Xornada: “As Políticas de información xuvenil en Galicia”

11 Feb 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza a Xornada: “As Políticas de información xuvenil en Galicia”

Destinatarios: Titulados e estudantes do Ciclo formativo de grao superior en Animación Sociocultural e Turística.

Obxectivos:

Proporcionarlle, aos técnicos superiores e alumnos do Ciclo formativo de grao superior en Animación sociocultural e turística, una visión xeral das políticas de información xuvenil levadas a cabo en Galicia desde a creación das Redes de información xuvenil.

Contidos:

• Breve historia da información xuvenil en España e en Galicia
• Estructura da Rede galega de información xuvenil.
• Centros – Oficinas, Puntos e Antenas de Información Xuvenil
• Requisitos e formación dos técnicos de información xuvenil
• Titulacións académicas e profesionais da información xuvenil

Relatores:

Suso Antelo García. Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil de Galicia.
Mª Isabel Valverde Chamorro. Técnica da OMIX do Concello de Baiona (Pontevedra)

Lugar e data:

Instituto 1º de Marzo, Baiona
Día 12 de febreiro as 12.00 h.

Inscrición: O prazo de inscrición remata o dia 11 de febreiro, a través da Omix de Baiona no seguinte enderezo:

OMIX Concello de Baiona
R/Lorenzo de la Carrera, nº 17
36300 Baiona
Telf: 986 385 925

Número de prazas: Prazas limitadas polo aforo.