En portada (1139)

Outono Xove 2021

Out 14, 2021

Actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 30 anos.

A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.

Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

O prazo de inscrición comezará o día 14 de outubro ás 11.00 horas.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

Consulta aquí a toda a información do programa

A inscrición será unicamente en liña, mediante este formulario. Cumplimenta o que corresponda ao teu tramo de idade:

+ Formulario participantes de 14 a 17 anos

+ Formulario participantes de 18 a 30 anos

Modelos:

modelo declaración Covid-maiores de idade

modelo declaración Covid- menores de idade

modelo declaración sobre autorización de imaxes

Esta proposta, dirixida a persoas de entre 16 e 35 anos, ten como obxectivo difundir recursos pedagóxicos sobre a participación, a inclusión social, a educación ambiental ou o voluntariado

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no proxecto The paroleo, unha proposta innovadora de activismo social e ambiental da asociación Simbiose na que realiza podcasts e contidos audiovisuais cos que dar a coñecer accións levadas a cabo pola mocidade. Ademais, serve para reflexionar e difundir recursos pedagóxicos sobre a participación, a inclusión social, a educación ambiental ou o voluntariado, entre outros.

The paroleo, dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos, está levado a cabo ao abeiro de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, que busca ofrecer á xuventude galega a oportunidade de desenvolver os seus propios proxectos.

Pola súa banda, Cristina Pichel, quen participou nunha entrevista enmarcada na programación desta actividade, puxo en valor que esta iniciativa permite traballar con propostas novidosas e dar visibilidade a cuestións de relevancia social.

A Administración autonómica financia a través de Iniciativa Xove 85 proxectos liderados pola xuventude, nos que a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades. O Goberno galego achega preto de 400.000 euros a este programa, ao que xa leva destinado 6 millóns de euros para financiar unhas 1.500 ideas desde que se puxo en marcha hai 11 anos.

https://www.asociacionsimbiose.org/proyecto-theparoleo/ 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coas universidades de Vigo, A Coruña e de Santiago de Compostela, abre o prazo de inscrición no programa Correspondentes Universitarios/as, que promove a difusión de programas, accións e iniciativas da Xunta de Galicia enfocadas cara á mocidade, así como doutra información de interese para este colectivo.

Os/as estudantes que queirades formar parte desta iniciativa podedes inscribirvos desde hoxe e ata o 12 de novembro mediante este formulario electrónico.

Os requisitos do programa son: manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das tres universidades durante o curso 2021/22, ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude e cumprir as condicións específicas de cada universidade para o recoñecemento de créditos.

As túas funcións como correspondente serán:
- Difundir información de interese entre o alumnado da túa universidade.
- Colaborar cos centros na difusión de información relacionada coa situación sociosanitaria derivada da covid-19.
- Xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación.
- Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral ou as universidades.

Os beneficios das voluntarias e voluntarios son:
- Recibir información xuvenil de interese.
- Recibir formación gratuíta en materia de xuventude.
- Recibir o recoñecemento do tempo adicado a estas funcións como persoas voluntarias a través dun Certificado de experiencia de educación non formal en materia de Xuventude
- Obter o carné de alberguista durante o curso no que estedes inscritos/as.
- Participar gratuitamente durante unha fin de semana nun encontro autonómico de correspondentes (incluíndo o aloxamento, a mantenza e a programación de actividades), sempre e cando a situación sanitaria da covid-19 o permita.

Recoñecemento en ECTS
- A USC expedirá unha certificación aos seus estudantes que acredite a participación no programa Correspondentes Universitarios para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS unha vez completado o protocolo por ela establecido, coa correspondencia dun 1 ECTS por cada 30 horas. 
- A UDC expedirá unha certificación aos seus estudantes que acredite a participación no programa Correspondentes Universitarios para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 10 horas, por participación en actividades universitarias.
- A universidade de Vigo convalidará ao seu alumnado o tempo de participación no programa por créditos ata un máximo de 6 ECTS, coa correspondencia de 30 horas por cada ECTS, a partir do certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Anímate a participar!!

Toda a información do programa na convocatoria

O Goberno galego financia 85 propostas lideradas pola xuventude, ás que apoia con 400.000 euros

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse ao proxecto Conecta Galicia 2021, que leva a cabo a Asociación de Estudantes de Intercambio de Santiago de Compostela (ESN Santiago) a través do programa Iniciativa Xove. Esta proposta ten como obxectivo crear unha conexión cos estudantes locais galegos e os internacionais a través dunha programación de actividades de formación e concienciación medioambiental, de patrimonio cultural, de igualdade de xénero, de inclusión social ou de respecto á diversidade.

Cristina Pichel puxo en valor a realización destas actividades, xa que, ademais, de permitir compartir diferentes culturas e aprender delas, traballan na integración dos universitarios estranxeiros que durante o curso 2021-2022 acompañarán aos estudantes locais nas cidades de Lugo e Santiago.

O proxecto Conecta Galicia 2021 tamén fomenta o Camiño de Santiago e as tradicións da nosa comunidade autónoma a través do baile, a música, a gastronomía, os xogos tradicionais, a aprendizaxe da nosa lingua ou a transmisión oral de lendas populares.

A Administración autonómica financia a través de Iniciativa Xove 85 proxectos liderados pola xuventude, nos que a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades. O Goberno galego achega preto de 400.000 euros a este programa, ao que xa leva destinado 6 millóns de euros para financiar unhas 1.500 ideas desde que se puxo en marcha hai 11 anos.

http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

Podes seguir o encontro Mo_Cidade na canle de youtube

Encontro do venres: https://youtu.be/f5zE0JydJKg venres

Encontro do sábado: https://youtu.be/foFyLzisAGk sabado

 

 

 

 

 

22 e 23 de outubro de 2021, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha a segunda edición de Mo_cidade: Encontro da xuventude creativa e emprendedora, un espazo de formación, creatividade,  emprendemento, cultura e lecer que permitirá establecer sinerxías, compartir experiencias, proxectos e ideas, e impulsar á xuventude no seu desenvolvemento persoal e profesional.

O encontro, de carácter presencial, ten como obxectivo promover e estimular a creatividade, a participación e o espírito emprendedor da mocidade galega a través dun espazo aberto ao diálogo entre as persas participantes.

Mo_cidade busca asentarse como un evento de referencia para os mozos e mozas grazas a unha programación multidisciplinar, moderna e á vangarda das novas correntes e sectores emerxentes.

A inscrición neste evento, totalmente gratuíta, dará acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, aos concertos musicais, así como ao aloxamento e almorzo durante os días do encontro (noites do venres e sábado).

Ademais, o espazo contará cunha zona de networking e unha zona expositiva con stands de diferentes entidades e asociacións xuvenís e de voluntariado.

Consulta aquí o programa completo do encontro!

 

 

 

Datas de realización: 22 e 23 de outubro de 2021

Lugar de realización: Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela (A Coruña)

Enlace Google maps: https://goo.gl/maps/svaEyUNkgozgQTYMA

Destinatarios: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos)

Prazas ofertadas: 200

Prazo de inscrición: do 5 de outubro ao 15 de outubro de 2021

Inscrición: será en liña a través deste formulario electrónico.

 

Formulario

 

Procedemento de adxudicación de prazas: as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.

A confirmación da praza farase por correo electrónico no prazo máximo de tres días hábiles tras realizar a inscrición. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico:

  • Fotocopia escaneada do DNI/NIE.
  • Declaración responsable sobre a Covid-19 (descargar modelo)

Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico programas.xuventude@xunta.gal indicando no asunto o programa ao que está inscrito (Mo_cidade 2021).

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de reserva por orde de entrada.

A ausencia de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala, ocasionará a baixa automática do encontro e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en lista de reserva.

As persoas admitidas que por calquera motivo non poidan finalmente asistir ao encontro, deberán comunicalo a través dun correo electrónico (programas.xuventude@xunta.gal) cunha antelación mínima de catro días naturais á data de inicio do evento, co fin de poder asignar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de reserva.

De non facelo así quedarán excluídas da participación en sucesivas edicións deste encontro e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Cobertura: aloxamento será nas instalacións do Monte do Gozo en réxime de aloxamento e almorzo en cuarto de uso individual ou múltiple.

A restante manutención (comida e cea) será por conta das persoas inscritas. Para este efectos instalaranse na Cidade da Cultura food trucks de comida e bebida e espazos habilitados para xantar.

Transporte: a organización poñerá a disposición das persoas inscritas autobuses para desprazarse entre o aloxamento do Monto do Gozo e a Cidade da Cultura de Galicia. O traslado entre a localidade de domicilio e Santiago de Compostela será por conta das persoas inscritas.

Acreditación: o acceso a todas as actividades do encontro, tanto as desenvolvidas no interior como no exterior, así como ao servizo de transporte e/ou aloxamento, esixe que a persoa moza participante se acredite, como hora límite, ás 10:00 horas do sábado 23 de outubro de 2021. Deste xeito, o horario de acreditación abrirase o venres in situ no evento e finalizará o sábado ás 10:00 horas. De non presentarse neste horario e, salvo causa xustificada, a persoa quedará excluída das actividades programadas.

Máis información:

programas.xuventude@xunta.gal

981 545 702/ 981 544 645 (de 9 a 14 horas, L-V)

A Xunta puxo en valor o traballo realizado pola asociación Amabul no coidado medioambiental da comarca do Ulla. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os voluntarios e voluntarias que desenvolveron xornadas de formación e traballos de control e erradicación de especies exóticas invasoras no sistema fluvial Ulla-Deza ao seu paso polos concellos de Vedra, Boqueixón e A Estrada.

Este proxecto, dirixido a persoas de entre 16 e 35 anos, está incluído dentro dos programas de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia para que a mocidade poida poñer en práctica e realizar as súas ideas. Durante o encontro, no concello de Vedra, a directora xeral apuntou que esta iniciativa de Amabul permite incidir nun punto moi importante como é a concienciación ambiental nas contornas rurais.

A Xunta de Galicia financia, ao abeiro de Iniciativa Xove, 85 proxectos liderados pola xuventude e nos cales a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades. O Goberno galego achega preto de 400.000 euros a este programa, ao que xa leva destinado 6 millóns de euros para financiar unhas 1.500 ideas desde que se puxo en marcha hai 11 anos.

A Xunta publicou a nova oferta formativa do servizo Quérote+ dirixida a concellos e asociacións. Cada entidade poderá solicitar os obradoiros que lle resulten de interese para un mínimo de dez persoas cubrindo o formulario dixital e poderán elixir entre dous formatos: presencial e virtual.

Ofértanse un total de sete obradoiros dirixidos á xuventude de entre 14 e 30 anos ou a familias con menores a cargo. Entre as novidades deste ano atópanse os cursos Re Conecta, para a xestión do mundo dixital e a adicción ás novas tecnoloxías; Cultivando a autoestima, obradoiro para o crecemento persoal e o autoconcepto; e Recalculando a ruta, para a xestión emocional tras os efectos da covid-19.

Estes tres proxectos novidosos súmanse aos xa impulsados con anterioridade: Falando da sexualidade, sobre a educación sexual; Divers@s, sobre o proceso de sexualización; O coidado dos vínculos afectivos, para a xestión equilibrada das relacións afectivas; e Redes Familiares no que se avoga polo traballo conxunto e integral cos diferentes axentes educativos implicados directa ou indirectamente no proceso de ensino-aprendizaxe.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0 

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de Información Xuvenil e co profesorado participante no programa. Correspondentes STICKERS altavoz redes

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp, web do IES...
2. Manter actualizado e ordenado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.

Este curso pretendemos que cada equipo de Correspondentes Xuvenís conte cunha rede social para a difusión da información. Ademais, contaremos cun foro onde poderán intervir todos/as os/as correspondentes e profesorado participantes para compartir información e ideas. Así mesmo, participarán no foro todas as OMIX e Espazos xoves que colaboren no programa.

correspondentes3.0

Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío. (A realización de encontros estará condicionada pola evolución da covid-19).
Recoñeceráselles a súa particapción cun Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.

Beneficios para o profesorado colaborador:
O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 24 de setembro de 2021.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, ata o 30 de outubro de 2021FORMULARIO DE SOLICITUDE 

Enviar o formulario a informacion.xuventude@xunta.gal

Máis información no teléfono 881 997 606 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

logo MENTORINGTrátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 5, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.

 

POR QUE?

Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking  e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

COMO?

A través das seguintes accións:

  1. Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
  2. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
  3. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
  4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

PARA?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
  • Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
  • Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Para a edición 2021 deste programa ofértanse 350 prazas!

CANDO?

As accións do programa desenvolveranse entresetembro e decembro de 2021.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN

O prazo para a inscrición está abertoata o 10 de setembro a través sun sinxelo formulario en liña dispoñible aquí:

https://xuventudementoring.cixug.gal/incr-mentoring/

Se queres ampliar información ou solucionar as túas dúbidas sobre o programa podes escribir ao correo:

mentoring@cixug.gal

Tamén podes contactar co equipo de titores/as do programa. Esta é a relación segunda a localización dos seus centros, aínda que o programa ten ámbito autonómico:

A Coruña:

José Grandal: 722 255 368

Natalia Barro: 722 134 195

Luisa Campos: 722 252 827

Santiago de Compostela:

Francisco Abuín: 722 259 234

Yesica Gutiérrez: 613 115 773

Enrique Díaz: 722 248 111

Vigo:

Sarai Rodríguez: 722 290 317

Iria Castellanos: 633 638 944

Sari Costas: 722 253 691

Máis información https://xportal.cixug.gal/

 

 

 

O BOE publicou a convocatoria do curso 2021/22 das axudas e bolsas para estudos postobrigatorios.

Os destinatarios principais son os/as estudantes das formacións que seguen: bacharelato, FP, ensinanzas artísticas profesionais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, EOI e ensino universitario.

O prazo estará aberto ata o 14 de outubro para o estudantado universitario e ata o 30 de setembro para o estudantado non universitario.

Podes consultar máis información na convocatoria: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2021-34665

Enderezo da tramitación da bolsa para estudos non universitarios: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1556

Enderezo da tramitación da bolsa para estudos universitarios: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1557