En portada (1167)

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe a Comisión Interdepartamental de Xuventude na que fixo un balance das políticas desenvolvidas en 2011

A Consellería de Traballo e Benestar destinou ao redor de 81 millóns de euros ao fomento do emprego xuvenil en 2011, o 45% do orzamento total

No marco do Diálogo Social, de forma conxunta cos axentes sociais, foi consensuado o programa Forcon, pioneiro no Estado, e dirixido a mozas e mozos sen ou con baixa cualificación, que combina a formación en centros integrados cun contrato laboral dunha duración mínima de seis mesesCOMISIN

No eido da mobilidade, este ano porase en marcha o programa ‘Galeuropa’, que vai ofrecer 200 novas prazas para realizar prácticas laborais en empresas de cinco países europeos e está previsto que dispoña dun orzamento de 530.000 euros

No marco da vivenda, grazas á redución de gravames impositivos, preto de 13.000 mozos e mozas aforraron máis de 23 millóns de euros nos dous últimos anos

Preto de 25.000 mozos e mozas beneficiáronse en 2011 das accións de fomento do emprego incluídas no Plan Estratéxico da Xuventude do Goberno galego, que contaron cun orzamento de ao redor de 81 millóns de euros, o 45% do total do plan. A esta cifra hai que engadir aos preto de 1.500 mozos e mozas que obtiveron axudas para darse de alta como autónomos.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe a Comisión Interdepartamental de Xuventude, na que fixo un balance das políticas desenvolvidas en 2011 no marco desta Estratexia.

As medidas encamiñadas a incentivar o emprego de maneira directa, a través de axudas a contratación, permitiron a contratación indefinida de preto de 2.000 mozos e mozas, así como a contratación temporal de mozos e mozas en situación de risco de exclusión social; e de maneira indirecta, a través do apoio á realización de prácticas en centros de traballo.

Ovidio Rodeiro indicou que tamén, a través dos programas de cooperación con entidades locais e outros organismos das administracións públicas, como universidades e entidades sen ánimo de lucro, facilitouse a contratación de preto de 2.300 mozos e mozas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. A estas cifras súmanse os 2.000 mozos e mozas con algún tipo de discapacidade

No eido da formación cómpre salientar que máis de 17.000 mozos e mozas galegos teñen participado nalgún dos programas formativos da Consellería que teñen como finalidade facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Neste eido destaca o programa Forcon, consensuado no marco do Diálogo Social, de forma conxunta cos axentes sociais, un proxecto pioneiro no Estado, dirixido a mozas e mozos sen ou con baixa cualificación, que combina a formación en centros integrados cun contrato laboral dunha duración mínima de seis meses, e conta en 2012 cun orzamento de 1,4 millóns de euros aos que se suman os preto de 1,6 millóns de euros destinados a incentivos á contratacións realizadas dentro deste programa.

Tamén co obxectivo de mellorar a empregabilidade, nos próximos días se porá en marcha unha nova liña de subvención parcial para a obtención do carné de conducir, que vai acompañada dun curso complementario de responsabilidade na condución. Unha iniciativa que conta cun orzamento de 200.000 euros, que se repartirán en axudas de 200 euros para 1.000 mozos e mozas.

Plan “Xuventude 2013”
Ovidio Rodeiro engadiu que o plan ‘Xuventude 2013: una estratexia para a mocidade galega’ contempla medidas transversais que implican a todo o Goberno que ten investido en dous anos máis de 480 millóns de euros para este colectivo, dos que a metade foron destinados ao emprego, e que se compón de 286 medidas, das que xa están en marcha o 95%.

Ademais do eido laboral e formativo, o plan conta con outras medidas de apoio á mocidade, tales como as axudas directas para o aluguer, a compra ou a rehabilitación de vivendas, das que se beneficiaron máis de 24.000 persoas en 2011; e a redución de gravames impositivos, grazas ao que preto de 13.000 mozos e mozas aforraron máis de 23 millóns de euros nos dous últimos anos.

No referente á mobilidade, os programas desta área teñen máis de 2.300 prazas. Unha oferta que repetirase este ano e ampliarase co novo programa ‘Galeuropa’, que vai ofrecer 200 novas prazas para realizar prácticas laborais en empresas de cinco países europeos e está previsto que dispoña dun orzamento de 530.000 euros.

Esta estratexia complétase con outras iniciativas, como o compromiso co voluntariado a través da Lei de Acción Voluntaria de Galicia aprobada por unanimidade o pasado mes de novembro e que garante que os voluntarios reciban unha certificación oficial que acredite a súa experiencia; o Plan Estratéxico de Acción Voluntaria, que recolle 89 accións para promover o voluntariado; ou o Servizo de Voluntariado Xuvenil, que o pasado ano permitiu a 150 voluntarios participar en 50 proxectos.

 

  • Segundo o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, o éxito de inicitivas deste tipo manifestan o impulso emprendedor da mocidade galega.
  • Destacase a participación de oito ponentes procedentes de distintos puntos da xeografía española e mesmo do extranxeiro.
  • O evento contou tamén coa participación de 14 asociacións xuvenís vinculadas ao ámbito universitario que tiveron a posibilidade de amosar o traballo que veñen levando a cabo.
  • Entre os participantes había mozos universitarios procedentes de 4 países da Unión Europea.FOTO3

 A facultade de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela serviu como marco para o encontro sobre emprendemento xuvenil Campus Emprende. Baixo o lema O poder das ideas este evento abriu primeiro de nove encontros de emprendemento e creatividade xuvenil que  se celebrarán en distintos concellos da xeografía galega e que forman parte do programa Conecta impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 Foron máis douscentos os mozos e mozas que participaron das distintas actividades propostas para a xornada. Durante a inauguración do acto, o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e Francisco Durán, Vicerreitor de Estudantes coincidiron en sinalar que a elevada participación en actividades deste tipo poñen de manifesto o impulso emprendedor da mocidade. Segundo palabras do propio Rodeiro “as propostas incluídas no porgrama Conecta, no que se inclúe Campus Emprende, pretenden canalizar as inquedanzas e proxectos de mozos e mozas a través dos distintos ámbitos da administración, ofrecéndolles ferramentas e recursos e tendo a vocación decidida de dar continuídade e aportar un seguimento claro do talento e a iniciativa da xuventude emprendedora”, na mesma liña se manifestou Francisco Durán indicando que “a formación implica unha maior perspectiva de éxito en iniciativas emprendedoras”.

 A variedade de perfís e a calidade expositiva dos poñentes fixo que as 200 cadeiras situadas no hall de xornalismo quedasen pequenas pola gran afluencia de público durante toda a xornada. A primeira das ponencias correu a cargo de Manuel Gago, xornalista, profesor na USC e pioneiro no emprendemento vinculado á rede, quen trasladou aos asistentes ferramentas clave para emprender, animándoos a ser orixinais, a tentar ser pioneiros e falando de novos modelos de emprendemento. O testigo desta primeira charla foi tomado por Adrián Comesaña, copropietario do restaurante santiagués O Curro da Parra, quen falou sobre como converter unha iniciativa vinculada ó ámbito gastronómico nun restaurante de éxito incidindo en que mecanismos como a paixón, o traballo , a formación e a profesionalidade son elementos clave. Este cociñeiro mozo non deixou de destacar a importancia de buscar elementos diferenciais nos que situar iniciativas emprendedoras incipientes.

 O sempre dinámico e competitivo mundo da moda estivo representado polo afamado deseñador Francis Montesinos que cautivou aos asistentes coas experiencias adquiridas por quen é emprendedor desde hai máis de corenta anos. Frases como “apréndese equivocándose e eu tiven oportunidade de equivocarme e construírme novamente” ou “na moda, como en calquera outro ámbito, hai que rediseñarse continuamente e revisar se a fórmula e método empregados son os correctos”.FOTO2

 “Os conservatorios europeos están copados por españois, esto da unha mostra clara do enorme talendo e a creatividade dos mozos e mozas músicos do noso país, feito inaudito ata o de agora”, esta frase categórica foi a carta de presentación de Federico Mosquera, xovencísimo pianista e compositor que compartiu cos asistentes a súa visión persoal sobre as diferencias entre os plans formativos nos ensinos vinculados á creatividade en distintos países europeos e cómo saber adaptarse, construír un perfil propio e manter a paixón en momentos de crise . Para Mosquera “o arte e a cultura son un termómetro excepcional da saúde dun país e un escaparate dos seus talentos”.

 Foi o campión olímpico Antón Paz o encargado de dar comezo ás actividades vespertinas disertando sobre as cualidades que debe ter un deportista de élite, o espírito emprendedor e de superación e a importancia do traballo en equipo; e achegándolles aos asistentes a súa exitosa traxectoria deportiva dende un perfil cercano e persoal. Para o regatista “sempre é importante, sobre todo traballando en equipo, compartir o esforzo con persoas que teñan os mesmos obxectivos” e como ouro olímpico “a preparación para as olimpiadas de Pekín foi de catro anos, ó que se lle suman outros oito anos anteriores de intenso esforzo. O tamén campión mundial en Clase Tornado indicou, en referencia á necesidade de non temerlle ao fracaso, “despois de Atenas, onde tivemos problemas técnicos, tras a frustración inicial, comezamos a entrenar aínda con máis intensidade”. O deportista vilagarciano marcou tamén a anécdota da xornada cando compartiu co público a medalla de ouro gañada en 2008 e foron moitos os asistentes que aproveitaron a ocasión para ter nas súas mans un ouro olímpico.

 Sansó-Rubert, experto en seguridade e defensa, amosoulles aos asistentes alternativas de emprendemento e emprego no ámbito da seguridade, un nicho que, según o ponente, non está suficientemente aprobeitado.

 A xeira de ponencias foi pechada polo xornalista, filólogo e creador e redactor do blog Obama Wold, Jordi Pérez Colombé, que ademáis de animar á audiencia a non ter medo a emprender, a superar o pánico ao fracaso afondou na necesidade de adquirir experiencia a hora de emprender e acadar competencias non propias do ámbito de emprendemento concreto pero que son precisas para chegar ó éxito. Para Colombé un emprendedor non pode deixar de aprender, actualizarse e estar sempre aberto a novas achegas.

 Campus Xove xorde como un evento vivo e aberto no que a xornada de ponencias se complementou con actividades formativas e de asesoramento (aula emprende, aula social e gabinete de iniciativas xuvenís emprendedoras transfronteirizo) ofrecendo tamén un espazo no que asociacións xuvenís e do ámbito universitario puideron amosar o seu traballo e ámbitos do seu interese.

 Cabe destacar a presenza de universitarios procedentes de campus de Rumanía, Italia, Hungría e Bulgaria que participaron das actividades propostas e que tiveron a oportunidade tamén de divulgar entre o auditorio os modelos de promoción do emprendedurismo nos seus países de orixe.

 

 

 

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe, a petición propia, no Parlamento de Galicia

O departamento autonómico destinou ao redor de 81 millóns de euros ao fomento do emprego xuvenil en 2011, con medidas que beneficiaron a preto de 25.000 mozos e mozas galegos

Máis de 17.000 mozos e mozas galegos teñen participado nalgún dos programas de formación para o empregoCONSE

No marco do Diálogo Social, de forma conxunta cos axentes sociais, foi consensuado o programa Forcon, pioneiro no Estado, e dirixido a mozas e mozos sen ou con baixa cualificación, que combina a formación en centros integrados cun contrato laboral dunha duración mínima de seis meses

No eido da mobilidade, este ano porase en marcha o programa ‘Galeuropa’, que vai ofrecer 200 novas prazas para realizar prácticas laborais en empresas de cinco países europeos e está previsto que dispoña dun orzamento de 530.000 euros

No marco da vivenda, grazas á redución de gravames impositivos, preto de 13.000 mozos e mozas aforraron máis de 23 millóns de euros nos dous últimos anos

Preto do 45% do total investido durante 2011 no Plan Estratéxico da Xuventude do Goberno galego, ao redor de 81 millóns de euros, destinouse a accións de fomento do emprego, cifra similar á prevista para este exercicio.

Así o indicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no decurso dunha comparecencia a petición propia no Parlamento de Galicia, na que engadiu que estas medidas beneficiaron de maneira directa a preto de 25.000 mozos e mozas galegos aos que suman os preto de 1.500 que obtiveron axudas para darse de alta como autónomos.

Mato destacou no eido laboral as medidas encamiñadas a incentivar o emprego de maneira directa, a través de axudas a contratación, o que permitiu a contratación indefinida de preto de 2.000 mozos e mozas, así como a contratación temporal de mozos e mozas en situación de risco de exclusión social; e de maneira indirecta, a través do apoio á realización de prácticas en centros de traballo.

Tamén, na súa intervención Mato explicou que, a través dos programas de cooperación con entidades locais e outros organismos das administracións públicas, como universidades e entidades sen ánimo de lucro, facilitouse a contratación de preto de 2.300 mozos e mozas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. A estas cifras súmanse os 2.000 mozos e mozas con algún tipo de discapacidade

No eido da formación compre salientar que máis de 17.000 mozos e mozas galegos teñen participado nalgún dos programas formativos da Consellería que teñen como finalidade facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Mato fixo especial fincapé no programa Forcon, consensuado no marco do Diálogo Social, de forma conxunta cos axentes sociais, un proxecto pioneiro no Estado, dirixido a mozas e mozos sen ou con baixa cualificación, que combina a formación en centros integrados cun contrato laboral dunha duración mínima de seis meses, e conta en 2012 cun orzamento de 1,4 millóns de euros aos que se suman os preto de 1,6 millóns de euros destinados a incentivos á contratacións realizadas dentro deste programa.

Tamén co obxectivo de mellorar a empregabilidade, a titular de Traballo e Benestar avanzou que nos próximos días se porá en marcha unha nova liña de subvención parcial para a obtención do carné de conducir, que vai acompañada dun curso complementario de responsabilidade na condución. Unha iniciativa que conta cun orzamento de 200.000 euros, que se repartirán en axudas de 200 euros para 1.000 mozos e mozas.

Medidas transversais de toda a Xunta
Beatriz Mato indicou que o plan ‘Xuventude 2013: una estratexia para a mocidade galega’ contempla medidas transversais que implican a todo o Goberno que ten investido en dous anos máis de 480 millóns de euros para este colectivo, dos que a metade foron destinados ao emprego, e que se compón de 286 medidas, das que xa están en marcha o 95%.

O plan contempla nove eixos: cinco de carácter xeral (educación, emprego, creatividade e espírito empresarial, vivenda e saúde e deporte) e outros catro específicos (mobilidade, voluntariado, información e formación, e participación e asociacionismo).

Ademais do eido laboral e formativo, o plan conta con outras medidas de apoio á mocidade, tales como as axudas directas para o aluguer, a compra ou a rehabilitación de vivendas, das que se beneficiaron máis de 24.000 persoas en 2011; e a redución de gravames impositivos, grazas ao que preto de 13.000 mozos e mozas aforraron máis de 23 millóns de euros nos dous últimos anos.

Apoio á mobilidade xuvenil
Beatriz Mato indicou que os programas de mobilidade, dos que existen mais de 2.300 prazas, fomentan o coñecemento de novos idiomas, culturas e costumes, a través de iniciativas como ‘Xuventude en Acción’, que contou con máis de 1.300 beneficiarios en 2011; o proxecto de prácticas profesionais no estranxeiro ‘Leonardo da Vinci’, no que participaron preto de 200 mozos e mozas e que permitiu que o 75% dos participantes conseguiran a inserción laboral; o ‘Xuventude no Mundo’ de intercambios en 12 países; ou o ‘Imaxina Atlántica’, centrado nas novas tecnoloxías da imaxe.

Unha oferta que repetirase este ano e ampliarase co novo programa ‘Galeuropa’, que vai ofrecer 200 novas prazas para realizar prácticas laborais en empresas de cinco países europeos e está previsto que dispoña dun orzamento de 530.000 euros.

Esta estratexia complétase con outras iniciativas, como o compromiso co voluntariado a través da Lei de Acción Voluntaria de Galicia aprobada por unanimidade o pasado mes de novembro e que garante que os voluntarios reciban unha certificación oficial que acredite a súa experiencia; o Plan Estratéxico de Acción Voluntaria, que recolle 89 accións para promover o voluntariado; ou o Servizo de Voluntariado Xuvenil, que o pasado ano permitiu a 150 voluntarios participar en 50 proxectos.

Por último, Mato referiuse á Lei de Xuventude de Galicia, que foi redactada por primeira vez por este Goberno, que recolle a obriga de levar a cabo un Plan Estratéxico de Xuventude en cada lexislatura. Para a redacción da mesma contouse coa participación de máis de 1.500 persoas e informouse a todos os concellos de Galicia, ás asociacións xuvenís, ás escolas de tempo libre, aos 20.000 mozos e mozas da base de datos de usuarios dos programas de Xuventude e aos 6.000 seguidores dos perfís da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nas redes sociais.

ROTEIROS2012A iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado prolongarase desde o 6 de abril ata o 23 de setembro en 16 instalacións distintas repartidas nas catro provincias galegas

Os participantes poderán realizar actividades náuticas como kaiak o bodyboard; de multiaventura, como escalada ou rutas en bicicleta; ou culturais, con visitas a museos ou obradoiros de elaboración de pan; entre outras

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta un total de 3.782 prazas en estadías de fins de semana multiaventura aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos, no marco do programa ‘Roteiros’. A iniciativa prolongarase desde o 6 de abril ata o 23 de setembro en 16 instalacións distintas repartidas nas catro provincias galegas.

As estadías inclúen aloxamento completo (desde o venres á tarde ata o domingo ao mediodía, a excepción do ‘Roteiro en Sabucedo’ e ‘Roteiro As Corcerizas’, que son de sábado a domingo); a manutención neste período de tempo; o desprazamento cara as distintas actividades; e as propias actividades e os materiais necesarios.

Os participantes poderán realizar actividades náuticas como kaiak o bodyboard; de multiaventura, como escalada ou rutas en bicicleta; ou culturais, con visitas a museos ou obradoiros de elaboración de pan; entre outras.

Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a través da chamada telefónica nos teléfonos 981 54 59 37/54 57 02/54 16 89/54 58 22 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.

Na provincia da Coruña ofértanse prazas en tres emprazamentos: no Concello de Carnota e no Albergue xuvenil de Gandarío, para actividades náuticas; e no Aeródromo da Fervenza (Mazaricos), para actividades de multiaventura. Na de Pontevedra, as prazas ofertadas distribúense en sete instalacións, en Vilanova de Arousa, na Illa de San Simón, no Grove, no Covelo, en Forcarei, en Lalín e na Estrada.

Na provincia de Lugo haberá catro ubicacións diferentes, tanto na cidade de Lugo como na mariña lucense, na Devesa (Ribadeo), no Albergue xuvenil Beningo Quiroga en Portomarín e no Concello de Quiroga. Mentres, na provincia de Ourense haberá dúas localizacións: en San Xoán de Río e Vilar de Barrio.

A actividade, que vai dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, terá lugar nas fins de semana deste mes

Os interesados poderán facer a reserva a través da chamada telefónica no 981 541 688 o no 981 544 854, en horario de 9,00 a 14,00 horas de luns a venres

O programa cubrirá ao aloxamento en pensión completa, o transporte no ámbito da actividade, e a propia acción formativabuceo21

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta un total de 60 prazas para participar en cursos de iniciación ao mergullo con bombona na Illa de San Simón (Pontevedra) durante tres fins de semana de abril.

A actividade, que vai dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, xa abriu o seu prazo de inscrición, que se prolongará ata que se cubran as prazas. En concreto, as prazas distribuiranse en tres grupos, de 20 prazas cada un. A actividade desenvolverase nas fins de semana do 13 ao 15; do 20 ao 22; e do 27 ao 29 de abril.

Os interesados poderán facer a reserva a través da chamada telefónica no 981 541 688 o no 981 544 854, en horario de 9,00 a 14,00 horas de luns a venres e dispoñen de toda a información precisa na páxina web www.xuventude.net.

DSC02259O programa cubrirá ao aloxamento en pensión completa, o transporte no ámbito da actividade, e a propia acción formativa con monitores-guía e o material para o seu desenvolvemento.

Os cursos prolongaranse durante dous días –con entrada o venres pola tarde e saída o domingo-, coincidentes sempre en fin de semana. A través da súa participación, os asistentes adquirirán coñecementos básicos de mergullo, ao tempo que se fomentará entre eles o coidado polo medio ambiente e o contacto coa paisaxe e natureza da Illa de San Simón. Deste xeito, combinaranse accións formativas na aula con actividades a realizar no contorno da Illa.

  Realización en Galicia dun proxecto de democracia participativa que reúne a xóvenes de concellos e organizacións de España, Portugal, Italia e Bulgaria.

 O director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, estivo reunido con varios representantes de concellos e organizacións europeas que durante tres días estiveron en Galicia nunha visita preparatoria no marco do programa europeo Xuventude en Acción, concretamente na sub acción 1.3, un proxecto de democracia participativa que apoia a participación de mozos e mozas na vida democrática da súa comunidade a nivel local, rexional, nacional ou internacional.DEMOCRACIA_PARTICIPATIVA

Este proxecto de democracia participativa baixo o título “Identificando y promoviendo la democracia participativa”,  é un proxecto de seis meses de duración que reúne a catro concellos e organizacións xuvenís de Brolo – Sicilia (Italia), Mezdra (Bulgaria), Paiao – Figueira da Foz (Portugal) e Padrón e Teo (España).

No encontro Ovidio Rodeiro estivo acompañado polos representantes italianos María Ricciardello, vice alcaldesa de Brolo, Angelina Fogliani, técnica de xuventude do referido concello, Pierluigi Gammeri, presidente de Sikanie; dende Bulgaria, Mariela Mihailova Goronova, presidenta de Koriten’s e Ivan Asparuhov, Alcalde de Mezdra. Y dende o país veciño de Portugal Joao Paulo Gonçalves Pinto, presidente da Xunta da Freguesía de Paiao.

Esta reunión tivo lugar no Parlamento de Galicia con ocasión da celebración da final de Parlamento Xove, iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os obxectivos de “Identificando y promoviendo la democracia participativa” persegue os seguintes obxectivos:

-          Dinamizar propostas e iniciativas xuvenís a través da educación non formal, permitindo que os mozos e mozas adquiran experiencia en prácticas de democracia representativa e cidadanía activa.

-          Elaborar propostas baseaas no diálogo e o consenso dos/as mozos/as, fundamentadas nas necesidades actuais da xuventude local, rexional, nacional e europea.

-          Acercar e normalizar o contacto entre mozos/as e a clase política/responsables na toma de decisión. Permitir un diálogo estruturado que asegure a participación xuvenil na sociedade, como ente vivo e responsable na construción da sociedade presente e futura.

PARLAMENTOXOVEAsí mesmo, o finalista do concurso foi o equipo do IES A Pinguela de Monforte

O IES de Becerreá fixo o mellor dossier de investigación e o IES de Fene redactou o mellor artigo sobre o tema abordado

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro presidiu o debate final sobre ‘¿Actúa a xuventude na actualidade consonte aos seus valores en favor do coidado do medio ambiente?’

O obxectivo deste concurso foi fomentar entre a mocidade o diálogo e a argumentación razoada das ideas propias como ferramenta para o consenso

Unha das novidades desta edición de ‘Parlamento Xove’ foi a incorporación dunha nova fase de formación para os equipos inscritos

Este ano realizarase unha competición paralela de carácter experimental para alumnos de 3º e 4º de ESO durante o mes de abril

O equipo do IES Laxeiro de Lalín gañou hoxe a final do ‘Parlamento Xove’, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e na que participaron 28 centros de toda Galicia.

Así mesmo, o finalista do concurso foi o equipo do IES A Pinguela de Monforte. Pola súa banda, o IES de Becerreá fixo o mellor dossier de investigación e o IES de Fene, redactou o mellor artigo sobre o tema abordado, que neste caso foi ‘¿Actúa a xuventude na actualidade consonte aos seus valores en favor do coidado do medio ambiente?’. O debate, que tivo lugar esta mañá no Parlamento galego, foi presidido polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

O equipo gañador recibiu como premio unha viaxe conxunta. Pola súa banda, cada membro do equipo finalista e o seu coordinador; así como os responsables do mellor dossier de investigación e o equipo redactor do mellor artigo recibirán unha tableta dixital.

Este ano chegaron á última fase estudantes de primeiro e segundo de bacharelato de oito centros: La Salle, de Santiago de Compostela; IES Becerreá; IES A Pinguela de Monforte; IES Laxeiro de Lalín; IES de Fene; IES Valle Inclán de Pontevedra; IES Leiras Pulpeiro de Lugo e IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O obxectivo deste concurso é fomentar entre a mocidade o diálogo e a argumentación razoada das ideas propias como ferramenta para o consenso. Así, para avanzar neste camiño, durante a experiencia os participantes tiveron que buscar información, elaborar artigos, realizar dossieres de investigación e, finalmente, debater a favor ou en contra dun tema proposto pola organización.

Desta forma, nas xornadas preliminares que tiveron lugar o pasado mes de febreiro, os mozos e mozas debateron sobre o papel da xuventude no contexto mundial actual e a reflexión que se buscou foi se a mocidade vai cara un modelo máis participativo ou máis individualista.

‘Parlamento Xove’ potencia habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Esta actividade fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais, así como o respecto polas ideas dos demais.

Esta actividade contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas: competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita; e compresión oral e escrita); competencia matemática, xa que en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; competencia social e cidadá porque contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; competencia cultural e artística, porque nos debates esíxese o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e competencia para aprender a aprender e iniciativa persoal.

Unha das novidades desta edición de ‘Parlamento Xove’ foi a incorporación dunha nova fase de formación para os equipos inscritos, que se desenvolveron en varias fins de semana de decembro e xaneiro en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Neste curso os alumnos participantes recibiron coñecementos de oratoria enfocada ao funcionamento dos campionatos escolares de debate.

Este ano realizarase unha competición paralela de carácter experimental para alumnos de 3º e 4º de ESO durante o mes de abril. En anos anteriores, os alumnos de ESO participaban xunto cos de bacharelato, pero as diferentes idades traían consigo diferenzas moi importantes na competición, polo que este ano tense decidido realizar unha competición paralela para estas idades.

Estes dous cursos, de portugués técnico e de conversa en lingua portuguesa, están dirixidos a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos

Cada curso ten unha duración de 54 horas, e ambos desenvolveranse entre o 26 de marzo e o 27 de abril, de luns a venres

Xuventude tamén conta co curso online ‘Portugués para nós’, para fomentar o contacto e cooperación da xente nova de ambas beiras do Miño

A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de organizar dous cursos de portugués co obxectivo de promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, e para que os mozos e mozas se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza galego-portuguesa.

Estes dous cursos, de portugués técnico e de conversa en lingua portuguesa, están dirixidos a persoas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, e enmarcados dentro do proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

A iniciativa conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas a toda a mocidade que precise dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en programas europeos, para dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa, ou para o seu futuro profesional e laboral.

Cada curso ten unha duración de 54 horas, e ambos desenvolveranse entre o 26 de marzo e o 27 de abril, de luns a venres. Son presenciais e terán lugar na Casa da Xuventude de Verín, sita na avenida de Portugal, 11. É requisito imprescindible para a realización destes dous cursos que os interesados teñan coñecementos básicos de lingua portuguesa.

O número de prazas está limitado a 15 participantes por curso e para a adxudicación das prazas seguirase unha estrita orde de inscrición. Os interesados soamente poderán asistir a un dos dous cursos salvo que queden prazas vacantes nalgún deles. A inscrición será a través do formulario que se atopa no portal ‘www.xuventude.net’ e o prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de marzo.

Para obter máis información, os interesados poderán chamar ós teléfonos: 981541688 ou 981544854, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou na dirección de correo electrónico: ‘xuventude@xunta.es’.

‘Portugués para nós’
Doutra banda, a Dirección Xeral de Xuventude, para fomentar o contacto e cooperación da xente nova da ambas beiras do Miño, puxo en marcha o curso online ‘Portugués para nós’, a través da plataforma ‘www.portuguesparanos.org’, que está dispoñible no portal ‘www.xuventude.net’ no apartado de programas europeos.

‘Portugués para nós’ permítelle á xuventude e á poboación en xeral ter un acceso cómodo ao ensino da lingua portuguesa. Neste senso, durante o 2011 a Dirección Xeral de Xuventude emitiu máis de 2.000 certificados deste curso.

VOLUNTARIADOO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos participantes nesta acción formativa que organiza a Consellería de Traballo e Benestar

O curso rematará o sábado, cando os participantes sairán cara ás comunidades autónomas onde realizarán o seu servizo voluntario europeo

O obxectivo é mellorar o coñecemento cultural da realidade española e galega dos voluntarios e as voluntarias

Santiago acolle ata o próximo sábado 3 de marzo un curso de formación para os 25 mozos e mozas que participarán nas actividades do Servizo de Voluntariado Europeo en España en diferentes comunidades autónomas. En concreto, desenvolverán nas diferentes rexións o seu labor de voluntariado en proxectos que terán unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe a estes voluntarios que proceden de 15 países: Alemaña, Gran Bretaña, Moldavia, Serbia, Turquía, Dinamarca, Letonia, Holanda, Polonia, Francia, Portugal, Finlandia, Italia, Bélxica e Liechtenstein.

Nestes momentos, os mozos e mozas están a realizar o curso de formación que ten como obxectivo mellorar o coñecemento cultural da realidade española e galega dos voluntarios e as voluntarias. Rodeiro explicou, ademais, que do que se trata é de presentar aos participantes as habilidades sociais mínimas indispensables para a convivencia e a solución de conflitos de relación, entre outras.

O curso estase a celebrar no centro coordinador de información e documentación xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. En concreto, están a ter lugar sesións informativas de formación lingüística, sociocultural, transformación e prevención de conflitos, coñecemento do programa Xuventude en Acción, dereitos e deberes dos voluntarios e cidadanía europea e participación, entre outras materias.

Así mesmo, estanse a celebrar diferentes obradoiros e intercambio de experiencias entre os voluntarios, xunto con actividades lúdicas como visitas culturais a Santiago e A Coruña.

Rodeiro sinalou que este curso enmárcase no Plan de Formación establecido pola Axencia Nacional que xestiona o programa Xuventude en Acción e o Servizo Voluntario Europeo do que é parte activa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O curso rematará o sábado coa saída dos participantes cara ás localidades onde realizarán o seu servizo voluntario europeo. Oito destes mozos e mozas que están a tomar parte desta acción formativa quedaranse en Galicia para axudar co seu traballo a entidades de acollida que lles proporcionarán a posibilidade de colaborar en proxectos de asociacións de recoñecida traxectoria. Así mesmo, adquirirán coñecementos, habilidades e destrezas que se enmarcan na educación non formal.

Por último, o director xeral de Xuventude destacou que o Servizo de Voluntariado Europeo ten, entre outros obxectivos, promover a participación cidadá e a relación con culturas distintas, desenvolver a solidariedade entre os máis novos e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

En 2011, un total de 31 mozos e mozas galegos participaron dunha subvención que lles permitiu colaborar en proxectos de voluntariado en diferentes países da Unión Europea, ao tempo que adquiriron coñecementos e competencias clave no eido da solidariedade e participación.

Así mesmo, un total de 47 voluntarios de diferentes países da Unión Europea realizaron durante 2011 a súa actividade voluntaria en Galicia en diferentes ámbitos que van desde o medio ambiente, actividades culturais con nenos e mozos ata apoio a colectivos da terceira idade o de persoas con discapacidade.

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, deu hoxe a benvida aos participantes da mesma
  • O tema de debate proposto para a semifinal é a análise do papel da xuventude no contexto mundial actual
  • Unha das novidades desta edición foi a incorporación dunha nova fase de formación para os equipos inscritos, que se desenvolveu na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo
  • Así mesmo, este ano realizarase unha competición paralela de carácter experimental para alumnos de 3º e 4º de ESO durante o mes de abril

PARLAMENTO_XOVEUn total de 14 equipos de 11 centros de ensino de toda Galicia participaron hoxe na Deputación da Coruña na segunda semifinal de Parlamento Xove, un proxecto da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade galega.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, deu hoxe a benvida aos participantes da mesma e destacou a importancia da cooperación e a colaboración co obxectivo de crecer no respecto e a convivencia.

Trátase dunha competición entre centros de ensino da comunidade autónoma, na que os participantes de cada equipo (formados por catro alumnos e un profesor) investigan, escriben e, finalmente, debaten sobre o tema proposto pola organización. Inclúese tamén a elaboración de artigos en blog e a realización dun dossier de investigación sobre o tema tratado.

Beatriz Mato expuxo que os debates non son unha confrontación, senón que “o verdadeiro debate afonda na busca de puntos en común” e que o útil e produtivo “é aquel que axuda a tender pontes polas que podamos avanzar todos xuntos” e cando se utilizan ferramentas como “o diálogo, a tolerancia e o consenso”.

Nesta segunda xornada preliminar participaron un total de 14 equipos de 11 centros de ensino de toda Galicia: o IES Valle Inclán, de Pontevedra, o Colexio Internacional Sek-Atlántico, de Poio; o IES Ames; o IES Plurilingue Rosalía de Castro, de Santiago; o Centro Educativo Galen, de Lugo; o IES Becerreá; o IES Leiras Pulpeiro de Lugo; o IES Sanxillao,de Lugo; e con dous equipos o IES A Sangriña, da Guarda; o IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo e o IES Mugardos.

O tema de debate proposto para as xornadas preliminares desta edición do Parlamento Xove é a análise do papel da xuventude no contexto mundial actual e a reflexión que se busca é se esa mocidade vai cara un modelo máis participativo ou máis individualista.

A primeira xornada preliminar tivo lugar tamén na Deputación da Coruña o pasado 11 de febreiro, na que dos 14 equipos que participaron, pasaron á final o IES A Pingüela de Monforte de Lemos; o IES Fene; La Salle de Santiago e o IES Laxeiro de Lalín.

Dos 28 equipos que participan nestas dúas xornadas preliminares, 8 serán os que debaterán na final que descorrerá o 17 de marzo no hemiciclo do Parlamento de Galicia. O tema para o debate final será anunciado pola organización o luns 27 de febreiro na web ‘www.xuventude.net’

Fase de formación
Unha das novidades desta edición de Parlamento Xove foi a incorporación dunha nova fase de formación para os equipos inscritos, que se desenvolveron en varias fins de semana de decembro e xaneiro en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Neste curso os alumnos participantes recibiron coñecementos de oratoria enfocada ao funcionamento dos campionatos escolares de debate.

Así mesmo, este ano realizarase unha competición paralela de carácter experimental para alumnos de 3º e 4º de ESO durante o mes de abril. En anos anteriores, os alumnos de ESO participaban xunto cos de bacharelato, pero as diferentes idades traían consigo diferenzas moi importantes na competición, polo que este ano tense decidido realizar unha competición paralela para estas idades.