Eu a eso non xogo

19 Feb 2016

eu_a_eso_non_xogo_2Eu a eso non xogo é un informe publicado por Save the children sobre acoso e ciberacoso.

O acoso é violencia, non son rapazadas.

- Un 9,3% dos estudantes enquisados considera que sufriu acoso tradicional nos dous últimos meses. Un 6,9% considérase vítima de ciberacoso.

- O insulto é a manifestación máis recorrente do acoso: seis de cada dez estudantes recoñece que alguén lles insultou e máis de dous de cada dez sófreo frecuentemente. Ademais de sufrir insultos directos ou indirectos, un acosado pode ser vítima de rumores, roubo das súas pertenzas, ameazas, golpes ou exclusión.

- Cando o acoso sucede nas redes, é tamén o insulto a forma de violencia máis recorrente:  un de cada tres nenos e nenas é insultado por internet ou móbil. Un 6,3% recoñece que alguén pirateou a súa conta en redes sociais e fíxose pasar por el ou ela.

- En canto aos nenos e nenas que acosan, un 5,4% dos enquisados recoñece acosar a alguén e un 3,3% recoñece ser responsable de ciberacoso.

- A metade dos enquisados recoñece insultar, e un de cada tres agrediu fisicamente a outro menor. Un de cada catro insultou usando internet ou o móbil, e case un de cada dez ameazou a outro neno ou nena.

- Hai máis acoso entre os máis novos, con máis vítimas de acoso e ciberacoso entre os estudantes de primeiro ciclo da ESO que entre os de segundo ciclo. Tamén son máis os nenos e nenas de primeiro ciclo que se recoñecen como agresores.

- As mozas saen peor paradas: un 10,6% sufriron acoso (fronte a un 8% de mozos), e un 8,5% ciberacoso (un 5,3% de mozos). Ademais, entre eles é maior a porcentaxe dos que se recoñecen como agresores: un 6,3% dos nenos acosou a outro menor de idade fronte a un 3,5% das nenas. Esta diferenza persiste respecto ao ciberacoso: un 4,5% dos nenos foi ciberagresor fronte a un 3% delas.

- As razóns que están detrás dos malos tratos son confusas. As vítimas repiten principalmente tres razós polas que son acosadas: para ser molestadas, polo seu aspecto físico ou porque lles teñen teima. Especialmente destacable é que os nenos e nenas que agrediron responderon maioritariamente non saber por que exercían este tipo de violencia sobre os seus compañeiros. A segunda causa máis declarada para o acoso tradicional é gastarlle unha broma.

- Un 3,2% das vítimas de acoso e un 4,2% das que sufriron ciberacoso consideran que foron vítimas debido á súa orientación sexual. Un 5,1% e un 5% declaran que o motivo foi a súa cor de pel, cultura ou relixión.

- Aos nenos e nenas enquisados tamén se lles preguntou como se enfrontaban a estas situacións e identificáronse cinco estratexias diferentes: pedir axuda, xestión interna (controlar a situación internamente pensando noutra cousa), reevaluación (ver o abuso desde o humor ou de forma positiva), enfrontalo negativamente (facendo o mesmo a outros ou consumindo algún tipo de sustancia psicoactiva), e, por último, evitación (apagar o móbil ou irse). Nelas son máis as que buscan axuda ou controlan internamente a situación (pensando noutra cousa, en que se vai a arranxar...); neles priman os que se enfrontan ou reevalúan o acoso (véndoo desde o humor, como unha broma...).

- Fronte ao ciberacoso os estudantes de primeiro ciclo de ESO usaron como estratexia en maior medida a xestión interna, mentres que os de segundo ciclo usaron máis o enfrontamento.

- Tanto as vítimas como os que agriden mostran escasa autoestima. Entre os nenos e nenas que declaran acosar a outro menor de idade, detéctase, ademais, menor empatía cognitiva e afectiva, menos asertividad e unha máis baixa capacidade para resolver conflitos.

En Galicia o porcentaxe de nenas e nenos vítimas ocasionais de acoso é dun 7%, mentre que no resto das comunidades oscila entre un 5 e un 11%, mentres que as vítimas de acoso frecuente é dun 1,4%, cifra que no restro de comunidades oscila entre un 0,6 e un 2,8%

 

"YO A ESO NO JUEGO"  informe sobre acoso e ciberacoso realizado polo departamento de Psicoloxía da Universidade de Córdoba para Save the Children

Modelo de protocolo de actuación ante o acoso e ciberacoso proposto por Save the children