Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os mozos entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.
A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.
CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
COMO PODO INSCRIBIRME?
O Servicio de Empleo Estatal (SEPE) procedeu a aplicar unha serie de cambios no procedemento de inscrición no Sistema Garantía Juvenil con efectos a partir do 14 de outubro de 2020.
A partir de esa data as persoas solicitantes poden obter o seu usuario e contrasinal directamente a través da aplicación. Hai cinco opcións para seleccionar a forma de inscrición:
1.Inscrición con DNI electrónico, con certificado dixital ou Cl@ve.
2.Inscrición con usuario e contrasinal.
3.Inscrición presencial de forma asistida nas Cámaras de Comercio.
4.Se non necesitas inscribirte, porque xa estás inscrito.
5.Inscrición para persoas con discapacidade ou risco de exclusión social.
Teléfono social de acompañamento e apoio a cidadanía ante o coronavirus. Se o precisas, chama!
http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/index.php?mod=not&ide=3298
#CreaNaCasa
Unha cántiga de ánimo, un son de esperanza
Xermán Bugallo @sherchelios , artista, médico e gañador do Xuventude Crea 2019 na especialidade de música, manda a toda a mocidade unha mensaxe de alento neste #EuQuedoNaCasa
O estado de alarma descubriu a cara máis solidaria da nosa mocidade. É nestes momentos cando sae o mellor de nós.
O Instituto da Xuventude, Injuve, recolle nas súas redes sociais iniciativas solidarias de mozas e mozos que ofrecen a súa axuda aos demais.
Cada día actualizaranse con novas iniciativas que poñen de manifesto que nesta crise a nosa mocidade está comprometida, de moitas maneiras, para botar unha man:
Universitarios contra a Pandemia son un grupo de universitarios con moitas ganas de axudar a rapaces e rapazas de primaria e ESO de todo o país. Ben sexa a través de clases online, materiais de reforzo ou exercicios de forma completamente gratuíta.
Supervecina, unha aplicación web gratuíta para xestionar a túa comunidade de veciños, puxo en marcha a iniciativa "Xa que vas" para axudar aos que non poden saír de casa estes días. A mocidade poden ofrecer a súa axuda ou buscala para un amigo, familiar ou para eles mesmos.
Eu axúdoche coa sele é unha iniciativa de mozos universitarios que axudan aos alumnos que este ano farán selectividade, con clases colaborativas, sesións de dúbidas, bancos de apuntamentos... Se estás en 2° de Bacharelato non te perdas esta oportunidade!
"Todo saldrá ben" é a web que a Fundación Hazlo Posible creou para fomentar a colaboración cidadá e recoller as necesidades. Bota unha ollada ás iniciativas solidarias publicadas e publica a túa!
Coranavirus makers é unha rede de makers voluntarios que se coordinan para crear máscaras, viseras, respiradores… nun tempo récord e poñelas ao dispor dos hospitais.
"Frea a curva Maps" é un mapa online onde se poden anunciar ofertas e peticións de axuda, potenciando a acción veciñal para chegar a persoas sen acceso a móbil ou computador.
En Galicia tes a túa disposición o teléfono gratuito de Voluntariado Galego: 900 400 800
Desde Xuventude seguimos atendendo as túas consultas. Si queres ter información sobre os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou resolver calquera dúbida sobre estudos, bolsas, emprego... non dubides en poñerte en contacto connosco a través dos seguintes correos electrónicos:
informacion.xuventude@xunta.gal
ccoordinador.xuventude@xunta.gal
ou a través do Teléfono Xove: 012
Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade
O FSE inviste no teu futuro
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Contía:
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.
Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 21 de decembro de 2020 e acreditalo. (Ampliación do prazo publicada no DOG do 13 de outubro de 2020)
As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de xullo de 2020
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020
Consultas en xuventude.programas@xunta.gal
Consulta o folleto informativo
Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
Espazos Xoves
Cámaras de Comercio
Oficinas Municipais de información Xuvenil
Podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil
MODELO SOLICITUDE DE ANTICIPO: ODT / PDF
Os mozos e mozas galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude dotado de 125 medidas pensadas para e coa xuventude, en seis ámbitos prioritarios de actuación: emprego e emprendemento, rural, talento e creatividade, formación, participación e Xacobeo 2021.
Na elaboración deste plan se tiveron en conta as prioridades da mocidade a través de encontros provinciais e de cuestionarios de valoración das políticas da Administración autonómica, que supuxeron contar coa opinión de máis dun milleiro de mozos e mozas.
Entre as novas iniciativas que contempla o Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2021, podemos destacar a convocatoria nas vindeiras semanas dunha nova liña de axudas para a obtención do carné de conducir de tipo B (de turismo) e C (de camión), un dos principais requisitos para acceder a un posto de traballo. Estas axudas poderán beneficiar a 1.500 mozas que, neste momento, non estean nin estudando nin traballando.
Tamén neste eido do emprego, crearase a nova Oficina virtual de Emancipación Xuvenil, que ofrecerá información e asesoramento; e porase en marcha a iniciativa Talento Mozo, que contará, entre outras medidas cunha serie de obradoiros e charlas de xuventude relevante e destacada , así como cos Premios Talento Mozo.
Por outra banda, e no ámbito da acción voluntaria, o plan consolidará Galicia como a comunidade autónoma de referencia na organización de campos de voluntariado ampliando a oferta durante os meses de verán e poñendo tamén en marcha campos fóra da época estival ademais de levarse a cabo un gran proxecto de voluntariado xuvenil para o Xacobeo 2021.
O Plan tamén incorpora a posta en marcha dunha estratexia de comunicación máis directa coa mocidade a través do canal de whatsapp e foros de debate territoriais.
Se queres consultar o documento íntegro do Plan pincha aquí
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2020.
O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.
Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.
Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=405
As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona, serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.
Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.
Observacións: cada participante deberá levar os úteis de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Máis información:
Tfno: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal
CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO 2020
PARQUE NATURAL MONTE ALOIA
Días 6, 7 e 8 de marzo de 2020:
Actividades: adecuación da muralla cicoplea, limpeza na contorna do castro do Alto dos Cubos, e do Rego da Pedra
Punto de encontro e aloxamento: Seminario de Tui
Hora de chegada: 19:00 do día 6
Hora de regreso: 17:00h do día 8
RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO
Días 13, 14 e 15 de marzo de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada: 19:00 do día 13
Hora de regreso: 17:00h do día 15
PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA- SERRA DO XURÉS
Días 20, 21 e 22 de marzo de 2020
Actividades: adecuación no encoro e no río Salas, retirada de especies exóticas.
Punto de encontro e aloxamento: albergue O Corgo- Muíños
Hora de chegada: 19:00 do día 20 de marzo
Hora de regreso: 17:00h do día 22 de marzo
Días 17, 18 e 19 de abril de 2020:
Actividades: adecuación do tramo do río Limia desde Ponte Liñares ata Ponte de Nigueiroá, eliminación de especies exóticas.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 17 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 19 de abril
RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
Días 20, 21 e 22 de marzo de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: Centro Etnográfico Río Mandeo. Teixeiro-Curtis
Hora de chegada: 19:00 do día 20 de marzo
Hora de regreso: 17:00h do día 22 de marzo
RIBEIRA SACRA-CANÓN DO SIL
Días 27, 28 e 29 de marzo de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: albergue A Fábrica da Luz. Parada de Sil
Hora de chegada 19:00 do día 27 de marzo
Hora de regreso: 17:00h do día 29 de marzo
Días 29, 30 e 31 de maio de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 29 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 31 de maio
ZEC ANCARES-COUREL
Días 8, 9, 10, 11 e 12 de abril de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: Campa da Braña. Cervantes
Hora de chegada 19:00 do día 8 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 12 de abril
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLAS CÍES)
Días 8, 9,10,11 e 12 de abril de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento: nas propias illas
Hora de chegada 19:00 do día 8 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 12 de abril
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE ONS)
Días 17, 18 e 19 de abril de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento: na propia illa
Hora de chegada 19:00 do día 17 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 19 de abril
Días 24, 25 e 26 de abril de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento na propia illa.
Hora de chegada 19:00h do día 24 de abril
Hora de regreso: 17:00h do 26 de abril
O COUREL-TRIACASTELA
Días 24, 25 e 26 de abril de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 24 de abril
Hora de regreso: 17:00h do día 26 de abril
PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO
Días 1, 2 e 3 de maio de 2020
Actividades: colocación de protectores de fauna, colaboración na vixilancia e prevención de incendios.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 1 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 3 de maio
Días 5, 6 e 7 de xuño de 2020
Actividades: colocación de protectores de fauna, colaboración na vixilancia e prevención de incendios.
Punto de encontro e aloxamento: Por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 5 de xuño
Hora de regreso: 17:00h do día 7 de xuño
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE CORTEGADA)
Días 1, 2 e 3 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 1 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 3 de maio
Días 8, 9 e 10 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 8 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 10 de maio
O COUREL-FOLGOSO DO COUREL
Días 8, 9 e 10 de maio de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 8 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 10 de maio
PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
Días 15, 16 e 17 de maio de 2020
Actividades: adecuación de miradoiros e rutas do parque, inventario e eliminación de flora invasora. Seguimento de rutas de aves e outra fauna do parque.
Punto de encontro e aloxamento: por determinar
Hora de chegada 10:00 do día 15 de maio
Hora de regreso: 19:00h do día 17 de maio
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (ILLA DE SÁLVORA)
Días: 15, 16 e 17 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento na propia illa.
Hora de chegada: 17:30 do día 15 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 17 de maio
Días 29, 30 e 31 de maio de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias
Punto de encontro: por determinar
Aloxamento na propia illa.
Hora de chegada: 17:30 do día 29 de maio
Hora de regreso: 17:00h do día 31 de maio
PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
Días 5, 6 e 7 de xuño de 2020
Actividades: eliminación de especies invasoras, adecuación de ecosistemas e praias.
Punto de encontro e aloxamento: Por determinar
Hora de chegada 19:00 do día 5 de xuño
Hora de regreso: 17:00h do día 7 de xuño
O COUREL-QUIROGA
Días 12,13 e 14 de xuño de 2020
Actividades: preservación e conservación de espazos naturais.
Punto de encontro e aloxamento: albergue de Quiroga.
Hora de chegada 19:00 do día 12 de xuño
Hora de regreso: 17:00h do día 14 de xuño
Inscricións: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=405