xuvenude’ achegarase mañá ata o Concello de Vedra

intercambio_vedraUn total de 21 mozos e mozas de Italia, Portugal e Galicia están a participar nun intercambio xuvenil que se está a desenvolver en Vedra, no marco do programa europeo ‘Xuventude en Acción’, no que participa a Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos participantes nesta iniciativa que se denomina ‘Eu clave sustainable’ e que busca crear un espazo de reflexión sobre as temáticas da sostenibilidade e o emprego. En concreto, a actividade xira en torno ao termo de desenvolvemento sostible centrado en tres aspectos: a sostenibilidade ambiental no sentido de conservar a capacidade dos ecosistemas de producir recursos naturais para as xeracións futuras; o crecemento económico entendido como a necesidade de ter unha dispoñibilidade crecente de bes e servizos cunha dimensión ambiental; e a equidade social.

Así mesmo, pretende fomentar o compromiso da mocidade para lograr un crecemento máis inclusivo abordando especialmente temas como o desemprego xuvenil e a mobilidade entre a xente moza sen un posto de traballo. Ademais, outros obxectivos desta actuación son impulsar emprendementos creativos de desenvolvemento local e favorecer as situacións e as actividades socioculturais e etnográficas da zona, potenciado a interacción dos participantes coa poboación local.

En definitiva e, segundo resaltou Rodeiro, o que se pretende é “fomentar valores como o respecto, a tolerancia, a igualdade e a solidariedade como valores de cohesión social na Unión Europea”.

O director xeral de Xuventude lembrou que ‘Xuventude en Acción’ é un programa creado para promover a mobilidade dos mozos e mozas europeos que fomenta a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural, ao tempo que apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan.

Este ano estanse a primar os proxectos que aborden o desemprego xuvenil, así como os que se destinen a fomentar a mobilidade. Tamén estanse a ter en conta aquelas iniciativas que traten a temática da marxinación ou que estimulen o espírito empresarial e de creatividade.

Nas dúas primeiras quendas de convocatoria deste programa para o ano 2013 foron aprobadas un total de 33 iniciativas de Galicia nas cinco accións en que se divide esta actuación. Os 33 proxectos serán financiados con preto de 550.000 euros. O próximo 1 de outubro terá lugar a última convocatoria para este ano para solicitar proxectos que se desenvolverán entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2014.

No 2012, Galicia executou o 10 por cento do total dos proxectos estatais que se desenvolveron ao abeiro deste programa europeo. Así, a Comunidade autónoma foi a terceira rexión onde máis actividades se puxeron en marcha o pasado ano, ata un total de 60 iniciativas que supuxeron a participación de 969 persoas. Esta actuación contou cun orzamento de preto de 820.000 euros.

‘Xplora Xuventude’

Por outra banda, a campaña informativa ‘Xplora Xuventude’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado achegarase mañá ao Concello de Vedra. A carpa estará emprazada entre as 12,00 e 16,00 horas en Area de Recreo, Agro Novo.

A finalidade desta iniciativa é achegar os recursos dirixidos aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando eventos con gran afluencia de público mozo.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, os técnicos da Rede Galega de Dinamización Xuvenil percorrerán 40 concellos da xeografía da Comunidade co obxectivo de levar o traballo do departamento autonómico alí onde se atopan os mozos e mozas usuarios dos servizos que presta e beneficiarios dos programas que leva a cabo.

En cada localidade instalarase unha carpa con múltiples contidos dirixidos ao público xuvenil e ofrecerase información sobre recursos e programas para a mocidade e asesoramento para aqueles mozos e mozas interesados.

A instalación contará con múltiples contidos, e disporá dun espazo para que grupos de mozos e mozas, así como entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas

Esta iniciativa percorrerá un total de 40 localidades das catro provincias

A carpa do programa ‘Xplora Xuventude’, da Consellería de Traballo e Benestar, chegará hoxe a Miño ás 19,00 horas, onde permanecerá aberta atas as 23,00. Estará situada na aldea de Ponte do Porco.

Deste xeito, chega ao concello coruñés esta campaña informativa que ten como finalidade achegarse aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando fundamentalmente eventos con gran afluencia de público.

Os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil serán os encargados de asesorar e informar aos mozos e mozas interesados.

Na carpa haberá múltiples contidos dirixidos ao público xuvenil, e nela ofrecerase información sobre recursos e programas para a mocidade. A instalación, neste caso, apoiará a iniciativa dun grupo informal de mozos e mozas “Ponte do porco” que celebrarán o Encontro Musical de Xuventude das Mariñas onde a mocidade amosará o seu talento e creatividade.

Esta iniciativa percorrerán un total de 40 concellos galegos co obxectivo de levar o traballo do departamento autonómico alí onde se atopan os mozos e mozas usuarios dos servizos que presta e beneficiarios dos programas que leva a cabo.

Para a consulta sobre as datas e lugares de realización desta campaña informativa, os interesados en participar poden atopar máis información na páxina web xuventude.xunta.es.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes, que teñen entre 18 e 30 anos

A súa estadía, que comezou o pasado 15 de xullo, prolongarase ata o próximo día 29

Están a desenvolver traballos de sinalización de roteiros, identificación de patrimonio, adecentamento de zonas de lecer ou limpeza de maleza

Un total de 20 mozos e moza procedentes de 5 países (Francia, República Checa, Rusia, Turquía e Arxentina), así como doutras comunidades autónomas, están a participar no campo de traballo cultural e etnográfico de Ponteceso, que leva por nome “Conciencia do noso pasado” e que está organizado pola Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes nesta actividade, que teñen entre 18 e 30 anos. A súa estadía comezou o pasado 15 de xullo e prolongarase ata o próximo día 29.

Durante a súa participación, están a desenvolver diversas actividades como a sinalización do vello camiño que empregaban os mineiros que traballaban na praia de Valarés extraendo rutilo e titanio. Así, están a sinalizar con antas de pedra e placas este sendeiro.

Ao mesmo tempo, levan a cabo outras actividades como a limpeza da maleza do roteiro, a identificación do patrimonio do contorno, o adecentamento de zonas de lecer ou a recollida de lixo. Isto compaxínase con outros traballos etnográficos como coñecer o funcionamento da vella mina, ou os costumes e tradicións que se desenvolveron ao redor desta actividades.

Como actividades complementarias, os participantes visitarán as cidades da Coruña e Santiago de Compostela, realizarán excusións pola Costa da Morte, convivencias musicais, teatro de rúa, cinema ou sendeirismo.

310 prazas
En Galicia están a organizarse este verán un total de 10 campos de traballo con 310 prazas nas Illas Cíes, Lalín, Esgos, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, Ponteceso, Boqueixón, Rois e Palas de Reis. As actividades abranguen desde o eido etnográfico e cultural –como este caso- ata o ámbito ambiental, arqueolóxico ou de fomento do emprendemento.

Os campos de traballo están dirixidos tanto a mozos e mozas de Galicia como a aqueles que residen noutras rexións ou países, como sucede no campo de Ponteceso.

Pola súa banda, os mozos galegos poden inscribirse tamén nalgún dos 49 campos de traballo que se organizan noutras comunidades autónomas, ou nalgún dos que se celebran en 27 países dos cinco continentes.

Estas actividades están encamiñadas a favorecer a convivencia, participación, tolerancia e solidariedade entre a mocidade a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social.

O documento xa pode consultarse na web http://xuventude.xunta.es e ofrece información moi ampla: desde a documentación necesaria para viaxar, medios de transportes económicos ou carnés que ofrecen descontos

Os mozos e mozas tamén disporán recursos para axudarlles a atopar traballo no verán ou programas de prácticas

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vén de publicar a “Guía de verán 2013” que ten como obxectivo axudar á mocidade galega a planificar o seu ocio e formación durante estes meses.

Trátase dunha ferramenta que ofrece diversa formación de utilidade para planificar o tempo dos mozos e mozas. Así, por exemplo, no documento pódese atopar información sobre a documentación necesaria para viaxar; os medios de transporte máis económicos, tanto en España como no resto de Europa; onde aloxarse; que visitar...

Ademais, tamén pode consultarse información sobre os distintos tipos de carnés para a mocidade que permiten descontos: carné xove, o Go-25, o de estudante internacional (ISIC) ou o de alberguista. Esta documentación dá dereito, nas súas distintas modalidades, a utilizar máis de 180 albergues xuvenís en España e máis de 5.000 pertencentes a outros países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís.

As recomendacións para viaxar abranguen tamén consellos de saúde (por exemplo, as vacinas necesarias ou outras recomendacións de uso cotiá); información sobre zonas de acampada e parques naturais; e tamén sobre festas de interese turístico.

A guía dedica ademais diversos apartados a completar a formación e vida laboral da xuventude. Deste xeito, ofrece información útil para atopar traballo no verán ou para conseguir prácticas para os estudantes, así como cursos de verán que organizan as universidades, entre outra oferta formativa.

O documento completo está dispoñible na web http://xuventude.xunta.es , onde se pode consultar e tamén descargar.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou onte a Oficina de Información xuvenil transfronteiriza Galicia Norte de Portugal e o Local de ensaio na sede da Eurocidade Chaves – Verín, sita na antigo posto transfronterizo Chaves – Verín.VERIN

O proxecto Eurocidade foi aprobado  ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), cofinanciado con fondos Feder. Son socios no proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, o Concello de Verín, a Cámara municipal de Chaves e o Instituto portugués do Deporte e a Xuventude.

O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza galego-portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en programas europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa, ou do seu futuro profesional e laboral.

 A Oficina de información xuvenil forma parte das redes do resto de oficinas de información xuvenil tanto galegas como portuguesas e ten como obxectivos fundamentais: servir de plataforma para promover e apoiar a mobilidade, a interacción e a colaboración entre os xóvenes galegos e portugueses, contribuíndo así á integración cultural e social da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal; e ser punto de referencia de información, de asesoramento sobre cuestións coma o emprego, o emprendemento, a formación, ocupación do tempo libre, cultura e ocio; asociacionismo, mobilidade, mentres se reforza a idea de Europa como unha sola comunidade.

Pola súa banda, o local de ensaio é un espazo adecuado dirixido aos mozos e mozas para que poidan expresar a súa creatividade musical.

Dende a posta en marcha no 2011 da Oficina de Información xuvenil transfronteririza se organizaron toda unha serie de actividades de xuventude moi diversas. Así celebrouse o Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil: “A Xuventude Móvese”, onde uns 30 mozos atoparon un espazo de intercambio de experiencias no traballo con colectivos xuvenís, así como recursos e ferramentas que facilitan a creación de proxectos de participación xestionados polos propios mozos, priorizándose aqueles que contiñan unha  compoñente transfronteiriza entre Galicia e Portugal.

A creatividade estivo presente mediante exposicións de traballos na modalidade de artes plásticas de 17 mozos galegos portugueses e galegos no 2011 e no 2013 coas obras de 6 mozos galegos e 2 portugueses. No caso dos artistas galegos foron expostos os traballos gañadores do certame de creadores novos Xuventude Crea 2010 e 2012.

Así mesmo, tamén se levaron actividades no eido lingüístico coa organización de cursos de lingua portuguesa: curso de portugués técnico, conversa en lingua portuguesa e curso de escrita creativa en portugués e  animación á lectura. Estes cursos están orientados á actividade profesional coa finalidade de ampliar as posibilidade curriculares da mocidade, mediante a adquisición de competencias lingüísticas que lles permitan traballar dos dous lados da Eurorrexión.

Ao abeiro deste proxecto tamén se levou a cabo o fomento da Eurorrexión a nivel turístico. Deste xeito 20 mozos e mozas participaron nun curso sobre recursos turísticos, para ser coñecedores do potencial turístico da Eurocidade, analizando os posibles nichos de fomento de emprego local para a xuventude. Na liña de actuación de promoción do espírito emprendedor o obxectivo deste curso foi amosar aos participantes, dunha maneira eminentemente práctica, as posibilidades, as novas tendencias e a evolución do sector turístico, para que os mozos e mozas poñan en marcha as súas propias empresas na zona transfronteiriza.

Por outra banda, en novembro de 2012 creouse o 1º Foro Xuvenil Transfronteirizo, con máis de 50 representantes de colectivos xuvenís da Eurocidade. O Foro Xuvenil Transfronteirizo busca converterse nun espazo de participación democrática da mocidade de Chaves e Verín, a partir do cal os colectivos que realizan o seu traballo dentro do territorio da Eurocidade poidan aportar as súas opinións respecto das inquedanzas e necesidades existentes entre a mocidade local, dende unha perspectiva transfronteiriza. Así mesmo, tamén persegue servir de lugar común de encontro e de intercambio de experiencias entre os mozos e mozas de Chaves e Verín a partir do cal poder xerar novos proxectos conxuntos de participación xuvenil.

Nesta liña de participación e colaboración entre a xuventude de zonas transfronteirizas, en decembro de 2012 tivo lugar o Seminario “A participación xuvenil en localidades tranfonterizas” , onde 20 mozos de 4 países  europeos debateron e traballaron conxuntante durante unha semana. Un colectivo e líderes xuvenís puideron compartir as súas experiencias como zonas transfronteirizas.

En canto ao local de ensaio, no que están rexistrado 15 grupos de música tanto portugueses coma galegos, nos primeiro semestre de 2013  se realizaron distintas actividades para a súa posta en valor e dinamización, para a ampliación do número de usuarios así como para facilitar o intercambio cultural a través da música. Deste xeito  celebráronse uns talleres APP music, uns talleres de aplicacións móbiles para espazos musicais, unhas sesións formativas no eido das aplicacións tecnolóxicas para móbiles, de contido musical. E a comezos do mes de xuño tivo lugar unha Jam Session, é dicir, uns miniconcertos onde grupos de música galegos e portugueses amosaron en directo os seus traballos.

 

Toda a información sobre as actividades que se desenvolven na Oficina de información xuvenil transfronteiriza se pode atopar neste enlace

http://es.eurocidadechavesverin.eu/

A iniciativa arrancou esta semana no centro de Monterroso, onde voluntarios dixitais da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide, MELISA, impartirán talleres tecnolóxicos a 10 internos

A primeira aplicación práctica desta formación será a reparación de equipamento informático que pasará a formar parte dunha nova aula informática con software libre na prisión de Monterroso

O Programa Voluntariado Dixital, en colaboración coa Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, poñen en marcha o proxecto “Tecnoloxía e software libre en centros penitenciarios galegos”, que comezou esta semana no Centro Penitenciario de Monterroso, en Lugo, e que se estenderá aos sete centros penitenciarios da Comunidade tras o verán.

O proxecto ten como obxectivo promover a inserción laboral dos reclusos á saída de prisión, ofrecendo aos asistentes formación e práctica no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación TIC e no eido do software libre. A primeira aplicación práctica desta formación será a reparación de equipamento informático que pasará a formar parte dunha nova aula informática con software libre na prisión de Monterroso.

Talleres teóricos e prácticos
O programa formativo estrutúrase en tres talleres tecnolóxicos, que permitirán que os internos das prisións galegas adquiran os coñecementos básicos para poder identificar os compoñentes dun ordenador, instalar e configurar un sistema operativo libre.

A través destes talleres, de 3 días de duración, os internos das prisións poderán finalmente verificar o funcionamento de equipos informáticos cos que conta o seu centro penitenciario respectivo para poñer en marcha un aula de informática con software libre e xestionada por eles mesmos.

Para poder acadar os niveis de calidade desexados, seleccionarase un número reducido de presos en cada centro de acordo coa súa formación, intereses, preparación e aptitudes, e en colaboración coa dirección de cada centro. Con eles, formularase un grupo de traballo intensivo, con atención personalizada e conexión permanente na práctica co equipo de formación.

A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide
Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide, MELISA, constitúese formalmente a finais do ano 2008, como resultado das inquedanzas de varios veciños de Melide, amantes da cultura libre e da tecnoloxía en xeral, e están a desenvolver múltiples actividades de difusión e promoción do software libre, alcanzando diferentes sectores sociais; educativo, empresarial, administración, etc. MELISA é unha asociación adherida ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, e presta apoios dixitais en cinco actividades de fomento do software libre en Galicia. Ademais, está asociación tamén colabora do Plan de acción en materia de software libre da Xunta de Galicia e asinou un acordo coa Amtega para a difusión do software libre en Galicia no que se inclúe esta actuación nos centros penitenciarios galegos.

Programa Voluntariado Dixital e Plan de Software Libre da Xunta 2013
Esta iniciativa enmárcase nos apoios que están a proporcionar os voluntarios do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia. Esta iniciativa, impulsada pola Amtega e a Consellería de Traballo e Benestar o ano pasado, busca incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá dos galegos, facendo especial fincapé nos colectivos de persoas onde a fenda dixital faise máis evidente.

No seu primeiro ano de andaina o Programa Voluntariado Dixital conseguiu a adhesión de 41 entidades de acción voluntaria, 14 organismos colaboradores e 23 empresas do sector tecnolóxico.

A este apoio de entidades colaboradoras e mecenas dixitais hai que sumar a dos máis de 220 voluntarios que se adheriron á iniciativa e que poñen á disposición das entidades de acción voluntaria o seu tempo e os seus coñecementos naqueles proxectos relacionados coas TIC que se vaian lanzando no marco deste programa. Os únicos requisitos que deben cumprir son ser maior de idade e ter un coñecemento tecnolóxico de usuario medio.

A iniciativa suma así a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital.
Asímesmo, este proxecto nos centros penitenciarios galegos, é unha actividade incluída nos convenios firmados entre a Amtega e as Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL) para impulsar a promoción e fomento do uso de software libre entre a cidadanía.

XploraXuventudeA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha o programa Xplora Xuventude que se configura a modo de campaña informativa e que ten como finalidade achegarse aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando eventos con gran afluencia de público mozo.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, os/as técnicos/as da Rede Galega de Dinamización Xuvenil percorrerán 40 concellos da xeografía da Comunidade co obxectivo de levar o traballo do departamento autonómico alí onde se atopan os mozos e mozas usuarios dos servizos que presta e beneficiarios/as dos programas que leva a cabo.

A iniciativa comezou hoxe no concello pontevedrés de Gondomar.

En cada localidade instalarase unha carpa con múltiples contidos dirixidos ao público xuvenil e ofrecerase información sobre recursos e programas para a mocidade e asesoramento para aqueles mozos e mozas interesados.

Ademais de información de interese para a mocidade, esta campaña informativa pretende ofrecer un espazo a grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

Consulta aquí o cadro cos lugares e datas de instalación da carpa.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe os participantes desta iniciativa especializada en deportes náuticos

Neste ano 2013, o departamento autonómico investirá máis de 2,2 millóns de euros para financiar preto de 8.200 prazas de campamentos, actividades para maiores de 18 anos e campos de traballo en toda Galicia, un 2,2% máis que o ano pasado

Así mesmo, aumenta tamén o número de albergues e campamentos nos que se desenvolverán as actividades desta campaña ata as 18 instalacións, cinco máis que en 2012

As empresas de ocio e tempo libre galegas están a dar emprego a máis de 900 monitores e directores de campamentos grazas a esta iniciativa

Beatriz Mato informou da posta en marcha do Plan de Mellora das Instalacións Xuvenís, que contará cun orzamento de máis dun millón de euros ata 2015 e permitirá a realización de obras en cinco centros

No caso das Sinas, destinaranse preto de 400.000 euros para aumentar a habitabilidade do albergue, reparar os desperfectos sufridos polo paso do tempo ou facelo máis accesible para as persoas con mobilidade reducidaCONSE

Uns 600 mozos e mozas de entre 13 e 17 anos participarán ao longo deste verán nas actividades do albergue das Sinas en Vilanova de Arousa, que se inscriben no marco da campaña de verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe aos participantes deste campamento especializado en deportes náuticos, e que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en varias quendas. Mato indicou que estas instalacións atópanse entre as máis importantes no marco desta iniciativa que volve ofrecer á mocidade galega e ás súas familias un recurso de ocio educativo e tempo libre “de primeiro nivel”.

Para a titular de Benestar, estes campamentos, nos que se pode participar a partir dos nove anos, “axudan aos mozos e mozas galegos a incrementar as súas habilidades sociais, supoñen unha magnífica oportunidade de educación non formal, e ademais son un recurso de conciliación da vida laboral e familiar” á vez que contribúen a mellorar o coñecemento do medio natural, fomentan as actividades culturais, e promoven a práctica de xogos e deportes.

Neste ano 2013, o departamento autonómico investirá máis de 2,2 millóns de euros para financiar preto de 8.200 prazas de campamentos, actividades para maiores de 18 anos e campos de traballo en toda Galicia, un 2,2 por cento máis que o ano pasado. Así mesmo, aumenta tamén o número de albergues e campamentos nos que se desenvolverán as actividades desta campaña ata as 18 instalacións, cinco máis que en 2012.

Beatriz Mato informou da posta en marcha do Plan de Mellora das Instalacións Xuvenís, que contará cun orzamento de máis dun millón de euros ata 2015. Iso permitirá a realización de obras en cinco centros. Ademais de nas Sinas, realizaránse reformas no campamento xuvenil A Devesa de Ribadeo (Lugo), no complexo xuvenil As Mariñas de Bergondo (A Coruña), no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín (Lugo) e no campamento xuvenil Virxe de Loreto de Porto do Son (A Coruña) .

No caso das Sinas, destinaranse preto de 400.000 euros para aumentar a habitabilidade do albergue, reparar os desperfectos sufridos polo paso do tempo, facelo máis accesible para as persoas con mobilidade reducida e mellorar aspectos como a iluminación, as instalacións eléctricas ou a ventilación, entre outros.

Doutra banda, a conselleira de Traballo e Benestar valorou que, ademais de mellorar as habilidades e as relacións entre os participantes, a Campaña de Verán conleva un importante impulso ao emprego. De feito, as empresas de ocio e tempo libre galegas están a dar emprego a máis de 900 monitores e directores de campamentos grazas a esta iniciativa.

Por último, Beatriz Mato lembrou que a Campaña de Verán inclúe tamén actividades para os mozos e mozas maiores de 18 anos, prazas en campos de traballo e intercambios con outras Comunidades Autónomas como o País Vasco, Castela e León, Estremadura ou A Rioxa.

O delegado territorial da Xunta subliñou que a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado aumentou as prazas para participar nas actividades da campaña de verán e ampliou o número de instalacións

Rogelio Martínez visitou hoxe os participantes da actual quenda de idades comprendidas entre os 9 e 11 anos

Durante os once días desenvolverán actividades de teatro e aventura ENTRIMO

Na campaña de verán organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, este ano ofértanse un total de 785 prazas na provincia de Ourense, 245 máis que o anterior, para que mozos e mozas de entre 9 e 35 anos participen nestas actividades de educación non formal. O departamento autonómico inviste case 2,3 millóns de euros no total galego.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, subliñou a aposta do Goberno galego para manter a oferta destas actividades, e mesmo o seu incremento, fronte a outras comunidades autónomas que suspenderon estas actividades. En Ourense tamén se amplía o número de instalacións nas que se ofertan prazas de campamentos , incluíndo 3 novos albergues respecto ao ano anterior. Así, ao campamento xuvenil “Penedos de Xacinto” no concello de Entrimo e á Residencia “Florentino López Cuevillas” da capital, súmanse nesta campaña á Estación de montaña Manzaneda; o albergue xuvenil “Vilar de Ordelles”, no concello de Esgos; e o Centro de Educación ambiental Equal, no concello de Coles.

Teatro e aventura na natureza
Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, visitou esta mañá no campamento xuvenil Penedos de Xacinto, na localidade ourensá de Entrimo, os 100 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos, que participan na primeira quenda de xullo.

Durante a súa estadía en Entrimo os rapaces poderán participar en actividades de teatro e aventura na natureza que inclúen clases de dramatización, expresión corporal e desinhibición; obradoiros de formación e observación; ensaios e propostas teatrais; técnicas de circo; malabares e equilibrio; ademais de piscina.

Ao longo de todo o verán por este campamento de Entrimo pasarán máis de 350 mozos e mozas para participar en actividades de teatro, aventura na natureza e deporte.