VI Certame Curtas para Rosalía

09 Feb 2016

O Certame de curtametraxes Curtas para Rosalía é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.gal)

TEMÁTICA

1. Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros)

2. As obras presentadas terán que ser presentadas en soporte DVD e recepcionadas antes das 14 horas do día 31 de marzo no local da AS-PG, enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.

4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras..

INSCRICIÓN

“VI Certame Curtas para Rosalía”
Rúa Laracha, 9 ¬baixo
15.010 A Coruña

PREMIOS

A organización do VI Certame Curtas para Rosalía establece tres categorías:

1. Premio á mellor curta da VI edición de Curtas para Rosalía dotado de 1.000€ + Diploma.

2. Premio á mellor curta Manuel María dotado de 1.000€ + Diploma.

3. Premio á mellor curta Irmandades da Fala dotado de 1.000€ + Diploma.

Os premios serán entregados na Gala de Clausura.

RESPONSABILIDADE

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

Prazo de presentación: 31 marzo, 2016