IX Certame de Poesía Concello de Carral

09 Feb 2016

O Certame de Poesía Concello de Carral celebra unha nova edición, a décimo novena, co obxectivo do seguir impulsando a creación literaria en lingua galega.

Xunto coa publicación do poemario, o premio está dotado cunha contía económica de 2.500 euros, que se incrementa este ano en 500 euros respecto de anteriores edicións.

As persoas maiores de idade interesadas en participar poderán presentar as súas obras orixinais e inéditas, escritas en galego e cun mínimo de 500 versos, desde o 29 de decembro de 2015 e ata o vindeiro 9 de abril de 2016.

-As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral (Casa da Cultura, Rúa de Paleo, 17, 15175, Carral, A Coruña. Tel. 981 672 580).

-Toda a información relativa ao concurso publicarase na web municipal www.carral.es

Prazo de presentación: 9 abril, 2016

25º Certame de narracións breves Manuel Murguía

O Concello de Arteixo publica as bases do 25º Certame de narracións breves “Manuel Murguía”, de25º Certame de narracións breves “Manuel Murguía”

BASES:

1. Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.

2. Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos, en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4

3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.

4. As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “25º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” antes do 1 de marzo de 2016 ao seguinte enderezo. Concello de Arteixo Praza Alcalde R Dopico, nº 1 15142 Arteixo A Coruña

5. Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 500,00 € e un terceiro de 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Os galardóns poden declararse desertos

6. O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2016.

7. Os tres finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.

8. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo dun mes a partir do ditame.

9. No caso de que o Concello edite os textos en papel, os dereitos derivados de tal publicación poderán ser aboados mediante a entrega dun número de exemplares calculado a tal efecto. Os autores farán constar en edicións en papel ou electrónicas posteriores da súa obra que foi premiada neste certame.

10. A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ó xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases. Ana Bello Vázquez Concelleira de cultura e festas Arteixo, 13 de xaneiro de 2016.