Entrega dos diplomas aos alumnos do Curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil

14 Dec 2015

IMG_4568O pasado mes de novembro entregáronse os diplomas aos alumnos que veñen de superar o Curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A entrega realizouse en cada unha das cidades onde se celebrou: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo e Vigo. O curso impartido polo equipo da Rede Galega de Dinamización Xuvenil durante os meses de febreiro e marzo, tivo unha duración de 50 horas, 40 delas de contidos teóricos e 10 de actividades prácticas.

O obxectivo do curso foi o de dotar aos participantes de ferramentas para a mellora de competencias na planificación, redacción e xestión de proxectos de participación xuvenil. Para o cal o curso contiña 5 módulos:

1. Introdución á estrutura, deseño e xestión de proxectos de participación.

2. Deseño e elaboración dun proxecto de participación xuvenil. (I)

3. Deseño e elaboración dun proxecto de participación xuvenil. (II)

4. Execución, avaliación e xustificación de proxectos de participación xuvenil.

5. Formación en aptitudes e habilidades transversais.

 

Durante o período de inscripción do curso, foron máis de 300 os interesados na súa realización, polo que houbo que levar a cabo unha versión intensiva do mesmo durante unha fin de semana.