Entroido na neve

03 Dec 2015

aquiSi-CarneXoveHalcon Viajes, como entidade adherida ao programa carné xove, convoca o programa "Neve 2016" para saidas á estación de esquí de Leitariegos en entroido.

PROGRAMA

Venres  5 de febreiro:

Saída pola tarde dende os diferentes puntos de Galicia con dirección a Ocero (León). Chegamos ao Hotel Rural El Arbedal. Cea e aloxamento.

Sábado  6 ata o luns 8 de febreiro:

Días de esquí. Almorzo e saída ata a Estación de Leitariegos para gozar dun día de esquí. Xantar pic-nic en pistas. Ao final do día traslado ao Hotel. Cea e aloxamento.

Martes 9 de febreiro:

Almorzo e saída con maletas ata a estación para gozar doutro día de esquí. Xantar pic-nic en pistas. Ao final do día traslado de regreso a Galicia.

PREZO:

  • Con Carné xove: 280 €
  • Sen Carné xove: 295 €

O prezo inclúe:

  • Autocar durante todo o itinerario, e para traslados a pistas.
  • 4 noites de aloxamento en habitación dobre ou tripla
  • Aloxamento, almorzo e cea no hotel
  • 4 xantares pic-nic en pistas
  • Forfait, seguro de esquí e de viaxe

exclamacionADEMAIS: Pódeche saír gratis??. Entre os participantes sorteamos 1 praza gratuíta. Pódeche tocar a ti!!! Válido cando se xunte grupo de 45 pasaxeiros en diante

logoPDFConsulta aquí o folleto